Mostrando entradas con la etiqueta educación para o desenvolvemento. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta educación para o desenvolvemento. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de junio de 2025

Radio cun sorriso: Cidadáns do mundo!!! Ningunha guerra é allea!!!

Esta experiencia radiofónica pretende que o alumnado entenda as causas e as consecuencias dos conflitos bélicos inciden en todas as sociedades. Concretamente o desenvolvemento do obxectivo 16 dentro dos ODS: “Promover sociedades xustas, pacíficas e inclusivas”

Na primeira sesión compartimos diferentes temas de interese para decidir a que temática que iamos tratar no programa de radio. O alumnado do 6º curso da Ed. Primaria do CPI Virxe da Cela decidiu investigar sobre os conflitos bélicos. Dentro desta investigación propuxeron unha persoa coñecedora desta temática para entrevistala. Neste caso entrevistaron a  Omenuke Mfulu, xogador do Deportivo, quen desenvolve un proxecto deportivo no Congo para rapazada en situacións de risco polos conflitos bélicos desta área xeográfica.

Posteriormente a esta entrevista propuxeron unha acción e en colaboración co centro educativo conseguiron unha achega económica en apoio á escola de novos talentos do fútbol en Kinshasa.

(LUCES)

Que situacións actuais no noso arredor nos preocupan?

Esta pregunta foi o primeiro achegamento á experiencia radiofónica deste curso. O alumnado respondeu persoalmente mediante unha chuvia de ideas marcadas  con etiquetas nunha cartolina. Unha vez lidas todas cada quen defendeu a súa achega. Á elección deste tema axudou a publicación na prensa da necesidade de contar cun kit de supervivencia recomendado por parte das autoridades da UE e que impresionou fondamente aos rapaces e rapazas, os cales vivírono como unha especie de ameaza de guerra próxima que nos afectara directamente.

Decidida temática a tratar informámonos sobre cales son as principais causas de conflitos bélicos ao longo da historia, cales son as guerras actuais, incluso as que están tan enquistadas que non aparecen nos noticiarios, e as súas consecuencias na poboación civil. Para iso tomamos datos de internet en diferentes páxinas:

https://www.semfyc.es/actualidad/a-fecha-de-hoy-existen-56-guerras-activas

https://www.sabuco.com/historia/causasguerras.pdf

                                                          Imaxe de procesos de selección do tema de investigación.

(CÁMARA)

Hai xustificacións para os conflitos armados?

Día a día aparecen nos medios de comunicación a situación bélica entre Rusia e Ucrania, así como a desenvolvida en Gaza. O alumnado tentou achegarse aos motivos que as provocaron.

Entre a clase chegamos á conclusión de que os conflitos bélicos se producen por  diferentes causas: invasión do territorio na loita polos recursos da terra, por diferencias étnicas, por ideoloxías contrapostas...

En xeral houbo unanimidade en que as diferentes sociedades civís son as que sofren as consecuencias destes conflitos con pobreza, fame, desprazamentos non desexados... e non atoparon  xustificación para que a poboación civil i en especial a infancia vexa conculcado o seu dereito a vivir en paz.

Tamén xurdiu unha discusión sobre se os artistas deben ou non manifestarse en contra das guerras dando a entender algúns que iso era meterse en “política”. A conclusión final foi que ao marxe das distintas ideoloxías, manifestarse contra as guerras e a favor dos pobos que as sofren non só é desexable senón que tamén é ético.

(ACCIÓN)

Buscamos a Mfulu que nos achegue o seu proxecto

Sensibilizado o alumnado co tema, contactamos con Mfulu, xogador do Deportivo da Coruña para que nos falara da situación da guerra do Congo e de como inflúe na vida cotiá da cidadanía congoleña.

O alumnado de sexto visitouno na Cidade Deportiva de Abegondo para facerlle unha entrevista na que nos falou da situación dun conflito vixente aínda hoxe.

Fomos coñecedores de que, aínda que el non viviu nese país, senón que pasou a súa infancia en Francia, está sensibilizado coa situación do país das súas orixes e creou unha escola de fútbol en Kinshasa. Unha maneira de facer do deporte unha ferramenta de desenvolvemento persoal e de fomento de paz.

A partir desta entrevista 50 nenos e nenas acudiron o pasado 1 de xuño ao partido do Depor a gozar dun “enfrontamento”  pacífico entre dous clubes decidindo apoiar a escola de Mfulu cunha aportación económica equivalente ao que custou o desprazamento dende Monfero á Coruña nun xesto de abrazar aos “nenos e nenas da guerra”.

Imaxe autoeditada da entrevista a

Mfulu nas instalacións do Deportivo da Coruña.

O resultado deste traballo o tempos neste potcast: https://go.ivoox.com/sq/2668036

Grazas a Agareso e en especial a Rocio por acompañarnos e ensinarnos neste apaixonante aprendizaxe!!!

Imaxe de grupo ao final da entrevista. 

 



Ao tempo, xa temos a nosa experiencia no Mapa de experiencias para a cidadanía global.

Cénit

                                              Imaxe do mapa do Cenit onde se recolle a micro-experiencia.


jueves, 8 de mayo de 2025

Radio cun sorriso: entrevista a Omenuke Mfulu do Deportivo da Coruña

Hoxe  fixemos unha visita moi especial. 

O alumnado de 4º e 6º da Ed. Primaria estivo nas instalacións deportivas do Deportivo da Coruña para realizar unha entrevista a Omenuke Mfulu. Estivemos acompañados de Rocio, a nosa mellor guía no camiñar da radio da man de Agareso.

Del, ademais de destacar a súa faceta como xogador interesámonos pola súa vertente máis solidaria. Concretamente, pola academia para novos talentos do mundo do fútbol, a Nuke Mfulu Camp que creou en Kinshasa.

Nesta iniciativa solidaria o Deportivo tamén pon o seu granito de area, dotando á academia de camisetas de adestramento e de encontros oficiais.

Ademais, aprendemos algo máis de realidade da República Democrática do Congo, estado africano de grandes contrastes, onde se entrelaza desenvolvemento e modernidade cun conflito endémico que trastorna a vida da poboación da súa rexión oriental.

Pero tamén, coñecemos a súa cultura e a súa gran biodiversidade, que inclúe a segunda selva tropical máis grande do mundo.

Esta experiencia foi sobre todo enriquecedora e inesquecible. Saúdos e firmas das camisetas por parte dos xogadores do primeiro equipo acompañaron esta entrevista.

Moitísimas grazas!!!!!

Imaxe de grupo tras a visita.

martes, 4 de febrero de 2025

AHORA MÁS QUE NUNCA, CIUDADANÍA GLOBAL

A directora do CPI Plurilingüe Virxe da Cela e unha docente deste centro educativo participarán no evento  “Ahora más que nunca, ciudadanía global. De la teoría a la práctica: cómo implementar la Educación para la Ciudadanía Global y el Desarrollo Sostenible en la educación formal”, que terá lugar o xoves 6 de febrero de 2025, de 09:30h a 14:30h no .Impact Hub Madrid 

Este evento está organizado polo Movimiento 4.7 e conta coa colaboración de Cooperación Española. A través dunha mesa para o diálogo, de dinámicas de grupos e dun plenario, abordarase o reto de establecer liñas para unha implementación efectiva da Cidadanía Global e do Desenvolvemento Sostible nos espazos de educación formal. 



Agenda Evento Movimiento 4.7 by veracruces









Conclusiones de La Mesa Dia... by veracruces

<

Sintesis y Conclusiones de ... by veracruces

Nota de prensa recollida na web do Ayuntamiento de Madrid:



lunes, 20 de enero de 2025

OBRADOIRO "RADIO CUN SORRISO"

 OBRADOIRO “RADIO CUN SORRISO”




En colaboración coa ONG Agareso (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social) bota a andar o obradoiro "Radio cun sorriso". Esta iniciativa pretende traballar na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) e o benestar empegando a radio como unha ferramenta de aprendizaxe e cambio social a través de micro-experiencias.

As temáticas estarán enfocadas cara ao tratamento dos ODS desde a análise e posta en valor da realidade contextual para despois enfocala cara á globalidade e contando con referentes significativos desta (familias, entidades, asociacións,...) que nos acheguen a propostas de desenvolvemento endóxeno sustentable. 
                                 
Unha imaxe na que se mostra debuxar, Arte infantil, Produto de papel, papel

Descrición xerada automaticamente                                 Unha imaxe na que se mostra texto, Nota adhesiva, debuxar, deseño gráfico

Descrición xerada automaticamente      

Unha imaxe na que se mostra texto, debuxar, esbozo, Imprimir

Descrición xerada automaticamente




 


martes, 10 de diciembre de 2024

O GLOBO: SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA. FORMACIÓN DO PROFESORADO

Solidariedade Internacional de Galicia ten en marcha o proxecto O Globo, unha ferramenta pedagóxica que visibiliza e fomenta a participación social e que ten o fin último de formar nos coñecementos, habilidades e valores necesarios para exercer a cidadanía mundial e o desenvolvemento sostible.

O Globo xira en torno a “microexperiencias de transformación social”. Trátase de iniciativas socioeducativas que se organizan segundo a tríada: luces (investigar), cámara (analizar criticamente) e acción (actuar), que pretenden contribuír a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), a través das diferentes temáticas que se poden traballar.

Para traballar baixo esta metodoloxía cos centros educativos a través do profesorado, contamos cunha formación para que esta metodoloxía pode ser utilizada nas aulas como estratexia didáctica.  Este curso realizamos a III edición desta formación para continuar aplicando esta metodoloxía nas aulas. Neste caso a través da radio escolar (Radio cun sorriso). 

Comentarche que ademais, O GLOBO realiza un encontro anual onde os centros de ensino, as ONG e outros colectivos sociais nos xuntamos e intercambiamos aprendizaxes, reflexionamos e construímos cidadanía global. 


Cartel da actividade formativa deste curso escolar.



sábado, 7 de marzo de 2020

O CPIP VIRXE DA CELA NA PRESENTACIÓN DUN LIBRO DE EPD



O noso centro foi convidado á presentación na librería Berberiana de Coruña do libro "Educación para el Desarrollo y la Ciudadanía Global. Una experiencia de investigación-acción participativa", publicación que por fin ve a luz despois dun longo proceso no que o noso centro foi un elemento clave. Representados na mesa da presentación os tres axentes clave: Ana Lamón (ONG Solidariedade Internacional Galicia), Renée DePalma (Universidade da Coruña, facultade de Ciencias da Educación), e Mª Camino Pereiro (directora do CPIP Virxe da Cela), falaron desta interesante unión e agradeceron as sinerxías para encamiñarnos á construción dun futuro mellor!






miércoles, 15 de octubre de 2014

XORNADAS DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E CIDADANÍA GLOBAL

A Universidade da Coruña organiza as Xornadas de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, que se levarán a cabo o vindeiro 28 de outubro e 6 de novembro de 2014 no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación.

 

martes, 7 de octubre de 2014

EDUCAR PARA A CIDADANÍA GLOBAL

Entre os días 19 e 21 de outubro de 2012 celebráronse no Campus Vida da Universidade de Santigo de Compostela as I Xornadas de Educación para o Desenvolvemento. Baixo o título "Educar para a cidadanía global: experiencias, ferramentas e discursos para o cambio social", a Coordinadora Galega de ONGD (CGONGD), a través da súa Comisión de Educación para o Desenvolvemento, quixo convocar por vez primeira en Galicia a un conxunto senlleiro de expertos e expertas en educación para o desenvolvemento e a cidadanía globla para xerar un espazo de debate e reflexión sobre os actuais desafíos para a promoción dunha cidadanía global comprometida coa solidariedade e o cambio social desde o local. 

Desde o CPI Virxe da Cela queremos dar os nosos máis sinceiros parabéns a José Luís Pastoriza Rozas, autor da publicación que documenta estas xornadas, polo seu grande esforzo e dedicación para que este libro saia á luz. 

Penduramos a publicación en formato PDF, na que poderedes atopar o texto "Educar para a solidariedade no CPI Virxe da Cela: a experiencia de Monferosolidario" (páxinas 19-29).


 

jueves, 18 de octubre de 2012

EDUCAR PARA A CIDADANÍA GLOBAL









"Educar para a cidadanía global: discursos, ferramentas e experiencias para o cambio social" é o eixo que articulou as I Xornadas Galegas de Educación para o Desenvolvemento, que tiveron lugar na Facultade de Matemáticas da USC entre os días 19 e 21 de outubro de 2012. Organizadas pola Universidade de Santiago de Compostela, a Coordinadora Galega de ONG para o desenvolvemento e a ONG Intervida, estas xornadas supuxeron un éxito e un punto de partida, que esperemos den os seus froitos en futuras edicións. Verónica Dopico e Yolanda Castro, coordinadoras do proxecto Monferosolidario, tiveron ocasión de presentar esta proposta de educación en valores que estase a realizar no CPI Virxe da Cela, no marco de experiencias e boas prácticas de educación para a cidadanía global en Galicia, xunto coas propostas do CRA de Ponteceso, o IES Carlos Casares de Viana do Bolo, o IES Campo de San Alberto de Noia, a EPAPU do Centro Penitenciario de Teixeiro, e ESF de Enxeñería Sen Fronteiras da Universidade da Coruña. Ademáis da presentación de estas experiencias de centros educativos, estas xornadas ofreceron un marco teórico, de reflexión e de debate, abordando as temáticas da Aprendizaxe-Servizo, a Educación Popular, o poder da educación para transformar a sociedade, a diganose da educación para a cidadanía global en España, os procesos de Sistematización e Avaliación, etc.