Mostrando entradas con la etiqueta Horta Escolar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Horta Escolar. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de junio de 2022

HORTO ESCOLAR

Os primeiros froitos de todo o traballo realizado durante este curso académico 2021-2022 en colaboración coa asociación Euroeume empezan a ser visibles, e nunca mellor dito!! Xa temos dispostos nos bancais varias prantas que coidaremos con cariño. Tanto o alumnado de infantil, primaria e secundaria aportaron o seu graniño de area: recibindo obradoiros teóricos e prácticos sobre a xestión de residuos ou a compostaxe, xa que un dos obxectivos fundamentais é sensibilizar e promover un modelo de desenvolvemento sustentable. 











martes, 22 de marzo de 2022

OBRADOIROS HORTA ESCOLAR CON EUROEUME

Durante este curso escolar varios centros da comarca do Eume (No CIFP Fraga do Eume, CEIP de Andrad e Escola Unitaria de Ombre, todos en Pontedeume), estamos a participar nun proxecto de Compostaxe escolar coa asociación Euroeume, enmarcado dentro dos programas de sensibilización e educación ambiental da asociación, que ten como obxectivo promover un modelo de desenvolvemento sustentable baseado nos ODS 2030 da ONU. 

Durante varias sesións, no CIP Virxe da Cela estanse a realizar charlas con todos os cursos para explicar ao alumnado os conceptos básicos da xestión de residuos, especialmente centrada nas vantaxes e procesos da compostaxe, e presentarlles o proxecto de compostaxe e horto escolar que se vai poñer en práctica en no centro ao longo deste curso.






miércoles, 24 de noviembre de 2021

HORTA ESCOLAR: DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE NO CPIP VIRXE DA CELA

     Neste curso escolar temos unha nova ilusión, queremos contar ca nosa horta escolar. Pero, para chegar a ver os seus froitos, temos que coñecer como enfrontarnos a esta emocionante tarefa para que sexa significativa e viable dentro dun modelo de desenvolvemento sustentable (ODS). Así, que mans a tarefa!!!      

      O primeiro paso: dar valor a un modelo produtivo que entrelace a sabedoría tradicional cos avances dos medios actuais dando significatividade ao respecto polo medio natural e a economía circular. Queremos, que as nosas aprendizaxes xeren actitudes que melloren as nosas prácticas e comportamentos no quefacer do día a día. Nesta fermosa aventura non estaremos sen compañía, as nosas familias e persoas especialistas da comunidade e os Concellos nos acompañaran. 

    Para esta primeira parte, contamos coa colaboración da Asociación Euroeume, da que participan algunhas das nosas familias e que desenvolve moitas das súas actuacións a partir de iniciativas da Consellería de Política Social. Ángel foi o encargado de achegarlle, a todas as etapas do centro (11 e 16 novembro 2021), modelos tradicionais de produción, vendo como estes procesos produtivos evolucionaron de xeración en xeración acumulando sabedoría e respecto polo medio natural, tradicións que non debemos obviar nin esquecer. 

      Pero, por que temos que facer isto? Pois por que o noso planeta está a sufrir: contaminación, esgotamento dos recursos, residuos… Somos pegada ecolóxica, que impacta e transcende. Así, que isto nos leva a comprender o necesaria que é unha adecuada xestión dos residuos. Facémolo a partir do coñecemento do modelo actual de xestión de residuos aplicado na nosa contorna e vendo a importancia de aplicar a regra das catro erres. A súa análise da lugar a unha conclusión: precisamos de modelos naturais de xestión que dean valor a la recuperación. É aquí onde entra a compostaxe, un dos elementos clave da nosa futura horta, que realizaremos empregando os restos das merendas e dos menús do comedor. Ángel, fíxonos ver que ofrece múltiples posibilidades: organización, cooperación, divertimento, múltiples aprendizaxes,… Acompañádenos nesta fermosa viaxe!!!!!!!