Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2023/2024. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2023/2024. Mostrar todas las entradas

viernes, 12 de enero de 2024

PEGADA ECOLÓXICA: RESPONSABILIDADE PERSOAL E SOCIAL

 

A emerxencia climática é probablemente un dos maiores retos ao que nos temos que enfrontar. Xa estamos a comprobar como se están a cumprir os peores escenarios previstos hai tempo por investigadores e expertos. En xaneiro de 2020 o goberno declarou a emerxencia climática e ambiental, en resposta ó consenso da comunidade científica, a cal reclama accións urxentes para salvagardar o medio ambiente. Pese a isto, a sensación é que a cidadanía continúa allea a este problema e non estamos a mudar nin os nosos hábitos e moito menos os nosos comportamentos.

Coa participación do alumnado de 5º e 6º curso da Ed. Primaria no programa “Para unha Transición Ecolóxica”, desenvolvido polo CEIDA co apoio da Deputación da Coruña, pretendemos sensibilizar sobre o futuro que nos agarda de non combater a emerxencia climática, e concienciar dende os centros escolares; posto que a comunidade escolar non está formada só por nenas e nenos, senón tamén por pais, profesorado, persoal non docente, etc. Isto ofrece a oportunidade de converterse en laboratorios de posta en marcha de novas medidas de sustentabilidade e cooperación.

Imaxe do desenvolvemento do primeiro dos obradoiros co alumnado de 5º curso da Ed. Primaria

Son dous obradoiros onde, no primeiro  contaremos cunha sinxela e amena exposición, as causas e consecuencias do cambio climático, as súas evidencias en Galicia, adquirir conciencia do noso impacto persoal e como podemos adaptarnos ou tentar mitigar os seus efectos.

No segundo trataremos a pegada ecolóxica, onde cada un/unha da nosa rapazada calculará a súa pegada mediante un sinxelo test recollendo datos da vida cotiá.  Cos resultados debateremos para que cada persoa poña en valor  a importancia de minimizala.

miércoles, 13 de diciembre de 2023

MERCADILLO SOLIDARIO DE NADAL


 Outro ano máis e por tercer curso consecutivo, buscamos que o noso alumnado se implique, aplicando a metodoloxía Aprendizaxe e Servizo, coa protección, coidado e respecto dos animais.

Este curso, a beneficiaria do noso mercadillo solidario de Nadal foi a protectora APADAN. Tal e como se fixo en cursos pasados, as familias e o persoal docente que así o desexe, onde puideron comprar por un simbólico prezo, un agasallo feito polo noso alumnado. O importe total recadado superou con creces as nosas expectativas! Case 850€! Moitas grazas familias!











Imaxes dos agasallos elaborados e do mercadillo. 





miércoles, 13 de septiembre de 2023

ENCONTRO- SEMINARIO SOBRE A EDUCACIÓN NO RURAL

 Xa estamos nun novo curso e que mellor c
unha xuntaza!!!!

Este sábado, 16 de setembro acolleremos no centro unha nova xornada dos Encontros-seminarios sobre a educación no medio rural organizados pola Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural

Será un encontro distendido no que falar e debater dunha realidade con identidade propia pero ao mesmo tempo, diversa pola súa gran variedade.

Estades convidado/as*!!!! 

*Para participar presencialmente ou por videochamada chega con remitir un correo a regaeder@gmail.com