Mostrando entradas con la etiqueta Programa Educación Social na Escola. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Programa Educación Social na Escola. Mostrar todas las entradas

jueves, 8 de mayo de 2025

APRENDE XOGANDO SOBRE A EDUCACIÓN EN EMERXENCIAS

Escoitaches falar algunha vez do concepto "educación en emerxencias"? Pois se queres "defender a educación e apagar as emerxencias", lema da Campaña Mundial da Educación neste ano 2025, lanza os dados e irás descubrindo cos teus compañeiros/as as claves. Non é unha competición, se xogamos en equipo, acadaremos o noso obxectivo: unha educación de calidade.


https://view.genially.com/680ddb16912e790ca850bc36/interactive-content-xogo-same-2025


miércoles, 20 de noviembre de 2024

Na procura da accesibilidade: obradoiros na ESO e no 3º ciclo da Ed. Primaria

Hoxe contamos cos obradoiros  sobre accesibilidade para o alumnado dea ESO e do 3º ciclo da Ed. Primaria.

Están organizados desde o programa de Educación social na escola (Asociación EuroEume) e con eles queremos achegar á rapazada a importancia da accesibilidade na nosa contorna, para que todas as persoas poidan moverse con total autonomía pola comunidade. 

Tamén, sensibilizar e dar a coñecer o termo de accesibilidade e os seus diferentes clasificacións, así como aprender a identificar elementos que axudan á mobilidade de forma accesible, na súa propia contorna. 

Neste caso, destacamos a importancia dá accesibilidade cognitiva, en concreto a sinalización a través de pictogramas, xa que é o elemento que imos implementar no centro educativo para facelo un pouco máis accesible. 

O obxectivo principal, é concienciar a importancia de crear espazos inclusivos e accesibles, onde todas as persoas poidan participar de forma activa e independente na comunidade.




Imaxes autoeditadas do desenvolvemento dos obradoiros.

viernes, 15 de noviembre de 2024

Obradoiros sobre accesibilidade: por unha escola sen barreiras

Con estes obradoiros, organizados desde o programa de Educación social na escola (Asociación EuroEume) queremos achegar á rapazada a importancia da accesibilidade na nosa contorna, para que todas as persoas poidan moverse con total autonomía pola comunidade. Sensibilizar e dar a coñecer o termo de accesibilidade e os seus diferentes clasificacións, así como aprender a identificar elementos que axudan á mobilidade de forma accesible, na súa propia contorna.

Neste caso, destacamos a importancia dá accesibilidade cognitiva, en concreto a sinalización a través de pictogramas, xa que é o elemento que imos implementar no centro educativo para facelo un pouco máis accesible.

O obxectivo principal, é concienciar a importancia de crear espazos inclusivos e accesibles, onde todas as persoas poidan participar de forma activa e independente na comunidade.

Así, hoxe contamos cos obradoiros destinados a Ed. Infantil e ao 1º ciclo da Ed. Primaria.

Imaxe identificativa dos diferentes obradoiros deseñados.




miércoles, 9 de octubre de 2024

COIDÁNDO-NOS: CONSELLO ESCOLAR DA INFANCIA


Co gallo do 2 de outubro, Día Internacional da Educación Social, non se nos ocorre mellor forma que celebralo cunhas imaxes deste comezo de curso, cheo de ganas, ilusión, traballo e moita educación social en tódolos espazos, tamén nas escolas e na nosa Biblioteca.

Este é o lema co que comezamos a nova andaina do Consello Escolar da Infancia da man da asociación Euroeume. 

Tratase de entender a educación social como unha forza capaz de transformar o mundo, ou, polo menos, deixalo mellor que como nos vén dado. Un camiño cara a utopía, cheo de soños, aprendizaxes, decostrucións, persistencia, coidados...

Este  proxecto de Euroeume desenvolvese a a través do Programa Coidando – nós no que está enmarcado-.

Nel, o alumnado é escoitado para acadar o que se  propoñan, sendo elas e eles mesmos conscientes da súa importancia como axentes principais e activos na participación e implicación nos procesos sociais, e, concretamente nesta actividade, para a mellora dos centros educativos. Nesta ocasión, comezamos a traballar para contar cunha boa saúde emocional no conxunto da comunidade.

Imaxe autoeditada da primeira actividade do curso escolar.

Así,  esta nova andaina, comezou no noso centro e continúa a súa senda no CEIP Plurilingüe de Andrade e no CEIP Plurilingüe Eladia Mariño, en Cabanas.

Estamos no camiño, traballando desde a educación social para continuar transformando o mundo!!! “Educación Social: Unha profesión de Dereitos Humáns”.

                        Imaxe autoeditada dentro da actividade dos e das participantes e das educadoras de EuroEume.

 

martes, 1 de octubre de 2024

Educación social na escola: Asociación Euroeume

Coa finalidade de contribuír á creación dunha nova cultura escolar que atenda aos fenómenos sociais presentes na nosa sociedade cambiante, e responda a novos escenarios de intervención escolar nace esta iniciativa en colaboración con Euroeume

Favorecendo que as nenas e os nenos cheguen a ser persoas activas, responsables, e respectuosas co mundo no que viven. E poidan transformalo, dacordo con principios éticos e sostibles.

Para o cal desenvolvemos distintos proxectos:

  • Hortos e Composteiros: a nosa proposta céntrase na posibilidade de impulsar a transformación dos residuos orgánicos xerados no centro en compós que, posteriormente, se utilizará como abono no horto escolar, para favorecer o bo funcionamento do ecosistema da horta. Dando a coñecer as técnicas propias da agricultura ecolóxica, sabendo escoller os cultivos e as rotacións que mellor se adapten ao tipo de solo e ao clima do noso entorno.

  • Proxecto Ríos: desenvolvemos este proxecto coa intención de coñecer mellor os ecosistemas acuáticos e promover comportamentos que redunden na súa conservación, así como, o achegamento e a vinculación da poboación co contorno fluvial.

  • Enraizadas: o sentido deste programa é a visibilización das mulleres no sector primario da comarca e difusión dos valores do ecofeminismo. Incidindo nun cambio de mentalidade no que os traballos reprodutivos, e as persoas que os sustentan, se convertan en referentes. Contribuíndo ao desenvolvemento rural, a soberanía alimentar e o consumo consciente. A través de tres sesións traballamos sobre as referentes da infancia,  as historias de vida de distintas mulleres rurais da nosa comarca, e finalizamos cunha entrevista de radio ás mesmas.

  • Coidando-nós: A través do desenvolvemento dos Consellos Escolares da Infancia, cunha metodoloxía de traballo vivencial, buscamos favorecer o exercicio dunha cidadanía crítica e comprometida. Desenvolvendo ferramentas que fomenten o diálogo e a convivencia positiva, cun rol activo ante os posibles problemas de convivencia, así como a transformación pacífica dos conflitos. Iniciamos ademais da man de Andrea Bechlian, especialista en disciplina positiva,  un programa integral de sensibilización a toda a comunidade educativa, formación do alumnado, e creación un equipo mediador axudante.