jueves, 16 de mayo de 2013

XV ENCONTRO DA REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE ENTRECULTURAS

Un ano máis, a medida que se aproxima o fin de curso, os rapaces e rapazas de Monfero xa están pensando no tradicional encontro de fin de curso da Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas. Esta xuntanza bríndanos a oportunidade de reunirnos con outros rapaces, rapazas e docentes de outros centros solidarios galegos, e poder intercambiar as experiencias realizadas nos diferentes centros durante o presente curso académico. De novo o lugar elexido é a Casa Pastoral Mª Ana Mogas, un fantástico espazo que nos ofrece os seus xardíns para realizar dinámicas e xogos, un amplo comedor para efectuar un xantar colectivo e a infraestructura necesaria para facer as presentacións dos nosos traballos. Rapaces, rapazas, ide preparando as mochilas e tamén pensando nese doce que levaremos para facer a merenda compartida...

1 comentario:

  1. Eu xa fun o ano pasado a de principio de curso que se celebrou no noso cole, pero tiven a mala sorte de que non se celebrou o de fin de curso. este ano tamén fun a de principio deste curso e agora xa conto os días para ir e encontrarme con todos os coñecidos. Pareceme moi bo que realicen estos encontros para concienciarnos e a parte aprendemos novas cousas e a nova xente.

    ResponderEliminar