martes, 30 de noviembre de 2021

CINE NA ESCOLA: CREATIVIDADE E EMPODERAMENTO PARA CUESTIONAR A REALIDADE

     O obxectivo deste proxecto é desenvolver as competencias do alumnado e darlle vida as aprendizaxes adquiridas a través da ruptura cos estereotipos e coas desigualdades, favorecendo o rexeitamento cara a violencia e poñendo en valor a diversidade como riqueza cultural son os obxectivos desta nova aventura. Será a través da creación audiovisual no tempo de lecer do comedor. 
    O alumnado de 5º e 6º da Ed. Primaria deixara a súa pegada en dou curtametraxes empregando técnicas de traballo cooperativo e sumativo nas que desenvolver ao máximo as súas posibilidades e reflexionando de forma crítica ante as desigualdades. Falamos dunha aprendizaxe creativa empoderada que dará lugar a unha ficción crítica con propostas de mellora ante situación das problemáticas actuais. Desta forma, achegaranse as diferentes fases da produción e da edición cinematográfica e o seu uso creativo. 
     Nesta andaina, contan coa compañía de Omar Rabuñal Varela, realizador, guionista e actor, con 14 anos de experiencia no medio audiovisual.





No hay comentarios:

Publicar un comentario