Mostrando entradas con la etiqueta produtos de proximidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta produtos de proximidade. Mostrar todas las entradas

miércoles, 29 de noviembre de 2023

PRODUCTOS DE PROXIMIDADE E ECOLÓXICOS PARA APRENDER A APRENDER

Este cursos escolar formamos parte da campaña “Come Local”  da  Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) e xestionada por  Slow Food Compostela. A través dela, comedores escolares de varios centros educativos poderán acceder  a produtos galegos con certificado de calidade: DOP, IXP e Ecolóxicos de proximidade. A mesma,  inclúe formación e asesoramento tanto para o persoal de cociña como para os equipos directivos e ademais, obradoiros para o alumnado. Neste caso, o alumnado do 3º ciclo da Ed. Primaria veu a importancia da biodiversidade agrícola e o papel que xogan os produtos certificados á hora de conservala, así coma a importancia de comer de xeito local.

Toda unha actividade de valoración do medio natural que ven acompañada de materiais explicativos das  froitas e verduras que temos en cada tempada en Galicia para o comedor.


Imaxe do obradoiro realizado co alumnado do 3º ciclo da Ed. Primaria