Algunha vez parácheste a pensar que é esto da solidariedade?
Ser solidarios é participar nas diferentes actividades que plantexamos a través de Monferosolidario, pero a acción sen reflexión non ten sentido. Por un momento imos parar, sentarnos tranquilamente e poñer orde aos nosos pensamentos.
-Ten sentido ser solidarios?
-Podemos cambiar o mundo coas nosas pequenas intervencións?
-Poñemos en práctica as nosas aprendizaxes na vida diaria, coa nosa familia, os nosos amigos, etc.
-Que opinas daquela xente que ante as inxusticias non fai máis que virar a cara para outro lado?
Estas e outras preguntas darán pé a unha pequena reflexión, seguramente moi rica e interesante. Esmerádevos nas vosas redaccións, xa que do papel pasarán ás ondas radiofónicas e chegarán aos oídos da poboación a través do programa "A Fenestra Solidaria", de Radio Fene.
SER SOLIDARIOS?
ResponderEliminarSer solidario implica pasar todo o tempo axudando? Ser solidario é axudar aínda que sexa sen ningunha satisfacción persoal? Ser solidario é pensar que estamos axudando? Ser solidario implica poder estar cos teus amigos ou persoas achegadas a ti e axudarlles inconscientemente?
Sendo conscientes podemos ser solidarios e axudar, pero se o facemos inconscientemente significa que o levamos dentro, que nos sae axudar porque somos boas persoas ou que somos solidarios e bos cidadáns. Nunha axuda inconsciente, sabemos que o aprendemos, pero se estamos no proceso de ser solidario, tamén podemos axudar.
Unha vez que somos conscientes de que xa somos solidarios, podemos ensinarlle á xente que vira a cara para outro lado, aos que non queren saber nada dos demais ou a aqueles que simplemente ninguén lles ensinou a selo.
Xuntos podemos conseguilo, pero ben, consciente ou inconscientemente, todos podemos aprender ou ensinar a ser solidarios; non só coa xente que non ten, senón que tamén coa xente que non é de aquí é non sabe costumes, a nosa fala ou non coñece a nosa forma de reaccionar ante outra xente coma eles.
Sofía Pena Freire e Iria Varela Infante, 2º ESO
Ten sentido ser solidarios?
ResponderEliminarIso reflíctese cada vez que alguén perde a esperanza ó vese nunha complicada situación. A cuestión de buscar o “sentido” ou a razón de ser da solidariedade é pensar “que sería do mundo se non houbese o valor da solidariedade?”. A solidariedade é apoiarse os uns aos outros en momentos difíciles, contribuír a causas xustas, atender ás persoas cuxa situación sexa adversa, ben por causas da vida, ben por inxustizas, dificultades económicas ou por desgrazas. Temos que observar cada recuncho do mundo para ver unha mostra de solidariedade, mais o certo é que está presente en moitos lugares. Todos os que nos implicamos minimamente en Monferosolidario durante estes cursos pasados, sobre todo durante o ano académico 2010/2011, lembramos o terremoto de Haití, ó cal se destinaron os cartos recadados no rastro 2009* e a canción “We are the world” ou “Somos el mundo” que practicamos na clase de Música e interpretamos no festival de Nadal. Si que ten sentido ser solidarios, pois TODOS/AS PRECISAMOS DA AXUDA SOLIDARIA DOS NOSOS ACHEGADOS nalgúns momentos da nosa vida, e podemos apreciar e valorar ese feito, amén de non saber SE O DÍA DE MAÑÁ NOS VEREMOS NUNHA SITUACIÓN COMPROMETEDORA E DIFÍCIL, e precisemos desta axuda.
Por tal motivo, reflexionemos sobre dous puntos poñéndonos en situación:
1.«É o día de mañá e atopámonos nunha situación que denominaremos X condicionada por Y factores. Dita situación X presenta serias dificultades para a nosa vida, en calquera ámbito (económico, social … ). No momento en que vemos que pode suceder algo que poida transcender nas nosas vidas, atopamos unha man, amiga ou allea; que nos mostra axuda e representa un halo de luz e esperanza para as nosas vidas. É unha sociedade solidaria que nos axuda considerablemente a nós e a outras persoas, e nós compartimos ese valor e ese sentimento. O mundo segue un bo camiño, mellora.»
2.« No mesmo día, na mesma situación e coas mesmas persoas que actuaban na “escena” anterior, atopámonos cunha sociedade que repudia e rexeita o valor da solidariedade ata os extremos. Hai unhas moi acentuadas diferenzas sociais. »
¡A IMPORTANCIA DA SOLIDARIDADE!
ResponderEliminarA solidariedade é un acto de boa fe no que podemos axudar a xente que o está pasando moi mal ou teñen unha difícil situación económica ou social.
Todos debemos ser solidarios e axudar a xente máis necesitada participando en ONG ou en grupos solidarios como por exemplo MONFEROSOLIDARIO ou outros grupos.
Unha persoa soa non pode cambiar o mundo pero si axudar a cambialo e coa acción de moitas persoas si que o podemos conseguir. O problema é que moita xente mira para outro lado ante as dificultades dos demais e así si que non se pode cambiar o mundo.
A miña reflexión é que hai que axudar, dentro das nosas posibilidades aos que o necesitan e a xente que o pasa mal porque se a nós nos pasase iso seguro que nos gustaría que nos axudasen.
MIGUEL GARCÍA MARTÍN 3 E.S.O
Podemos cambiar o mundo coas nosas pequenas intervencións?
ResponderEliminarA resposta é si. De feito vémolo tódolos días. O mundo móvese e as nosas intervencións xorden, ben de forma particular, ou ben a través do seguimento das accións que desempeñan organizacións como ONG e/ou asociacións. Vemos ou vimos (e seguramente veremos) que pequenos movementos que xorden como unha remota idea, un anhelo, unha inquedanza de alguén; que no momento en que xurdiron fixérono como utopías ou imposibles, progresaron ata repercutir seriamente con declaracións, redacción ou modificación de leis e coa inclusión dos valores ou ideas principais na sociedade a través da difusión e da ensinanza. A globalización contribúe a estes feitos, pois é a simple unión de persoas de diferentes lugares do mundo, con moito ou pouco peso social, máis ou menos influentes, que atopan apoio ás súas ideas e esperanzas, a todos os seus valores propios que se fan comúns para acadar un obxectivo. Se podemos cambiar o mundo xa o vemos, é máis fácil facelo xuntos que por separado, e en datos, podemos analizar a consecución de obxectivos das diferentes ONG que desempeñan a súa acción no noso mundo. Esa consecución de obxectivos vese repercutida en leis e decretos, tales como leis sobre política medioambiental, humana, social … E tamén a axudas que dan os gobernos para os máis necesitados atendendo ós valores que foron inculcados e que aínda están sendo inculcados nunha sociedade da que formamos parte.
Poñemos en práctica as nosas aprendizaxes teóricas sobre a solidariedade no noso entorno familiar e social?
ResponderEliminarPersoalmente, e polo xeral, non poñemos todo o que está na nosa man para a práctica e exercicio das ensinanzas sobre solidariedade no noso entorno. Persoalmente, procuro aconsellar segundo as miñas conviccións, e dou a miña opinión sobre temas diversos, amén de destaca-la importancia das actividades solidarias que se celebran no entorno (na escola) e apoialas colaborando na medida. Tampouco hai que esquecer que non formamos parte dunha ONG e non estamos no campo de acción, traballando voluntariamente atendendo ás necesidades básicas recollidas na Declaración Universal dos Dereitos Humanos; polo que cadaquén axuda na súa medida, sen ter isto que ser unha intrusión na vida persoal de cada un e facendo isto máis viable o proxecto Monferosolidario do que nós formamos parte. Penso que sempre colaboramos na súa medida coas actividades realizadas e botamos unha man cando se precisa.
Que opinas daquela xente que ante as inxustizas non fai máis que virar a cara para outro lado?
ResponderEliminarA miña posición persoal é fixa e inamovible fronte a estes casos.
Primeiro: comprendo que determinadas persoas padezan unha “enfermidade psicolóxica” que lles impida concienciarse debidamente. É normal que non actúen nin lle dean atención e importancia ás inxustizas cometidas. Quedan escusadas as persoas que debido á idade non acadaran un grao de madurez considerable e suficiente para reaccionar ante isto.
Segundo: implacablemente, aquelas persoas con maioría de idade e en pleno uso das súas facultades mentais que amosen a postura mencionada na cuestión, serán obxecto de menosprezo relativo. Para min, estas persoas, pese a idade, estudos, traballo, etc. (Sen observar o nivel de estudos, o traballo, outras circunstancias …) non son maduras mentalmente, e, seguramente baseándose na procura da felicidade, evaden a realidade e céntranse en doadas actividades de lecer (sen ningún problema nesta reflexión co lecer tan necesario nas nosas vidas) que lles causen a mínima molestia e dedícanse a falar sobre as insignificancias do seu mundo de “yupi” (como se di habitual e coloquialmente). Estas persoas, non terán, polo conseguinte, nin conciencia nin consciencia, pois cadaquén (ás veces por fortuna e outras por desgraza) vivirá a realidade que lle toque vivir; e moita xente tentará por tódolos medios cambiar esa realidade, pode que o consiga, pode que non. Neste momento entra en xogo o factor da solidariedade, a axuda solidaria pode facer que esta persoa acade o seu obxectivo, algo que soa non conseguiría. Toda persoa solidaria será, segundo esta reflexión, aquela que acepte a realidade activamente (pois a asunción da realidade pasivamente concorrerá na adopción da postura da cuestión) e que actúe para cambiar esa realidade a mellor, entendendo como mellor o feito de satisfacer as necesidades da sociedade ou responder ós clamores da mesma sobre calquera ámbito que inflúa na mesma.
¿Qué SIGNIFICA SER SOLIDARIO PARA TI?
ResponderEliminarSer solidario para nós significa: axudar a os máis necesitados, sin querer recibir nada a cambio, participar en distintas accións para axudar e mandar diñeiro aos países menos desenvolvidos e máis necesitados, nós participamos coa Fundación Vicente Ferrer, e no colexio facemos distintas actividades solidarias como o rastro solidario, recollemos alimentos para levar a cociña económica de Ferrol e ata algunhas persoas apadriñaron unha nena da India. Estes pequenos detalles como poden cambiar o mundo para moitas personas.
Fagamos unha reflexión, porque facemos estas accións? Ten sentido facelas? Podemos cambiar o mundo con estas pequenas intervencións?
Algúnha xente faino estas accións para sentirse agusto consigo mesmo, e outra faino para axudar a xente, porque quere. Estas accións ten moito sentido facelas porque podemos cambiar o mundo con pequena que sexa a axuda, a axuda con pequena que sexa e importante.
Para mi ser solidario es compartir lo tuyo con los más necesitados para que puedan sobrevivir. No es difícil ser solidario, es tan simple como la ropa que no uses o que no te sirva meterla en un contenedor para los pobres o llevar un poco de comida a la cocina económica, participando en un rastrillo solidario y si no hay nada que quieras comprar en es tan simple como meter un poco de dinero en una caja de donaciones. Además, siendo solidario contribuyes a un mundo mejor, pues todos deberíamos tener las mismas condiciones económicas, no haber gente con mucho dinero, otra intermedia y otra que no tenga ni casa ni alimento. Nosotros tenemos la suerte de vivir en un país “desarrollado” en el que no nos falta nada, pero hay países como Etiopía en los que la gente pasa hambre, no tiene casa y los niños/as no pueden ir a la escuela y tienen que trabajar desde muy pequeños. Pero nosotros aportando nuestro granito de arena podemos hacer que los niños/as puedan ir a la escuela y que estén bien nutridos, simplemente con las acciones anteriores o incluso apadrinando a un niño. Es injusto que ellos/as trabajen todo el día y no les paguen nada mientras que después ese producto fabricado por ellos lo vendan a precios muy altos en las tiendas. Por eso es muy importante que la gente sea solidaria para que no pasen estos problemas.
ResponderEliminarSer solidario es mucho más que aportar algo a los necesitados también te sientes bien por estar realizando una buena acción sin esfuerzo pero que vale mucho. Ellos te lo agradecen y tú te sientes mejor.
Un buen ejemplo de ser solidario es Vicente Ferrer, Frederick Kanouté, etc. Gente con mucho dinero y que lo invierte en crear fundaciones contra la pobreza en el mundo.
Para mí una persona solidaria es una buena persona que piensa en más que en sí misma, también piensa en la gente pobre e intenta aportarles su ayuda y creo que todos deberíamos ser solidario porque es muy fácil serlo y es muy grande al mismo tiempo.
Pablo Medín Roibás 2º E.S.O.
Ser solidario significa axudar ás persoas máis necesitadas cando o necesitan. Ao longo dos anos, a vida destas persoas foi mellorando gracias a iniciativas de xente solidaria como Vicente e Anna Ferrer, Entreculturas, Médicos sen Fronteiras, Save the Children e a ONU. Tamén houbo persoas que protestaron polos dereitos das persoas do seu país, como Mahatma Ghandi ou Nelson Mandela. Isto vai mellorando e, como sigamos así, conseguiremos o noso obxectivo, un mundo igual para todos e todas. Aínda hai xente que non é consciente do daño que fan non axudando ás persoas. Se todos axudáramos, conseguiríamos erradicar a pobreza e as hambrunas moi rápido.
ResponderEliminar