martes, 28 de mayo de 2024

20 XUÑO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS REFUXIADAS

O vindeiro xoves 20 de xuño de 2024 conmemórase o Día Internacional das Persoas Refuxiadas. A Delegación Entreculturas de A Coruña organizará unha actividade para mozos/as co horario de 10:00 ata 13:30. 



Memoria 20j 2024 by veracruces

viernes, 24 de mayo de 2024

CARTEL FEIRA SOLIDARIA

 



O Rastro Solidario é unha actividade de sensiblización que se leva realizando no noso centro desde hai máis dunha década. Ano tras ano (aínda que a pandemia interrumpiu a continuidade) o proxecto Monferosolidario mobiliza a toda a comunidade educativa para reflexionar sobre o consumismo excesivo, a acumulación de bens materiais, as fenda social, as prácticas de produción excesiva que danan os ecosistemas, etc. Un día ao ano organízase un Rastro ou Feira Solidaria na que todos/as aportamos algúns obxectos que xa non usamos para poñer á venda e darlle un novo uso a través dun proceso de economía circular. Moitas veces utilizamos os cartos recadados para donar a unha boa causa, ou ben pagamos con trocos, utilizando produtos non perecedeiros, para axudar ás Cociñas Económicas. 

Alumnado de 4º da ESO posa xunto coa súa profesora de Educación Plástica, Visual e Audiovisual (Marta Novo) e coas coordinadoras de Monferosolidario (Yolanda Castro e Verónica Dopico) amosando un fermoso panel realizado en tela que servirá como telón de fondo para decorar e anunciar próximas edicións destas Feiras ou Rastros Solidarios.

martes, 21 de mayo de 2024

31 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL DO ACOLLEMENTO FAMILIAR

O día 31 de maio celébrase o Día Mundial do Acollemento Familiar.  ACOUGO, a asociación galega de familias acolledoras, vén de invitar ao noso centro educativo a participar na celebración desta data tan especial, considerándoa unha oportunidade parasensibilizar e educar aos máis novos sobre a importancia do acollemento familiar.



miércoles, 15 de mayo de 2024

CARREIRA SOLIDARIA A FAVOR DE SAVE THE CHILDREN












    Prezados amigos e amigas: O 27/05/2024 recibimos un ingreso pola cantidade de 505€ do voso centro. En nome dos nenos e nenas do noso programa queremos darvos as grazas polo voso esforzo e implicación. Facede extensible este agradecemento aos vosos compañeiros e compañeiras, que trasladaron toda a ilusión polo proxecto ao seu alumnado, quen se mobilizou e se puxo en marcha tódolos recursos ao seu alcance: o seu propio esforzo e foron o altofalante para que a súa contorna coñecera a complexa situación que atravesan milleiros de nenos e nenas. E, por suposto, grazas ás familias do voso centro, que aportaron o seu gran de area en forma de doazón económica. A vosa axuda permítenos seguir traballando polos dereitos da infancia e lograr que nenos e nenas sobrevivan, teñan acceso a unha educación de calidade e estean protexidos. Grazas por darlles a oportunidade de seguir soñando: Axuntamos un diploma para o centro e un recibín para compartir partillar con toda a comunidade educativa. Ao final do curso recibiredes a memoria da actividade. Facémosvos chegar tamén o noso selo de centro solidario. Podede descargalo e incluílo na vosa web ou blogue. Este selo representa todo aquilo polo que traballamos en conxunto: a defensa dos Dereitos da Infancia. Grazas dende o Equipo de Programas en Centros Escolares. Save the Children.


lunes, 13 de mayo de 2024

EXPOSICIÓN CAMPAÑA CONTRA A FAME: MANOS UNIDAS

Desperdiciar comida é un acto cotiá que esconde moitos máis impactos dos que podemos ver a simple vista e para lograr un planeta sustentable e xusto é necesario reducir o desperdicio de alimentos. Podedes visitar os corredores do edificio de secundaria para visitar una exposición fotográfica de Manos Unidos que ten como obxectivo concienciar á poboación da redución do desperdicio alimentario para xerar condicións para erradicar a pobreza e a fame.

Link á guía da exposición: https://www.manosunidas.org/delegacion/terrassa/noticia/guia-exposicion-despilfarro-alimentario-material-trabajo-propuestas




viernes, 10 de mayo de 2024

CARREIRA SOLIDARIA




O vindeiro 15 de maio celebrarase, como todos os anos, a carreira solidaria. A mesma comezará as 10. 00 h e rematará sobre as 11.00 h. 

miércoles, 8 de mayo de 2024

SEGUNDA SESIÓN PREPARACIÓN DISCURSO CME

Andrea Iglesias, técnica de EDUCO, visita de novo o noso centro o mércores 8 maio 2024 para impartir ao alumnado de 4º da ESO unha segunda sesión de formación para preparar o discurso que levaremos ao Parlamento Galego o vindeiro martes 4 de xuño, dentro da Campaña Mundial pola Educación. Xa coas ideas extraídas na primeira sesión de formación que se realizou fai un par de semanas, agora os rapaces e rapazas de 4º da ESO empezaron a redactar o texto, seguindo as directrices de Andrea, experta en ciencias políticas. Aínda non temos o resultado final, teremos que darlle unhas voltas, pero o que si temos moi claro é que queremos reivindicar a importancia da erradicación dos discursos do odio, e iso é responsabilidade de toda a cidadanía.



lunes, 6 de mayo de 2024

3ª SESIÓN EDUCAR EN POSITIVO

Por ver terceira neste curso escolar as familias tiveron a posibilidade de formarse sobre as habilidades de xestión emocional nun novo obradoiro baixo o título Educar en Positivo que tivo lugar o  martes 14 maio 2024 de 16:45 a 18:15. Esta actividade foi organizada pola ANPA do CPI Virxe da Cela en grazas ao apoio da Fundación Ayuda en Acción.