Mostrando entradas con la etiqueta Convivenvia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Convivenvia. Mostrar todas las entradas

lunes, 20 de enero de 2025

PASANDO A BÓLA, XOGANDO PARA CAMBIAR: aprendendo a convivir

 

Este curso contamos co obradoiro promovido pola Consellería de Educación no marco do programa contra o acoso escolar: PASANDO A BÓLA, XOGANDO PARA CAMBIAR, do cal o noso centro resultou beneficiario. Ven da mán da Xanela do Maxín.

PASANDO A BÓLA XOGANDO PARA CAMBIAR emerxe como un evento de intervención escolar e social, onde o xogo dramático serve como ferramenta poderosa para concienzar ao alumnado. A partir de aí explóranse solucións que se porán en práctica a través do teatro.

Esta actividade está baseada no libro “A Banda dos insectos” de Celtia Figueiras e inspirado na técnica de Augusto Boal e o teatro do oprimido. Unha actividade aborda de forma única o problema do bullying no contexto escolar.

Neste encontro singular, a guía da intervención, coa contará coa colaboración do alumnado voluntario como actores e actrices. En conxunto, escenificarán escenas construídas especialmente para representar as diversas manifestacións do acoso nas escolas.

Trala presentación destas escenas, a audiencia convértese en parte activa do proceso. O alumnado aporta solucións aos comportamentos observados, encarnando e mostrando tamén as novas solucións propostas como parte da actuación.

“Pasando a bóla Xogando para cambiar” non só ofrece un enfoque innovador para abordar o bullying, senón que tamén fomenta a participación activa da comunidade escolar na creación de solucións.

A través do xogo teatral, a audiencia non só toma conciencia da problemática, senón que tamén se converte en axente de cambio. Construirán xuntos unha resposta colectiva que promove un ambiente escolar máis seguro e respetuoso.



martes, 20 de octubre de 2009

"POR NADA": unha curtometraxe que aborda a problemática do acoso escolar

COMENTARIO DIDÁCTICO

"Por nada" é unha curtometraxe de ficción baseada en feitos reais descritos por persoas que levan anos analizando os comportamentos violentos de sectores moi concretos da nosa mocidade, máis concretamente do que fora o Primeiro Defensor do Menor, Javier Urra.
Nel preséntasenos a uns alumnos dun colexio, a cuadrilla de Roi, aburridos e consentidos, resultado dunha educación permisiva e superprotectora, que produce tanto dano como o autoritarismo, na nosa mocidade.
Aborda tamén o tema da violencia, da súa práctica e da súa publicación a través de Internet, en Youtube neste caso, e do chamado ciberacoso, a gravación non autorizada de imaxes, reais ou ficticias, que logo son publicitadas sen consentimento na rede.
Permite reflexionar sobre a violencia, o ciberacoso ou matonismo e a convivencia, sobre o respecto, a xustiza, a responsabilidade sobre os propios actos, o aburrimento ou a diversión.
Imos pois a reflexionar sobre iso, sobre si as situacións que se describen nel adáptanse á realidade, si quedan curtas ou si pensas que son unha esaxeración...
Tras o debate do tema e a exposición do mesmo na clase, deberedes de facer un comentario reflexivo e agregar as conclusións ás que cheguedes no blogue.






lunes, 19 de octubre de 2009

ENCONTRO EN REDE 2009

ENCONTRO EN REDE 2009
Sábado, 24 de Outubro
COLEXIO MONTESOL (Vigo)


Baixo o título "Conecto e cambio", o próximo sábado 24 de outubro celebraremos o IX Encontro da Rede Solidaria de Xóvenes.


A continuación deixámosvos o programa da xornada. E xa sabedes...vémonos en Vigo.

miércoles, 14 de octubre de 2009

I XORNADAS DE CONVIVENCIA ENTRE CENTROS


O martes 13 de Outubro de 2009 celebramos no Mosteiro de Monfero unha xornada de convivencia entre o noso centro C.P.I. Virxe da Cela e o I.E.S. Monelos da Coruña. Os alumnos e alumnas de ambos centros tiveron a oportunidade de relacionarse, coñecerse, intercambiar experiencias, etc., nun marco incomparable: O Mosteiro de Monfero. Aprenderon e valoraron o noso rico patrimonio cultural a través dunha interesante visita guiada ao Mosteiro, coas explicacións de Manuel López Vidal. Abordamos o tema da interculturalidade a través de xogos cooperativos e actividades lúdicas. Disfrutamos dun divertido xantar baixo a sombra dos carballos. Intercambiamos regalos no momento da despedida... Foi un día inesquecible que soubo a ben pouco... Para o ano máis...



Xogo de presentación para coñecernos un pouco máis


Visita guiada ao Mosteiro de Monfero


Un partidiño de fútbol despóis de xantar


Xogo da Travesía Perigosa con periódicos

O xogo do Pasapalabras

Unha grande roda con todos os participantes


Sorpresa de despedida: un saco con regalos...


Intercambio de regalos