Mostrando entradas con la etiqueta festival. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta festival. Mostrar todas las entradas

jueves, 21 de diciembre de 2023

UN NADAL DE CINE

Este xoves 21 de decembro celebramos un ano máis o festival de Nadal. Comezamos este marabilloso día coa visita de Inmaculada, gran traballadora que dedica moito tempo e cariño ao nosos amigos máis peludiños, desde a protectora de animais APADAN. Como cada ano, quixemos axudar cun mercadiño solidario, onde os nenos e nenas crearon infinitas manualidades como adornos navideños, colgadores para as chaves e moitas cousas máis. Tivemos a sorte de contar tamén co material proporcionado por APADAN, como calendarios, camisetas, chapas, ... Grazas a este traballo e á colaboración das familias e profesorado conseguimos, ao mercar tantos agasallos, recaudar 823,60€, destinados íntegramente a APADAN. Esperamos que estos animaliños pasen unhas mellores festas de Nadal e dende o CPIP Virxe da Cela, animámosvos a adoptar.

Sen máis dilación, xa tedes aquí todas as actuacións para que poidades velas de novo con máis tranquilidade e para todas esas persoas que non puideron asistir. Esperamos que vos guste o noso traballo que foi feito con moito cariño e esforzo.

Programación de Navidad by veracruces on Scribd

 

 Gozade vendo os fabulosos bailes, as marabillosas obras de teatro e as fantásticas panxoliñas, tanto coma nós gozamos facéndoas. 



1. VÍDEO PRESENTACIÓN

2. BAILE EDUCACIÓN INFANTIL - PESADELO ANTES DE NADAL. (BAILE) 

3. 1º EDUCACIÓN PRIMARIA - RUDOLF O RENO. (BAILE) 

4. 4º EDUCACIÓN PRIMARIA - LOTERÍA DE NADAL. (OBRA DE TEATRO) 

5. 2º EDUCACIÓN SECUNDARIA - ARTURO EN NADAL. (BAILE) 

6. 3º EDUCACIÓN PRIMARIA - CRÓNICAS DE NADAL. (BAILE) 

7. 1º + 2º EDUCACIÓN PRIMARIA - PAÍS DA FANTASÍA (PANXOLIÑA) 

8. 5º EDUCACIÓN PRIMARIA - O GRINCH. (BAILE) 

9. 2º EDUCACIÓN PRIMARIA - O ELFO. (BAILE) 

10. 6º EDUCACIÓN PRIMARIA - FOGARES DE NADAL. (OBRA DE TEATRO) 

 11. 1º EDUCACIÓN SECUNDARIA - FROZEN. (BAILE) 

 12. 4º EDUCACIÓN PRIMARIA - REIS VS SANTA.(BAILE) 

 13. 3º EDUCACIÓN PRIMARIA - NOITEBOA PANAMEÑA. (PANXOLIÑA) 

 14. 3º + 4º EDUCACIÓN SECUNDARIA - SÓ EN CASA. (BAILE) 

 15. 6º EDUCACIÓN PRIMARIA - CONTO DE NADAL. (BAILE) 

Ademais destas incribles actuacións, fixemos un concurso de imaxes de Nadal onde todo o alumnado recibiu un diploma por participar, xa que fixeron un traballo moi bonito. Pero a clase gañadora deste ano foi: 4º Educación Infantil!!! Parabéns ao alumnado e a súa mestre. Queredes ver estas obras de arte?

   

 E xa por último, rematamos este magnífico festival coa chegada das nosas Maxestades os Reis Magos. Lembrade: Hai que portarse ben que Papá Noel mais Eles están a botar unha ollada a todo o que facemos.