O Parlamento de Galicia (Santiago de Compostela) acolleu hoxe, martes 7 de xuño de 2022, a un centenar de alumnos/as de distintos centros educativos galegos, entre eles, o CPI Plurilingüe Virxe da Cela, nun acto que serveu de encontro entre o mundo educativo e o mundo político, encadrado dentro da CME (Campaña Mundial pola Educación). Os escolares galegos tiveron a oportunidade para expresar inquietudes, reflexións e propostas. Damián García Ramos foi o voceiro do noso centro educativa, quen con grandes dotes de oratoria puxo en coñecemento dos representantes das diferentes forzas políticas unha serie de demandas de cara á mellora e impulso da educación no rural. O discurso de Damián susténtase nun traballo en equipo realizado previamente polo alumnado de 4º da ESO do CPI Virxe da Cela, analizando os puntos fortes e débiles do noso centro e buscando solucións que incidan na construción colectiva dunha educación de calidade e unha igualdade de oportunidades para todos e todas.
Aquí podedes ver a intervención de Damián
Texto Cpi Virxedacela Para Parlamento Galego by veracruces on Scribd
No hay comentarios:
Publicar un comentario