miércoles, 17 de enero de 2018

OBRADOIRO CME: CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN









      Este ano participamos por primeira vez no Plan Proxecta “CME: Campaña Mundial pola Educación” (Xunta de Galicia), aínda que o noso centro leva case unha década apoiando e colaborando activamente na Campaña Mundial pola Educación, unha coalición internacional de ONGs, sindicatos do mundo educativo, movementos sociais e centros educativos coma nós que nos mobilizamos para garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade. 

       O martes 16 de xaneiro de 2018 Miguel Rodríguez (técnico da CME) e Sandra Rodríguez (técnico Entreculturas) visitaron o noso centro e impartiron o primeiro dos catro obradoiros programados para este curso. A través de varias dinámicas moi divertidas (“O mentalista”, “Un planeta redondo”, etc) e do visionado de diferentes documentos audiovisuais (“Porque isto é África”) Miguel Rodríguez, Miki, fixo reflexionar ao alumnado de 3º e de 4º sobre a visión que temos no mundo e da posibilidade de entender o mundo doutra maneira diferente e alternativa. Este é o punto de inflexión para a partir de agora reivindicar o cumprimento efectivo do dereito humano á educación no marco dos Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable (ODS) e do Marco de Acción pola Educación 2030.


No hay comentarios:

Publicar un comentario