Martes 9 novembro 2021. O alumnado de 5º e 6 de educación primaria asistiu na aula de Usos Múltiples á videoconferencia de Ousman Umar, fundador da ONG NASCO Feeding Minds, unha entidade centrada na ensinanza de fundamentos dixitais ás novas xeracións de Ghana, o seu país de orixe. A charla ten o título "A educación cambia a historia: de emigrante a emprendedor social", e está organizada por Afuncación. Ousman Umar ten un proxecto vital que é froito da viaxe infernal que fixo para chegar ao noso país. Agora loita para que ningún outro mozo ou moza pase polo mesmo que el pasou. Ten claro que a educación e a información pode evitar moitas mortes de mozos africanos que queren vir a un falso paraíso, o que el chama o País dos Brancos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario