A ONG Entreculturas conivdounos a unha xornada de formación interna para profundizar en dúas temáticas de grande interese para o traballo cos grupos participantes na Rede Solidaria. Esta xornada tivo lugar na delegación de Entreculturas da Coruña, o pasado xábado 19 de xaneiro de 2013, e a ela acudimos a coordinadoras do proxecto Monferosolidario. Salvando as inclemencias metereolóxicas reunímonos un reducido grupo de persoas, entre profesores/as da rede e voluntarios/as, contando como sempre coa presenza de Sandra Rodríguez, encargada da coordinación desta actividade.
A formación foi impartida por Irene Ortega Guerrero, responsable do departamento de Educación para o Desenvolvemento de Entreculturas, que abordou os conceptos de "dignidade" e "dereitos humanos", contidos que vertebrarán a campaña educativa de Entreculturas para os vindeiros cursos 2012-2013, 2013-2014 e 2014-2015. Estas temáticas espertaron grande interese entre os/as asistentes a esta xornada de formación, provocando interesentes debates e xerando ideas para levar a cabo no futuro. Quedamos con gañas de ampliar esta formación o próximo curso, e polo camiño trataremos de desenvolver nas nosas aulas as nosas propias aportacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario