Un ano máis quixemos conmemorar o Día da Paz e da Non Violencia. O mércores 30 de xaneiro, data oficial para esta celebración, realizamos unha sinxela pero cálida cerimonia de exhaltación da cultura da paz, reunindo a todos/as os nenos/as da nosa escola para lanzar a nosa sentida mensaxe.
Comezamos lendo o Manifesto pola Paz, redactado con moito esmero por Antonio González, alumno de 4º da ESO e xa todo un veterano na elaboración de textos para Monferosolidario, así como para o xornal Xesteira do EDLG. Acto seguido, os nenos e nenas de 4º de primaria recitaron unha serie de frases a modo de parellas contrapostas, dando a entender que se non é posible acabar coa violencia, si que temos na nosas mans certas estratexias para combatila. Dúas alumnas dese mesmo curso fixeron a lectura do fermosísimo Manifesto de Martin Luther King. Posteriormente os rapaces e rapazas de 6º dixeron en voz alta outra serie de frases e reflexións sobre a paz e a violencia. E como broche final todos xuntos participamos na interpretación do afamado "Himno da Alegría", interpretado con frautas e instrumentos de praca polo alumnado de secundaria e cantado e coreado polo resto dos asistentes.
A este significativo acto sumámoslle outra serie de accións que sirven para enriquecer a mensaxe pacífica que tratamos de exportar os profesores/as e alumnos/as do CPI Virxe da Cela: un enorme mural con dúas pombas da paz compartindo o lugar central e unha serie de frases para reflexionar, a edición dunha serie de adhesivos que repartiremos próximamente entre o alumnado do centro, a interpretación dun simpático "Rap da Paz" interpretado polo alumnado de relixión de 1º da ESO, un programa sobre a paz no canal " O xestal nas ondas" realizado polo alumnado de 2º da ESO e un traballo de concienciación e sensibilización realizado nas materias de Educación para a Cidadanía e Ética.
Programa de radio feito polos alumnos/as de 2º da ESO co gallo do Día Escolar da Paz.DEBUXOS DÍA DA PAZ