jueves, 18 de octubre de 2012

EDUCAR PARA A CIDADANÍA GLOBAL









"Educar para a cidadanía global: discursos, ferramentas e experiencias para o cambio social" é o eixo que articulou as I Xornadas Galegas de Educación para o Desenvolvemento, que tiveron lugar na Facultade de Matemáticas da USC entre os días 19 e 21 de outubro de 2012. Organizadas pola Universidade de Santiago de Compostela, a Coordinadora Galega de ONG para o desenvolvemento e a ONG Intervida, estas xornadas supuxeron un éxito e un punto de partida, que esperemos den os seus froitos en futuras edicións. Verónica Dopico e Yolanda Castro, coordinadoras do proxecto Monferosolidario, tiveron ocasión de presentar esta proposta de educación en valores que estase a realizar no CPI Virxe da Cela, no marco de experiencias e boas prácticas de educación para a cidadanía global en Galicia, xunto coas propostas do CRA de Ponteceso, o IES Carlos Casares de Viana do Bolo, o IES Campo de San Alberto de Noia, a EPAPU do Centro Penitenciario de Teixeiro, e ESF de Enxeñería Sen Fronteiras da Universidade da Coruña. Ademáis da presentación de estas experiencias de centros educativos, estas xornadas ofreceron un marco teórico, de reflexión e de debate, abordando as temáticas da Aprendizaxe-Servizo, a Educación Popular, o poder da educación para transformar a sociedade, a diganose da educación para a cidadanía global en España, os procesos de Sistematización e Avaliación, etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario