Entreculturas presenta "A cadeira que multiplica oportunidades", unha nova edición de "A Cadeira Vermella", iniciativa iniciada en 2012 co obxectivo de chamar a atención simbólicamente sobre a alarmante cifra de nenos e nenas que non van á escola (58 millóns en educación primaria e 63 millóns en educación secundaria). Este ano, en concreto, a campaña céntrase no aspecto da inclusión, remarcando que todos os nenos e nenas teñen dereito a asistir á escola independentemente do seu lugar de residencia, a capacidade económica das súas familias, o seu xénero, o seu idioma, a súa orixe étnica ou as súas diferenzas de capacidades.
Mostrando entradas con la etiqueta A cadeira vermella. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A cadeira vermella. Mostrar todas las entradas
miércoles, 8 de octubre de 2014
viernes, 10 de mayo de 2013
MAHÁN E A CADEIRA VERMELLA DESPIDEN A SÚA ANDAINA
Tras unha súa estancia de dúas semanas na biblioteca escolar, o noso amigo Mahán despídese do alumnado do CPI Virxe da Cela.
Esta última sesión de contacontos tivo lugar o pasado venres 10 de maio, e estaba dirixida ao alumnado de educación infantil. Pechamos este ciclo cunha xornada divertida, participativa e moi creativa. Os máis peques do cole soltáronse a lentantar as mans e respostar as preguntas de Andrea, a rapaza de 1º da ESO encargada de narrar a historia de Mahán. Incluso fixemos unha rolda de "actuacións", dramatizando a actitude que temos na nosa escola, e a actitude que tería Mahán na súa escola, utilizando para isto unha cadeira vermella e unha cadeira verde. Aplaudimos, divertímonos, expresámonos e sensibilizámonos... sobre a grande importancia da educación. E xa como momento final, culminamos cun divertido "photocool", utilizando como fondo de imaxe un enorme cadro pintado polo alumnado de 4º da ESO na materia de plástica, obxecto que quedará pendurado nas paredes na nosa escola para recordarnos día tras día o primilexio que temos por poder ir a escola, e reivindicando que este dereito o podan ter nun futuro eses 61 millóns de nenos e nenas que aínda están na actualidade sen escolarizar en diferentes partes do mundo.
Andrea-contacontos, de 1º da ESO, co seu irmán, de EI
Etiquetas:
A cadeira vermella,
Mahán e a cadeira vermella
lunes, 6 de mayo de 2013
POLO DEREITO UNIVERSAL Á EDUCACIÓN
Unha frase ben sinxela, así como a simple imaxe dunha cadeira vermella. Aquí temos o panel elaborado polo alumnado de 4º de ESO na materia de plástica que serve para acompañar a campaña da Cadeira Vermella que se está a levar a cabo na nosa escola. Xa somos todos e todas coñecedores/as da importancia da educación e reivindicamos que ese dereito se faga realidade para os 61 millóns de nenos e nenas que a día de hoxe están sen escolarizar en diferentes lugares do mundo. Este panel está situado diante de biblioteca escolar, e son moitos os cativos e cativas que se achegan a este espazo aprendendo a valorar a importancia da educación, a través dun simple xogo ou conto.
Etiquetas:
A cadeira vermella,
Entreculturas,
La Silla Roja,
photocool
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

