miércoles, 24 de octubre de 2012

A VOZ DE MONFEROSOLIDARIO NAS ONDAS DE RADIO FENE


Grazas, Conchi Ramil, por ofrecernos o teu programa radiofónico "A Fenestra Solidaria" para dar voz a Monferosolidario. Como ben dicías na entrevista, é moi importante difundir experiencias constructivas e positivas, para combatir este momento de pesimismo que nos está a envolver. Esperamos que a nosa próxima visita a Radio Fene sexa sendo acompañados por algúns mozos e mozas do CPI Virxe da Cela, xa que eles son os auténticos protagonistas do proxecto Monferosolidario, e nas súas mans está a posibilidade do cambio. Noraboa polo teu programa, que nunha hora semanal serve como plataforma para colectivos e individuos que pensamos que ese cambio é posible, a través de accións de maior ou menor envergadura. Recordando as túas palabras, xa tomadas de Teresa de Calcuta: "o océano non está completo se falta unha desas gotiñas de auga". Moito ánimo e moita forza para continuar esa labor tan activista, non só a través das palabras difundidas nas ondas radiofónicas, senón co teu esforzo e suor en todos eses proxectos nos que estás colaborando. Esperamos que algún día poidas visitar o noso centro e contar a túa propia experiencia persoal, tan rica e coherente, no eido da solidariedade.
Grazas. Verónica Dopico e Yolanda Castro.


           Programa de radio A fenestra Solidaria

                                                     

2 comentarios:

  1. moitas gracias a vos por axudarme a facer grande o meu programa! O voso traballo tiña que ser máis recoñecido. Vicente Ferrer, Teresa de Calcuta o outras persoas que adicaron a sua vida a facer máis levadeira a de outras persoas, alí onde estén, se sentirán orgullosas de ese equipazo que tedes en Monfero e que dunha forma ou outra estades continuando a sua obra. Si vos pode servir para algo, aquí me tedes! Unha perta!

    ResponderEliminar
  2. Noraboa. Moi bo proxecto e moi bonito o programa. felicidadees

    ResponderEliminar