Mostrando entradas con la etiqueta XV Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XV Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas. Mostrar todas las entradas

viernes, 1 de noviembre de 2013

REMÓVETE: VÍDEO DO XV ENCONTRO EN REDE DE ENTRECULTURAS

Deixamos á vosa disposición este divertido vídeo que inmortaliza o noso paso polo XV Encontro da Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas que se celebrou no colexio Jesús Maestro de Ferrol. Foi unha xornada inesquecible, con xogos, dinámicas, algunha sorpresa emotiva...

domingo, 27 de octubre de 2013

XV ENCONTRO DA REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE ENTRECULTURAS



Nunha nova ocasión asistimos a un Encontro da Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas. Xa é toda unha tradición comezar o curso elaborando unha axenda solidaria e expoñela públicamente nestas xuntazas, rodeados de alumnos/as e profes doutros centros escolares galegos. Valeu a pena sacrificar algún que outro recreo, porque a idea era moi orixinal e o resultado moi vistoso e aplaudido. Empregando un formato “bingo”, as rapaces e rapaz (noraboa, Adrián, por ser a representación masculina do noso grupo) do CPI Virxe da Cela foron presentando unha a unha todas as actividades que temos previstas para este curso académico, guiados polas nosas simpáticas compañeiras Tania e Andrea (1º ESO), que transmitiron gran enerxía e a ilusión no que para elas é o primeiro encontro (e esperemos que non o último).
Damos as grazas a Ana, profesora do cole Jesús Maestro de Ferrol, e aos alumnos/as dese centro, por prepararnos tan calorosa acollida. Grazas tamén ao sol por acompañarnos durante toda a xornada, e regalarnos un día tan luminoso e agradable xa a finais de outubro. E grazas tamén a Pedro Brandariz por arrancarnos gargalladas e contaxiarnos o seu enorme sentido do humor ao final da tarde.
Queremos destacar o papel activo do grupo +18, isto é, aqueles rapaces/zas que participaron na Rede Solidaria cando cursaban estudos de ESO e Bacharelato, e que agora son activistas e voluntarios, e ofrecen a súa ilusión e tempo libre para colaborar en variadas iniciativas, tanto na organización e celebración destes encontros, como visitando centros escolares e dinamizar os grupos. Un biquiño moi especial á nosa querida Luz Mery, que agora como veterana asumiu a tarefa de documentar fotográficamente esta xornada, e que tivo unhas emotivas palabras de agradecemento para Yolanda e Verónica, as dúas profes que lle guiaron na senda da solidariedade.
E, como non, dedicamos un par de liñas para deixar constancia de todos/as os que tecimos nesta ocasión un anaquiño de Rede: Antía Lista, Laura Río, Andrea Brage, Ana Pena, Tania Grueiro, Rebeca Freijomil, Laura Muíño, Sofía Pena, Laura Sanjuán, Erea Fernández, Rocío Pérez, Cintia Grueiro, Antía Gómez, Alba Amenedo, María Fraga, Adrián Allegue, Silvia López, Verónica Dopico e Yolanda Castro.











jueves, 16 de mayo de 2013

XV ENCONTRO DA REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE ENTRECULTURAS

Un ano máis, a medida que se aproxima o fin de curso, os rapaces e rapazas de Monfero xa están pensando no tradicional encontro de fin de curso da Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas. Esta xuntanza bríndanos a oportunidade de reunirnos con outros rapaces, rapazas e docentes de outros centros solidarios galegos, e poder intercambiar as experiencias realizadas nos diferentes centros durante o presente curso académico. De novo o lugar elexido é a Casa Pastoral Mª Ana Mogas, un fantástico espazo que nos ofrece os seus xardíns para realizar dinámicas e xogos, un amplo comedor para efectuar un xantar colectivo e a infraestructura necesaria para facer as presentacións dos nosos traballos. Rapaces, rapazas, ide preparando as mochilas e tamén pensando nese doce que levaremos para facer a merenda compartida...