Mostrando entradas con la etiqueta CME 2018. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CME 2018. Mostrar todas las entradas
jueves, 4 de octubre de 2018
lunes, 18 de junio de 2018
A CME VISTA POLO NOSO ALUMNADO
Víctor CME by veronicadopico7965 on Scribd
Etiquetas:
CME 2018,
Proxecta CME 2018
lunes, 23 de abril de 2018
viernes, 20 de abril de 2018
A OUTRA CARA DA MOEDA
A outra cara da moeda é unha acción desenvolvida polo alumnado de 3º e 4º da ESO durante o último obradoiro da Campaña Mundial pola Educación (venres 20 de abril de 2018)
ÚLTIMO OBRADOIRO CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN
Con este obradoiro realizado o pasado venres 20 de abril
finalizamos a formación no Proxecta
"Campaña Mundial pola Educación". A modo de conclusión o
alumnado de 3º e 4º da ESO fixeron un percorrido por todos os contidos e
actividades traballadas ata o momento, encamiñadas todas elas a reflexionar e
valorar a educación como motor de cambio. Finalmente, en pequenos grupos,
deseñamos e levamos a cabo unha pequena acción na que estes xóvenes de Monfero
e Irixoa sensibilizaron, denunciaron e difundiron propostas a través de
diferentes vías e formatos. O vindeiro xoves 3 de maio asistiremos, xunto co
alumnado e profesorado doutros centros galegos participantes no Proxecta CME, a un acto de mobilización
onde esixiremos aos nosos gobernantes un compromiso serio para mellorar e
garantir a educación de todos e todas. E como punto final
deixamos a continuación as cariñosas palabras de Roi Gutierrez, resumindo o seu
paso polo noso centro e as súas impresións máis persoais. Moitas grazas, Roi, e
ata pronto!!
O
pasado venres día 20 de abril foi a miña última visita dentro da CME 2018.
Persoalmente, esta foi a miña primeira vez no CPI Virxe da Cela de Monfero e non podía ser máis acolledora. En
AGARESO percorremos todos os anos
diferentes centros en Galicia, e cada un ten unha cousa que o fai especial, no
caso de Monfero creo que é a calor. Explícome, porque o primeiro día que fun,
alá por febreiro, nevaba polo camiño! Pero a calor sentina dende que entrei e
fixen a primeira parada na aula de profesores, onde Yolanda e Verónica
encargáronse de facerme sentir como en casa: cómodo e a gusto.
No CPI Virxe de Cela estase a gusto, estano
as profesoras e tamén o alumnado. E claro, neste ambiente as persoas desfrutan
e participan. Así, dende a primeira sesión a actitude dos rapaces foi de
escoita, de atención e tamén de facer bromas, cando tocaba, ou de poñernos máis
serios, cando tocaba tamén. Porque nas tres sesións que fun traballamos no
activismo dende a conciencia e na conciencia dende a empatía. E para isto hai
que saber pensar(se) e escoitar(se) e esta rapazada xa viña aprendida nestes
valores.
A
educación ten moitísimo poder, tanto que pode mover o mundo. E ese mundo xa
comezou a moverse alí, no IES de Monfero, grazas a enerxía que se xera cada
día. A que xeran alumnado e profesorado. Por iso foi tan cálida a miña chegada
alí. Incluso nun día que nevaba, sentín que nesa escola había un espazo onde
aprender, e moito me aprenderon eses rapaces e rapazas a min en tres días… Ata a próxima!
Roi Guitián
Etiquetas:
CME 2018,
Plan Proxecta
viernes, 16 de marzo de 2018
3º OBRADOIRO CME (CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN)
A educación é vital para construír un futuro mellor pero… que pasa con eses millóns de nenos e nenas que están privados dela? Poñámonos a pensar na cantidade de persoas que teñen que fuxir dos seus fogares por mor dunha guerra, un desastre natural, ou mesmo na procura dunha vida digna... Poden pasar semanas, meses e incluso anos, e no devenir de todo este tempo eses nenos e nenas convértense en adultos ser formación e, por tanto, con menos posibilidades para gañarse a vida e sacar adiante ás súas familias.
Poñámonos na pel desas persoas, empaticemos con elas, e expresemos en voz alta o noso sentir…
Isto é o que fixeron os rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO no 3º obradoiro da CME (Campaña Mundial pola Educación) que tivo lugar o pasado venres 16 de marzo de 2018. O resultado o podedes comprobar escoitando os audios destas testemuñas ficticias pero á vez tan reais… Roi Guitián, reporteiro de AGARESO (unha ONG galega de reporteiros solidarios) e encargado de impartir este obradoiro, fixo ao alumnado reflexionar sobre o enfoque que algúns medios de comunicación fan cando abordan as problemáticas da inmigración. Tamén achegou novas ferramentas (app Podbean) para que os rapaces/zas traballen a denuncia social e se convertan en activistas para a paz e a xustiza.
Etiquetas:
app Podbeam,
CME 2018,
inmigración,
Obradoiro,
refuxiados
martes, 6 de febrero de 2018
SEGUNDO OBRADOIRO CME (CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN)
Roi Guitián, membro da ONG AGARESO (reporteiros galegos solidarios) visitou o noso cole o pasado martes 6 de febreiro de 2018 acompañado por Paula Rojas, técnico da ONG EDUCO, para impartir o segundo obradoiro da CME (Campaña Mundial pola Educación, Plan Proxecta).
A idea deste obradoiro era reflexionar sobre a importancia dunha educación de calidade para cambiar o mundo, que constitúe o obxectivo nº 4 dos ODS (Obxectivos do Desenvolvemento Sostible) e realizar unha pequena acción de comunicación transformadora para acadar este obxectivo. Para todo isto o alumnado de 3º e 4º da ESO realizou diferentes dinámicas e visionou varios spots e campañas publicitarias.
Como produto final os rapaces e rapazas, divididos en grupos, elaboraron lemas animados utilizando a aplicación Legend, creando frases tan contundentes como “A educación é a base de todo” ou “E se todo comeza cunha suma” que sintetizan a importancia da educación como ferramenta para cambiar o mundo. Para rematar este proceso participativo e potenciar a súa incidencia, difundiron estes lemas a través de plataformas dixitais (blog, facebook, instagram, etc).
miércoles, 17 de enero de 2018
OBRADOIRO CME: CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN
Este ano participamos por primeira vez no Plan Proxecta “CME: Campaña Mundial pola Educación” (Xunta de Galicia), aínda que o noso centro leva case unha década apoiando e colaborando activamente na Campaña Mundial pola Educación, unha coalición internacional de ONGs, sindicatos do mundo educativo, movementos sociais e centros educativos coma nós que nos mobilizamos para garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade.
O martes 16 de xaneiro de 2018 Miguel Rodríguez (técnico da CME) e Sandra Rodríguez (técnico Entreculturas) visitaron o noso centro e impartiron o primeiro dos catro obradoiros programados para este curso. A través de varias dinámicas moi divertidas (“O mentalista”, “Un planeta redondo”, etc) e do visionado de diferentes documentos audiovisuais (“Porque isto é África”) Miguel Rodríguez, Miki, fixo reflexionar ao alumnado de 3º e de 4º sobre a visión que temos no mundo e da posibilidade de entender o mundo doutra maneira diferente e alternativa. Este é o punto de inflexión para a partir de agora reivindicar o cumprimento efectivo do dereito humano á educación no marco dos Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable (ODS) e do Marco de Acción pola Educación 2030.
Etiquetas:
Campaña Mundial pola Educación 2018,
CME 2018,
educación,
Entreculturas,
ODS,
Proxecta 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)