Mostrando entradas con la etiqueta SAME 2022. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SAME 2022. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de junio de 2022

ALUMNADO DE SECUNDARIA VISITA O PARLAMENTO DE GALICIA

 O Parlamento de Galicia  (Santiago de Compostela) acolleu hoxe, martes 7 de xuño de 2022, a un centenar de alumnos/as de distintos centros educativos galegos, entre eles, o CPI Plurilingüe Virxe da Cela, nun acto que serveu de encontro entre o mundo educativo e o mundo político, encadrado dentro da CME (Campaña Mundial pola Educación). Os escolares galegos tiveron a oportunidade para expresar inquietudes, reflexións e propostas. Damián García Ramos foi o voceiro do noso centro educativa, quen con grandes dotes de oratoria puxo en coñecemento dos representantes das diferentes forzas políticas unha serie de demandas de cara á mellora e impulso da educación no rural. O discurso de Damián susténtase nun traballo en equipo realizado previamente polo alumnado de 4º da ESO do CPI Virxe da Cela, analizando os puntos fortes e débiles do noso centro e buscando solucións que incidan na construción colectiva dunha educación de calidade e unha igualdade de oportunidades para todos e todas. 

 Aquí podedes ver a intervención de Damián 










Texto Cpi Virxedacela Para Parlamento Galego by veracruces on Scribd

viernes, 27 de mayo de 2022

OBRADOIRO DE PREPARACIÓN PARA A SAÍDA AO PARLAMENTO GALEGO

 O martes 7 de xuño de 2022 un grupo de alumnos/as de 4º da ESO, acompañados por dúas docentes, visitarán o Parlamento Galego e terán a oportunidade de falar cos representantes políticos para presentar unha serie de peticións en torno a unha educación de calidade. Para isto precísase unha preparación, así que o venres 27 de maio de 2022 tivemos no noso centro a Laura  (EDUCO), que a través de diferentes dinámicas traballou co alumnado. 





viernes, 11 de marzo de 2022

CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN 2022

   Un ano máis chega a SAME: Semana de Acción Mundial pola Educación, sabes o que é? Soaralle a algún ou algunha compañeiro/a, outros de vós nunca oiriades falar dela, pero, acougade! o importante é que vos animamos a serdes parte deste movemento polo dereito a unha educación de calidade

       Ano tras ano, a Campaña Munidal pola Educación céntrase na loita polo dereito á educación de calidade para todos e todas. No curso pasado (2020-2021), a través dos materiais e traballo na campaña "Mil Millóns de Voces", centrámonos en escoitar as experiencias e emocións provocadas pola COVID-19, sobre todo no alumnado.

      Neste curso, tendo en conta os enormes desafíos e o seu rol central como motor de desenvolvemento sostible, queremos poñer o foco na figura docente. Queremos escoitar como foi este período para eles e elas, impartindo o ensino no contexto de emerxencia que supuxo a pandemia, e a través de varias dinámicas, guiar o alumnado para mostrarlles o papel excepcional que desempeñaron os seus profesores e profesoras, non só nos últimos meses, senón tendo unha mirada máis ampla no seu rol fundamental de conseguir facer realidade o dereito á educación de calidade para todos e todas.

ESO + intro by Yolanda Castro López on Scribd