Mostrando entradas con la etiqueta Semana de Acción Mundial pola Educación 2025. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Semana de Acción Mundial pola Educación 2025. Mostrar todas las entradas

jueves, 24 de abril de 2025

CELEBRACIÓN DA SAME 2025 NO CPI VIRXE DA CELA

Un ano máis o noso centro participa na Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME). Este ano, na SAME 2025, baixo o lema «Defende a Educación, apaga a Emerxencia» en España a campaña ten o foco na Educación en Emerxencia, que vaia máis aló da mellora do acceso á educación das nenas, novas e mulleres, nunha educación enfocada en equipar e capacitar a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias, comunidades e responsables políticos) para ser capaces de examinar, cuestionar e cambiar as construcións sociais e culturais que manteñen os privilexios do xénero masculino fronte ás nenas, novas, as mulleres e outras identidades de xénero ata o de agora moi invisibilizadas.

No corredor da planta baixa do edificio de secundaria hai un panel expositivo que ilustra esta campaña. Neste mesmo espazo está colgado o discurso que un grupo de alumnos/as de 1º da ESO levará ao Parlamento Galego no acto que terá lugar o vindeiro martes 29 de abril de 2025.

Proposta para unha actividade conxunta: Deixarase na sala do profesorado unha plantilla coa silueta dunha linterna, obxecto que simboliza a Educación en Emerxencia  (SAME 2025), para que poda ser fotocopiado e distribuído entre os alumnos/as das diferentes clases de EI, EP, ESO, e así cada quen faga por grupo ou de maneira individual a súa personalización do obxecto (pintar, decorar, escribir mensaxes, etc) e engadir ao panel expositivo da SAME 2025. 










viernes, 21 de marzo de 2025

DEFENDE A EDUCACIÓN, APAGA A EMERXENCIA

Un ano máis o CPI Virxe da Cela únese á Campaña Mundial pola Educación (CME). A Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) é unha semana onde máis de 124 países que traballamos para garantir o ODS 4 mobilizámonos para chamar a atención da comunidade educativa, os medios de comunicación, a sociedade en xeral e especialmente, a dos representantes políticos, sobre a necesidade de facer real e efectivo o dereito a unha educación de calidade para todas as persoas no mundo, enmarcado na Axenda 2030.

Este ano, a SAME 2025 pon como foco principal a EDUCACIÓN EN EMERXENCIAS, baixo o lema "Defende a Educación, apaga a Emerxencia". Na actualidade, máis de 75 millóns de nenas e nenos en todo o mundo viron interrompida a súa educación debido a conflitos, desastres naturais e outras crises humanitarias. Estas emerxencias non só privan á infancia do seu dereito para aprender, senón que tamén poñen en risco o seu futuro e o desenvolvemento das súas comunidades. Con todo, a educación non é só un dereito fundamental; é unha ferramenta de cambio:

– Protexe aos nenos e nenas en contextos de crises, ofrecéndolles estabilidade e seguridade.

- Rompe ciclos de pobreza, abrindo oportunidades para un futuro máis xusto e equitativo.

-Constrúe sociedades máis pacíficas e resilientes, promovendo a igualdade e o respecto mútuo.