Mostrando entradas con la etiqueta certame postais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta certame postais. Mostrar todas las entradas

martes, 28 de noviembre de 2023

NADAL CON SENTIDIÑO: CONCURSO DE POSTAIS



A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela organiza o Concurso de Postais de Nadal de técnica libre e realizados con materiais naturais co que se invita a gozar das festas de forma responsable e respectuosa co medio ambiente. 

BASES 

O obxectivo principal deste concurso é a elaboración de postais/tarxetas de Nadal realizadas partindo de materiais naturais sempre pensando no compromiso coa conservación e coidado do medio natural. Trátase de tomar conciencia sobre a cantidade de residuos diarios que xeramos coa conseguinte problemática medioambiental, comprendendo o valor de evitar consumos innecesarios e promovendo a busca e descubrimento de posibles solución alternativas aos adornos tradicionais. 

2º. Participantes Poderán participar cantas persoas o desexen. Só se aceptará un traballo por participante. 3º. A técnica será libre. Poderase utilizar calquera material (follas, landras, cortezas, cunchas, téxtiles, froitos secos, paus, cordeis, etc) sobre unha superficie de cartulina cunhas dimensión máximas de 148 x 210 mm (A5). Premiarase a orixinalidade, presentación e calidade como se indica nos criterios de valoración. 

4º. Criterios de Valoración: ~ Creatividade. ~ Consumo mínimo de recursos. ~ Material utilizado. ~ Deseño. 

5º. Premios. a. Categoría cativos: ata 8 anos de idade b. Categoría mocidade: de 9 a 14 anos c. Categoría xeral: maiores de 15 anos Establécense os seguintes premios: Dous premios por categoría e premio ao obxecto máis orixinal. Os premiados recibirán un diploma e agasallos consistentes en xogos e libros. 

6º. Exposición e Fallo Prazo de recepción: os traballos deberán presentarse no MUSEO DE HISTORIA NATURAL antes do día 15 de decembro. Todas as postais presentadas exporanse no MHN, no mes de Nadal. Fallo e entrega de agasallos: establécese o día 21 de decembro como data de fallo do xurado e entrega de premios ás 18:00 h


miércoles, 20 de diciembre de 2017

CERTAME POSTAIS NADAL

1º Premio de EP: Claudia Caruncho Souto, 1º de EP 2º Premio de EP: Alejandra Souto Garrido. 2º de EP 1º premio de ESO: Candela Campello Fernández, 3º de ESO 2º Premio de ESO: Daniel Pena Bonome, 1º de ESO Mencións espacial do xurado: Aulas de infantil

Autora: Candela Campello Fernández

viernes, 18 de diciembre de 2015

CERTAME POSTAIS DE NADAL








1º Premio de EP: Adrián Caamaño Rico, 4º EP
2º Premio de EP: Ariadna Díaz Tondo, 5º de EP
3º premio de EP: Xabier Martínez Menéndez, 1º de EP
1º premio de ESO: Nerea Couceiro Gómez, 4º de ESO
2º Premio de ESO: Laura Ares García, 1º de ESO
Mención espacial do xurado: Aulas de infantil