Mostrando entradas con la etiqueta consumo responsable. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta consumo responsable. Mostrar todas las entradas

lunes, 14 de marzo de 2022

OBRADOIROS DE EDUCACIÓN PARA O CONSUMO

Con motivo da conmemoración do Día da Persoa Consumidora desde a Escola Galega de Consumo o luns día 14 de marzo a levou a cabo varios obradoiros de consumo responsable e sostible (ODS), tanto para a Ed. Infantil como para a Ed. Primaria. 
  •  de 9:45 a 10: 40: 1º e 2º curso da Ed. Primaria (aula de psicomotricidade) 
  • de 10:45 a 11:30: 3º e 4º cursos da Ed. Primaria (aula de UUMM ESO) 
  • de 12:00 a 13:00 h: Educación infantil (aula de psicomotricidade) 
  • de 13: 00 a 13:50 h: 5º e 6º cursos da Ed. Primaria (aula de UUMM ESO) 
      As persoas adoitamos a cotío distintas decisións de consumo, case sen darnos conta. Así, cando nos levantamos cada mañá e acendemos a luz ou abrimos a billa da auga estamos a consumir. Cando imos mercar o pan para comer, cando facemos un agasallo ou cando imos cear a un restaurante podemos escoller entre distintos produtos, respecto dos que existen importantes diferenzas, non só no tocante ao seu prezo ou calidade, senón tamén no seu proceso de produción e fabricación.










martes, 5 de diciembre de 2017

OBRADOIRO "NO NADAL NON TE CONSUMAS"





     A ONG Solidariedade Internacional Galicia convidounos a participar no obradoiro “No Nadal Non te Consumas”, unha iniciativa para abordar a temática do consumo responsable e o comercio xusto. O martes 5 de decembro Ana Lampón, técnica de SIG, acompañada por outra educadora da ONG, impartiron un obradoiro para o alumnado de 1º e 2º da ESO no que achegarons ás rapazas e rapaces que é o consumo responsable. Utilizáronse dinámicas de grupos e xogos de rol nos que eles e elas puideron experimentar, interpretar, traballar, os distintos conceptos de consumo responsable.
    Como complemento a este obradoiro, un grupo de alumnos/as voluntarios de 1º da ESO encargaranse de levar a cabo unha campaña de sensibilización entre a comunidade educativa e xa na última semana de clases de decembro, antes das vacacións de Nadal, este grupiño “atenderá” un Mercadillo de Comercio Xusto para que todos e todas poidamos realizar as nosas compras navideñas de maneira “responsable.

viernes, 18 de marzo de 2016

OBRADOIROS DE COMERCIO XUSTO E CONSUMO RESPONSABLE




      O venres 18 marzo de 2016 o alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela recibiu un obradoiro de Comercio Xusto e Consumo Responsable impartido por Ana Lampón, técnica da ONG Solidariedade Internacional Galicia, xunto con Elisangela Silfa, voluntaria nesta organización e que na actualidade está en Galicia cunha beca do seu país, República Dominicana, realizando o Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativas na Universidade da Coruña. Transcribimos aquí as palabras de Ana Lampón describindo a actividade: 

      O obradoiro de Consumo Responsable ten a finalidade de que nos demos conta da importancia que ten o consumo nas nosas vidas, dende que nos levantamos ata que nos deitamos estamos consumindo. De aí a importancia de reflexionar sobre os nosos xeitos de consumir. O consumo responsable é aquel que se basea na elección de produtos non solo pola súa calidade e o seu prezo, senón tamén polo impacto social e ambiental, pola conduta das persoas e/ou empresas que o elaboran. Tamén implica consumir menos, soamente o necesario para un bo vivir, e estar a atentos á publicidade para saber como nos crea falsas necesidades. 
    A actual sociedade de consumo, pretende facernos crer que a nosa felicidade se consegue comprando e consumindo sen sentido, polo que traballar cos mozos e mozas estas temáticas é tan importante, sobre todo proporcionando alternativas como poden ser o Comercio Xusto, o consumo ecolóxico, de proximidade, a economía social ou solidaria, etc. Sobre os contidos, traballamos na identificación e diferenza entre necesidades e desexos, os conceptos do comercio tradicional como as multinacionais ou a deslocalización, os dereitos dos produtores dos países empobrecidos, etc. 
      A resposta das mozas e dos mozos da ESO do CPI Virxe da Cela foi excelente, participaron moi activamente nas dinámicas e actividades propostas, implicáronse na procura de solucións aos problemas plantexados, e levaron moi ben os contidos do taller á práctica da vida cotiá. Cabe destacar que, en xeral, son un alumnado moi concienciado e solidario. Ana Lampón. Solidariedade Internacional Galicia