Dende a área de Igualdade da Deputación da Coruña impúlsase un ano máis a campaña DE FRONTE á violencia de xénero. Ao longo do mes de novembro estanse a desenvolver unha serie de actividades tanto en formato presencial como en liña que apelan directamente á implicación de concellos e entidades do tecido social e educativo sensibilizadas na loita contra a violencia de xénero. Actividade xuvenil en formato Visual Thinking sobre tratamento e prevención da violencia de xénero. A actividade está composta de 3 micro vídeos onde se abordan conceptos básicos arredor da violencia de xénero de xeito didáctico a través de gráficos con animación para traballar nas aulas.
Scape Room para traballar en igualdade e de xeito cooperativo sobre tratamento e prevención da violencia de xénero. Cóntase co contido da actividade de visual thinking.
Guia Explicativa Para Elaborar o Scape Room de Fronte a Violencia de Xenero v2 by veracruces on Scribd
No hay comentarios:
Publicar un comentario