Mostrando entradas con la etiqueta ecoloxía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ecoloxía. Mostrar todas las entradas

miércoles, 29 de noviembre de 2023

PRODUCTOS DE PROXIMIDADE E ECOLÓXICOS PARA APRENDER A APRENDER

Este cursos escolar formamos parte da campaña “Come Local”  da  Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) e xestionada por  Slow Food Compostela. A través dela, comedores escolares de varios centros educativos poderán acceder  a produtos galegos con certificado de calidade: DOP, IXP e Ecolóxicos de proximidade. A mesma,  inclúe formación e asesoramento tanto para o persoal de cociña como para os equipos directivos e ademais, obradoiros para o alumnado. Neste caso, o alumnado do 3º ciclo da Ed. Primaria veu a importancia da biodiversidade agrícola e o papel que xogan os produtos certificados á hora de conservala, así coma a importancia de comer de xeito local.

Toda unha actividade de valoración do medio natural que ven acompañada de materiais explicativos das  froitas e verduras que temos en cada tempada en Galicia para o comedor.


Imaxe do obradoiro realizado co alumnado do 3º ciclo da Ed. Primaria

martes, 19 de septiembre de 2023

OBRADOIROS MICÓFILOS: ECOLOXÍA E SENSIBILIZACIÓN

O martes 19 de setembro de 2023 o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria participarán nun obradoiro didáctico ambiental co obxectivo de coñecer e sensibilizarse sobor a importancia ecolóxica e ecosistémica dos fundos nos nosos bosques. Esta actividade vén da man de Aula Ambiental Ulla+23, financiada pola Deputación da Coruña, coa proposta desta Aula de Outono. 




jueves, 1 de junio de 2023

LIMPIEZA PRAIA SANTA CRUZ (OLEIROS) CON WE-SUSTAINABILITY

O mércores 31 de maio de 2023 todo o alumnado de Educación Primaria do CPI Virxe da Cela acudiu á praia de Santa Cruz, no concello de Oleiros, para levar a cabo unha limpeza da man da asociación WeSustainability. Cando chegamos, os colaboradores da asociación explicáronnos o tipo de lixo que nos podíamos atopar, a diferenza entre as algas e os plásticos degradados, como liberar as algas do sedal de pesca e como actuar se nos atopábamos con algún  obxecto perigoso. Durante a limpeza atopamos: toallitas hixiénicas, bastoncillos de oído, cartuchos de escopeta, caixas de pitillos, cabichas, moitísimo sedal, tampóns, unha navalla, pequenos anacos de cristal, un frisbie... Un total de 11,77Kg de lixo! 

Esta foi a nosa pequena aportación para conmemorar o 8X e concienciarnos sobre a limpeza e coidado dos océanos.

jueves, 26 de marzo de 2020

O ANO QUE A TERRA OBRIGOU AO MUNDO A DETERSE...



        El autor denuncia en su texto el maltrato, la contaminación y la sobrexplotación de la naturaleza y sus recursos. Toda esta idea la enlaza con la cuarentena provocada por el COVID-19, que suele ser un tema bastante tratado en las redes sociales durante estos días. Finalmente , se crea una “hipótesis” que defiende que la propia naturaleza se ha defendido durante este año con la aparición del coronavirus, puesto que durante estos días de confinamiento la contaminación y la explotación forestal se han reducido sustancialmente. 
      En mi opinión creo que es muy grave que para lograr una reducción porcentual con un mínimo de peso de estos problemas, como la contaminación o como muchos otros, tenga que haber una pandemia de este calibre. Sinceramente pienso que si todos pusiéramos de nuestra parte y las leyes en cuanto a la contaminación fuesen más estrictas (tanto para ciudadanos como para empresas) se lograrían unos porcentajes mucho más saludables para el bienestar del planeta (y sin estar confinados). De todos modos esta es tan solo mi conclusión y puedo estar equivocado o no.  Hugo Lucía Romero 3º ESO



     Neste texto fala da natureza e menciona que estamos encerrados polo coronavirus. E isto e algo bo, xa que ao estar encerrados saímos menos á rúa, o cal significa que utilizamos menos o coche e o transporte público, o cales producen CO2 . Tamén mencionan que as árbores deixanse de talar, e que os animais volven  habitar en paz. E ao final di que este ano a Terra solita obligou ao mundo  a detenerse...
  Eu estou de acordo, xa que vin nas noticias que China, por exemplo, reduciu un 20% a contaminación no aire. Entón ao melor o coronavirus é perxudicial para as persoas, pero para o medio ambiente non, xa que ao estar illados na casa non contaminamos tanto. O cal é bo para a natureza. Matías Cal Eke  2º ESO


     Estoy de acuerdo con lo que dice la imagen. Aunque los humanos estemos parados, la naturaleza sigue su curso con total normalidad, aunque las personas no podamos salir de nuestras casas, los animales pueden seguir correteando por los bosques y praderas, aunque la gente estemos enfermando, la Tierra parece tener la salud de siempre, ¿o quizás no…? Los coches han dejado de circular, las fábricas están parando de producir, los humanos dejaron de ensuciar el ambiente. Parece ser que este virus que impide respirar a los humanos, hace que por fin la tierra pueda respirar a gusto, que paradójico verdad… Daniel Pena Bonome 3º ESO

jueves, 21 de marzo de 2019

FRIDAYS FOR FUTURE




    Este movemento o comezou a moza activista sueca Greta Thunberg, de 15 anos, que fai meses emprendeu a súa cruzada persoal contra este problema mediambiental manifestándose cada venres ante o parlamento do seu país e levando logo a súa protesta ás Nacións Unidas durante a COP24, a conferencia de Katowice, gravando unha mensaxe nas redes sociais explicando que “o cambio climático é un asunto moi importante e ninguén está facendo nada”. Chamou á mocidade de todo o mundo a unirse á súa causa: “nunca eres demasiado insignificante para marcar a diferenza, e si soamente algúns nenos/as con capaces de acaparar titulares en todo o mundo polo feito de non ir á escola, imaxinemos o que poderíamos conseguir si realmente quixéramos”. 
    O pasado 15 de marzo máis de 100.000 mozos e mozas no mundo fixeron unha folga manifestándose para esixir aos gobernos que actúen contra o cambio climático e concienciando á cidadania mundial sobre a situación límite que vive o noso planeta debido á polución, a subida extrema de temperaturas, ao desxeo ou á desaparición de especies.


jueves, 24 de enero de 2019

DEFENDEMOS A EDUCACIÓN, SOSTEMOS O MUNDO

Preparados para a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) 2019?. Este ano baixo o lema "Defendemos a educación, sostemos o mundo" celebrarase do 1 ao 7 de abril destacando o papel fundamental da educación na loita contra a degradación medioambiental e a transformación cara un modelo social e medioambiental sostible. O futuro do noso Planeta depende de que seamos capaces de transformar o noso modelo económico e os sistemas de produción e consumo. A educación pode salvar o Planeta. Por iso é necesario formar a unha cidadanía consciente das causas e consecuencias do cambio climático e outros problemas medioambientais, e dotala de coñecementos, competencias e actitudes necesarios para buscar solucións, cambiar os seus patróns de consumo e transformar a sociedade.

Preme nesta imaxe e visita a páxina web SAME 2019




viernes, 6 de noviembre de 2015

NON BOTES O LIXO NO MAR

Incluímos o vídeo Non botes o lixo no mar no que colaboraron máis de 150 rapaces e rapazas para dar a coñecer e previr o grave prexuízo que causan os residuos no medio mariño:

jueves, 28 de febrero de 2013

COMPROMISO CO MEDIOAMBIENTE



O pasado luns 25 de febreiro de 2013 recibimos a visita de dous axentes do SEPRONA, que trataron de concienciar ao alumnado de 3º e 4º da ESO e de PCPI da nosa responsabilidade como cidadáns para coidar a nosa contorna para preservar o ecosistema e así entre todos salvar ao planeta Terra, a nosa casa. O noso planeta é rico en recursos, e o ser humano fai uso deles. Moitas veces este uso é indiscriminado dos recursos naturais, causando moitos danos aos ecosistemas, e provocando o deterioro do mesmo. O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) é a unidade da Garda Civil de España encargada da conservación da Natureza e dos recursos hidráulicos, así como da riqueza cinexetica, piscícola, forestal e de calquera outra índole relacionada coa Natureza. Os dous axentes explicaron detalladamente cada unha destas facetas, repartiron variados consellos ao alumnado para facer unha boa actuación e incluso para ser conscientes das ameazas á natureza e poder alertar ao corpo do SEPRONA para que actúe inmediatamente e poder así evitar danos e catástrofes.