Este sábado 24 de
novembro o noso colexio foi o centro
anfitrión da Asemblea de Inicio de Curso da Rede Solidaria de mozas e mozos
de Entreculturas que tivo lugar durante toda a xornada dende a mañá a tarde. Alumnado e profesorado dunha ducia de centros galegos pertencentes á
Rede Solidaria acudiron a este encontro, contando coa participación de máis dun
centenar de persoas.
Este evento ten como obxectivo ser un punto de encontro e
intercambio de ideas entre rapaces e rapazas comprometidos, formarse en
cuestións relacionadas coa Educación para a Cidadanía Global, e establecer as liñas básicas de actuación
para o curso escolar. Realizáronse talleres e dinámicas onde o alumnado abordou
temáticas como a igualdade, os dereitos humanos, a cooperación, o consumo
responsable... Ademais o profesorado contou
cun espazo propio para o debate e a reflexión.
O noso centro escolar leva xa unha década formando parte
desta Rede Solidaria, baixo a coordinación das profesoras Yolanda Castro e Verónica Dopico, especialistas nas materias de Educación en Valores e Relixión.
Aquí podedes ver un pequeno vídeo resumo da xornada
No hay comentarios:
Publicar un comentario