O 24 de xaneiro, o Departamento de Orientación organizou unha saída ao IES Universidade Laboral de Culleredo e ao IES Calvo Sotelo de A Coruña para que o alumnado da ESO puidese ver diferentes familias profesionais nos lugares onde se imparten. Talleres de mantemento e control de maquinaria de buques e embarcacións, soldadura, artes gráficas, carpintaría, entre outros.
Os dous centros ofertan ademais residencia para estudantes, que tamén visitamos e nos demos conta de que “están mellor que algún hotel”: teñen ximnasio, salas Wi-Fi, limpeza diaria de habitación,…
Moitas grazas ás persoas que nos acompañaron nas visitas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario