viernes, 26 de noviembre de 2021

ESPAZOS CON VIDA PARA APRENDIZAXES VIVAS

     Xa a piques de rematar o primeiro trimestre o Proxecto Mestra de Obra, (Sistema LUPO) segue camiñando cara un novo concepto de aula e escola no CPIP Virxe da Cela. O pasado mércores 17 de novembro 2021 visitamos o IES Rosalía Mera para achegarlle ao seu alumnado os principios nos que se sustenta. Así, o alumnado do Grao medio de Madeira e Moble coñeceron de primeira man, como o seu esforzo, dedicación e ilusión, van ser quen de darlle unha nova vida as nosas aulas con espazos funcionais e dinámicos. Será co super moble que están a crear e do cal xa temos lista a maqueta!!!!!      

       Pero, como todo está entrelazado, nesta ocasión contamos co apoio de Ignacio Bescansa, arquitecto do Sistema LUPO, que nos explicou os aspectos máis técnicos do deseño, creándose un espazo compartido de ideas e propostas no cal a funcionalidade, a creatividade e as prescricións técnicas deron vida a novas posibilidades. Así, resultou unha xornada de aprendizaxe mutuo, onde novas posibilidades xeran cambios nos espazos para que estes sexan funcionais e dinámicos. Un millón de grazas!!! É marabilloso que o esforzo compartido cobre vida a partir de múltiples ilusións!!!! 

       E así, con esforzo, traballo en equipo, apoios e a creatividade do alumnado…crearemos un espazo na Ed. Infantil cómodo, versátil, acolledor, cálido, funcional integrado no medio, para dar vida a ambientes de aprendizaxe que partan da realidade e dos intereses do noso alumnado. Desde aquí, dar as grazas ao alumnado e profesorado do IES Rosalía Mera, a LUPO polo seu bo facer, e cono non, ao CFR Ferrol por crer e apostar por esta liña de innovación educativa. Por suposto, mencionar, tamén a nosa Comunidade educativa e en especial aos nenos e nenas de EI. Infantil por ser parte activa e creativa, son os seus principais protagonistas. Un pracer!!!!!!








No hay comentarios:

Publicar un comentario