miércoles, 24 de noviembre de 2021

HORTA ESCOLAR: DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE NO CPIP VIRXE DA CELA

     Neste curso escolar temos unha nova ilusión, queremos contar ca nosa horta escolar. Pero, para chegar a ver os seus froitos, temos que coñecer como enfrontarnos a esta emocionante tarefa para que sexa significativa e viable dentro dun modelo de desenvolvemento sustentable (ODS). Así, que mans a tarefa!!!      

      O primeiro paso: dar valor a un modelo produtivo que entrelace a sabedoría tradicional cos avances dos medios actuais dando significatividade ao respecto polo medio natural e a economía circular. Queremos, que as nosas aprendizaxes xeren actitudes que melloren as nosas prácticas e comportamentos no quefacer do día a día. Nesta fermosa aventura non estaremos sen compañía, as nosas familias e persoas especialistas da comunidade e os Concellos nos acompañaran. 

    Para esta primeira parte, contamos coa colaboración da Asociación Euroeume, da que participan algunhas das nosas familias e que desenvolve moitas das súas actuacións a partir de iniciativas da Consellería de Política Social. Ángel foi o encargado de achegarlle, a todas as etapas do centro (11 e 16 novembro 2021), modelos tradicionais de produción, vendo como estes procesos produtivos evolucionaron de xeración en xeración acumulando sabedoría e respecto polo medio natural, tradicións que non debemos obviar nin esquecer. 

      Pero, por que temos que facer isto? Pois por que o noso planeta está a sufrir: contaminación, esgotamento dos recursos, residuos… Somos pegada ecolóxica, que impacta e transcende. Así, que isto nos leva a comprender o necesaria que é unha adecuada xestión dos residuos. Facémolo a partir do coñecemento do modelo actual de xestión de residuos aplicado na nosa contorna e vendo a importancia de aplicar a regra das catro erres. A súa análise da lugar a unha conclusión: precisamos de modelos naturais de xestión que dean valor a la recuperación. É aquí onde entra a compostaxe, un dos elementos clave da nosa futura horta, que realizaremos empregando os restos das merendas e dos menús do comedor. Ángel, fíxonos ver que ofrece múltiples posibilidades: organización, cooperación, divertimento, múltiples aprendizaxes,… Acompañádenos nesta fermosa viaxe!!!!!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario