sábado, 24 de noviembre de 2018

XX ENCONTRO REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE ENTRECULTURAS EN MONFERO

Este sábado  24 de novembro o noso colexio  foi o centro anfitrión da Asemblea de Inicio de Curso da Rede Solidaria de mozas e mozos de Entreculturas que tivo lugar durante toda a xornada dende a mañá a tarde. Alumnado e profesorado dunha ducia de centros galegos pertencentes á Rede Solidaria acudiron a este encontro, contando coa participación de máis dun centenar de persoas. 
Este evento ten como obxectivo ser un punto de encontro e intercambio de ideas entre rapaces e rapazas comprometidos, formarse en cuestións relacionadas coa Educación para a Cidadanía Global,  e establecer as liñas básicas de actuación para o curso escolar. Realizáronse talleres e dinámicas onde o alumnado abordou temáticas como a igualdade, os dereitos humanos, a cooperación, o consumo responsable... Ademais o profesorado contou  cun espazo propio para o debate e a reflexión.

O noso centro escolar leva xa unha década formando parte desta Rede Solidaria, baixo a coordinación das profesoras  Yolanda Castro e Verónica Dopico, especialistas nas materias de Educación en Valores e Relixión.

Aquí podedes ver un pequeno vídeo resumo da xornada

           
                   













viernes, 23 de noviembre de 2018

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN NO CPI VIRXE DA CELA

Venres 23 de novembro 2018. 12:15-13:45h.: Carreira solidaria “Save the Children” organizada polo Departamento de E. F de Primaria e Secundaria e o Coordinador de deportes do Axuntamento de Monfero e interdisciplinarmente co Dpt. De Orientación, Relixión e Valores 

As 12:15, O alumnado dirixiuse ao pavillón para a carreira solidaria, cos seus correspondentes profesores. 

A carreira e un xesto solidario, que a través da nosa participación e visibilidade como centro, ten como fin, recaudar o maior número de cartos posible para a ONG mencionada que traballa para axudar as nenas e nenos do mundo e que este ano o centra na desprotección deses nenos/as nas zonas en conflicto de todo o mundo. Cada un/unha( alumnado, nais/país, familiares, profes, persoal non docente, amigos…) aporta económicamente o que quera e poida.


O NOSO MURAL POLA IGUALDADE
               

A NOSA CARREIRA
                    








Finalmente foron recadados 397,18€ que foron ingresados a Save the Children: 


Diploma da nosa participación: 


jueves, 22 de noviembre de 2018

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra o 25 de novembro, o  alumnado dos centros escolares CPI As Mirandas de Ares e CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero, realizaron un vídeo para visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa e a toda a  sociedade en xeral, sobre esta data.

Desde os nosos centros adherímonos pois, a todas aquelas iniciativas que suman esforzos e solucións á erradicación da violencia de xénero, na loita contra os malos tratos e no apoio ás vítimas e as súas familias. Apoiamos ás accións que tratan de concienciar ao tecido social e a todas as actividades educativas baseadas na formación en valores para que a sociedade avance no camiño da igualdade, no benestar común e a convivencia que todas e todos queremos.

   
                   



Venres 23 de novembro 2018. 14:50-16:25h.:
Actividades conmemoración día contra a violencia de xénero:
      • Lectura de manifesto (2º ESO)
      • Proxección dos vídeos realizados polo alumnado (Ares-Monfero e 2º ESO da materia Igualdade        de Xénero).
      • Presentación dos diferentes lemas elaborados por cada grupo de alumn@s.
      • Lectura do conto “A cincenta que non quería comer perdices”
      • Presentación do cartel de 3º de ESO e entrega de pegatinas.

miércoles, 21 de noviembre de 2018

TOLERANCIA CERO. NON A VIOLENCIA DE XÉNERO


Fai un par de semanas as nosas profesoras Yoli e Verónica nos propuxeron un reto: lanzar unha mensaxe ao mundo para dicir “NON” á violencia machista. Estivemos varias sesións de clase traballando en equipo, facendo un torbellino de ideas, pensando posibles lemas, decidindo o formato ideal. Foi un proceso complicado e demos moitos pasos adiante e outros para atrás.
Pensamos en utilizar as tecnoloxías dixitais porque forman parte das nosas vidas como adolescentes. No final do proceso decidimos dar nós a cara, xa que queriamos lanzar a nosa mensaxe especialmente a rapazas e rapaces coma nós, xente nova, xa que nas nosas mans está o cambio…
Un dos momentos máis difíciles foi representar esta escena… unha de nós posou diante da cámara e un de nós tapoulle a boca coa man… Este xesto tan simple non soamente quedou conxelado nunha fotografía, senón que a todos/as os/as que alí estabamos (alumnos/as e profesoras) nos deixou paralizados/as durante uns segundos e realmente  puxémonos na pel de tantas mulleres desde tempos pasados ata o día de hoxe a quen lles taparon a boca, a quen fixeron invisibles… 

Nós non queremos quedar calados/as e queremos dicir ben alto e forte “NON”.



PREPARACIÓN 25N



Alumnado de Relixión e Educación en Valores de 3º da ESO, biblioteca escolar, martes 20 novembro 2018. 


PROXECTO AXUDA. 4º EDUCACIÓN PRIMARIA






      Por iniciativa propia o alumnado de 4º de Primaria fai unha proposta que asume con moita implicación. Atendendo á normativa do centro elaboran un proxecto para o desenvolvemento da súa proposta solidaria. En harmónica interacción cos membros do grupo e con gran implicación das familias, organizan a mesa para iniciar a súa “carreira solidaria”. Durante unha semana ceden voluntariamente o seu tempo de lecer co fin de realizar as tarefas deseñadas no PROXECTO AXUDA. Durante o transcurso da semana toman as decisións precisas para escoller unha ONG á que doar a recadación, para facer as modificacións necesarias no plan de traballo, para a realización das tarefas previas ao tempode lecer… A organización do grupo e a realización das tarefas mellorou cada día animados pola gran participación de alumnado e familias para esta semana solidaria. A recadación final foi entregada no centro para formar parte do total recadado xunto coa carreira solidaria á ONG Save the Children.



CURSO DE MEDIACIÓN



Experimentar e vivir os conflitos é parte indispensable da vida en sociedade, xa que forman parte da condición humana, as actitudes que adoptemos ante eles e as habilidades que teñamos para resolvelos van a facer que a nosa vida sexa máis ou menos satisfactoria. A mediación escolar como instrumento de mellora nas relación interpersoais e a xestión de conflitos ten un longo percorrido no ámbito escolar. Isto unido ao traballo en valores e pola boa convivencia no CPI Plurilingüe Virxe da Cela, en coordinación co concello de Monfero a través de Abel, animador sociocultural, lévanos a deseñar unha formación en mediación para o alumnado voluntario de 2º de ESO.





viernes, 16 de noviembre de 2018

OBRADOIRO SOBRE O CONTROL DA IRA

Venres 16 de novembro 2018. Sonia Nogueira. Organizado polo Departamento de Orientación. Colaboración co Concello de Monfero






martes, 13 de noviembre de 2018

CONVIVIR DEPORTIVO: A RADIO GALEGA NO CPI VIRXE DA CELA


      O pasado martes 13 de novembro de 2018 ás 12:00 horas retransmitiuse desde co CPI Plurilingüe Virxe da Cela o programa da Radio Galega “Convivir Deportivo”, presentado por Alfonso Pardo. Todo o alumnado e profesorado do centro asistiu a este acontecemento tan importante que tiña como obxectivo principal a difusión do Plan Deportivo que se está a levar a cabo na nosa escola. Por iso formaban parte da mesa de entrevistados as profesoras de educación física Teresa e Ruth, o profesor de bioloxía David, O técnico de deportes do Concello de Monfero e a directora do centro. Varios alumnos a alumnas participaron activamente no programa radiofónico respondendo as preguntas formuladas polo presentador en torno a diversas actividades deportivas.