Mostrando entradas con la etiqueta Pasaporte Solidario 2014-2015. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pasaporte Solidario 2014-2015. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de marzo de 2015

O PASAPORTE SOLIDARIO CHEGA ÁS AULAS DE SECUNDARIA DO CPI VIRXE DA CELA

O alumnado de 4º de educación primaria do CPI Virxe da Cela visitou as aulas de educación secundaria para entregar aos rapaces e rapazas da ESO o Pasaporte Solidario. Por tanto agora este documento que certifica a participación en accións solidarias xa está en vigor no noso centro. Nada máis temos que pegar unha fotografía, cubrir os nosos datos e comezar a redactar todos eses pequenos xestos que tan poco custan e tan importantes son: no cole, coa familia, cos veciños... sempre hai a oportunidade de ofrecer a nosa axuda e... todos/as sairemos gañando!






miércoles, 4 de marzo de 2015

O CPI VIRXE DA CELA CELEBRA A SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

"Son poucos. Tan só 154 alumnos (e tendendo á baixa) e 24 profesores. E, por riba, o centro atópase nun concello coruñés, Monfero, montañoso e lonxe das principais vías de comunicación". Así comeza o xornalista Cristóbal Ramírez a súa crónica sobre o CPI Virxe da Cela publicada esta misma mañá do mércores 4 de marzo de 2015 no especial La Voz de la Escuela adicado á Semana da Prensa da Escola. Estar alonxado das principais vías de comunicación físicas e terrestres non significa estar "incomunicado", xa que o noso centro educativo leva anos utilizando diferentes medios de comunicación como parte do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Participamos no programa Prensa Escuela de La Voz de Galicia grazas ao cal recibimos semanalmente a prensa na aula, e desde os primeiros cursos o noso alumnado comeza a descubrir acontecementos notables e de actualidade a través dos xornais. A radio constitúe outro medio de comunicación moi utilizado e valorado tanto polo alumnado como polo profesorado da nosa escola, á que chegou da man de Lucía Abarrategui e Sergio Pascual co seu proxecto de Radio Itinerante Creativa. E de novo nas palabras de Cristóbal Ramírez, que pecha o seu artigo remarcando que "todo un exemplo para un centro que acomete a Semana da Prensa na Escola facendo o que sabe facer: traballar cos medios de comunicación e valerse deles un día si e outro tamén"






martes, 3 de marzo de 2015

PODCAST PRESENTACIÓN PASAPORTES SOLIDARIOS



A Radio CPI Virxe da Cela recibiu ao voluntario e xornalista Cristobal Rámirez, que veu a presentar o novo Pasaporte Solidario, que entrega todos os cursos a Xunta de Galicia. O programa, dirixido por alumnos de 4º de Primaria, contou coa participación do alumnado do centro, nun espazo de comunicación e solidariedade sonoro. Entérate de máis e escoita o podcast do programa radiofónico "Pasaportes Solidarios", gravado no CPI Virxe da Cela o pasado venres 20 de febreiro.