jueves, 30 de abril de 2026

SAME 2026: A EDUCACIÓN NOS MOMENTOS DE CRISE

Un ano máis o CPI Plurilingüe Virxe da Cela únese á SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación) unha iniciativa que busca sensibilizar e mobilizar á  comunidade educativa ao redor do dereito a unha educación inclusiva, equitativa e de calidade para todas as persoas.

“Educación dixital en contextos de emerxencia” é o lema da campaña deste ano, abordando unha problemática actual que invitou ao alumnado da ESO a reflexionar sobre  como garantir que a aprendizaxe continúe activo e accesible durante situacións de emerxencia —xa sexan  conflitos, desastres naturais, pandemias ou cortes de conectividade—, utilizando os medios dixitais de forma  xusta e sostible. 

Nas materias de Proxecto Competencial e Relixión o alumnado dos diferentes cursos da ESO participaron ou ben deseñando e elaborando un punto de conexión SAME 2026 (instalación visual colaborativa no centro educativo) ou ben en formato radiofónico, gravando e editando podcasts centrados en catro tipos de situacións de emerxencia nos que a educación dixital permite o acceso á educación, a través dos cales poideron reflexionar e valorar ata que punto esta tecnoloxía é democrática e igualitaria, tendo en conta a fenda dixital que pode chegar a crear. 

O obxectivo central é promover a reflexión colectiva sobre o papel da educación e a tecnoloxía en tempos de emerxencia,  fomentando o compromiso do alumnado coa defensa do dereito para aprender en calquera  circunstancia. 

 






Na miña opinion isto da SAME esta ben, aínda que ao principio parece unha actividade máis das tipicas do instituto. O tema deste ano pareceume bastante real porque co do covid xa vimos que non todo o mundo pode seguir as clases igual. Hai xente que non ten internet nin ordenador e queda atrás mentres outros seguimos como se nada. Eu creo que estas cousas estan ben porque fanche pensar un pouco e darte de conta de que non todos temos as mesmas oportunidades. A veces nin o pensamos porque para nós é normal ter todo fácil porque foi así dende que nacemos. En resumen esta ben participar nestas actividades porque axudan a concienciar e a valorar máis o que temos aínda que non o pareza moito. M. G. T (4º ESO).

Nas últimas clases de Proxecto Competencial realizamos una actividade relacionada coa Semana Mundial pola Educación. Este proxecto baseouse na gravación e recreación dunha entrevista á x xente que chega doutros países emigrada a lugares máis desenvoltos.  A verdade é que esta actividade é moi rica en empatía, pois nunca tendemos a poñernos no lugar das persoas que teñen que facer un duro esforzo para chegar a un sitio onde supoñan un futuro mellor, arriscándose ás mafias do seu continente, ás duras travesías por sitios con climas extremos, etc. Ademais eu tiven a sorte de ser o presentador, o entrevistador, polo que puiden estar perfectamente ao tanto de todo o que se dixo. Sobre todo, axudoume moito a darme de conta do mal distribuídas que están as tecnoloxías polo menos en España, debido a que nunca me parara a recapacitar sobre como é que nós temos tantos medios tecnolóxicos (impresoras 3D, impresoras láser, robots de todo tipo, ordenadores de última xeración, pantallas dixitais, etc.) que moitas veces nin sequera lle sacamos todo o partido e potencial. N. G. P. (4º ESO).





miércoles, 15 de abril de 2026

VISITA MOCIDADE DA REPÚBLICA DOMINICANA







O mércores 15 de abril 2026 na primeira sesión de clase (de 9:45 a 10:35), e estaría dirixida ao alumnado de 3º e 4º da ESO.  A Fundación Entreculturas (ONG coa que mantemos colaboración desde hai moitos anos) convidounos a ser anfitrións dun grupo de mozos/as pertencentes á Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas procedentes da República Dominicana. Esta actividade estaría encadrada dentro do marco do proxecto “Mozos de Galicia e Guatemala crean unha campaña de educación e comunicación conxunta para a promoción dunha cidadanía global crítica e activa ante as inxustizas”. 


No día 15 de abril de 2026, os alumnos de 3º e 4º da ESO tivemos a sorte de recibir a visita de 3 adolescentes procedentes de República Dominicana. Estas persosas viñeron principalmente a presentarnos como son as súas vidas no seu país: o día a día, educación, situación económica... Cómpre dicir que a realidade é que nós xa temos este tema bastante imbuído de tanto que o escoitamos. Seguindo coa crónica, hai que agradecer a estes rapaces/zas, pertencentes á Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas, por vir falarnos sobre eles, xa que ben é certo que, se ves a persoas da túa idade falarche en directo sobre cousas tan duras, non é o mesmo que velos nun vídeo de Youtube calquera. Finalmente, tamén nos contaron acerca da Asociación Fé y Alegría, da cal dixeron estar moi contentos de ter, xa que lles presentaba oportunidades que eles non tiñan antes; como por exemplo, ter un lugar onde estar nos días de alerta vermella. En conclusión, moitas grazas a estes rapaces e á Fundación Entreculturas por esta experiencia. A.D.A. (4º ESO).

Na miña opinión este tipo de actividades están moi ben pero aínda que ás veces parece que xa sabemos todo sobre estes temas. Que veñan rapaces/zas doutra parte do mundo como da República Dominicana fai que o vexas doutra maneira máis real, non solo como algo que escoitas na clase ou nun vídeo.
Penso que o máis importante é que non é o mesmo que cho conten persoas da túa idade en directo. Ao final empatizas máis e daste de conta de que a súa situación non é tan afastada como parece. A min paréceme que estas charlas fan que valoremos máis o que temos aquí, sobre todo en temas como a educación ou as oportunidades.
Tamén está ben que expliquen cousas como o que fai a asociación Fé y Alegría porque demostra que hai xente intentando mellorar a situación e non todo é negativo. Iso da un pouco de esperanza.
Iso si, tamén diría que moitas veces estas actividades quedan só nun día e xa está, e igual estaría mellor que se fixeran máis cousas despois, para non esquecelo tan rápido.
En xeral pareceume unha experiencia interesante e diferente, que axuda a abrir un pouco a mente e a conciencia. M. G. T.(4º ESO).

Representantes da asoiciación Fe y Alegría (Fundación Entreculturas) da República Dominicana, viñeron de visita ao noso centro e nos falaron da fundación, os seus obxectivos e solucións aos problemas dese país, tendo en conta como  está a situación económica, a sanidade, e, principalmente a educación. Nos dixeron que estaban moi contentos de estar incluidos dentro dos 64 centros públicos na República Dominicana, e que grazas a eses centros de Fe e Alegría, os nenos e nenas do país poden ir á escola incluso con alerta vermella.
Na miña opinión, paréceme unha grán asociación, que axude aos nenos/as dominicanos/as a ir á escola e ter unha boa educación como nós a temos Aquí en España. Pareceume moi importante tamén que esta fundación estivese dende hai anos en colaboración con nós, o CPI Virxe da Cela. Esta charla foime de gran axuda ao darme de conta de que non todos os nenos/as teñen as mesmas oportunidades en canto á educación e espero que esta asociación creza e se esparza polo mundo.  M. T. E. (3º ESO).

A visita dos mozos da República Dominicana amosounos unha realidade completamente distinta á que atopamos na nosa contorna. Para comezar, sorprendeume a diferenza que había entre as súas vidas, nunha mesma illa dun tamaño para nada comparado con países como España ou Portugal. Esto viuse moi reflexado no exercicio de" avanzar pasos según...," onde se amosou a gran desvantaxe das persoas adultas coa rapazada máis nova. Como segundo punto e tamén relacionado con esto último, o gran impacto que tivo a escola nesa terra é abrumante, pois fainos recapacitar sobre o positivo que é ter un lugar e un tempo no que aprender sexa a nosa única tarefa, pese a que aquí non o valoremos moitas veces. Por último, comentar a mala situación xeográfica da illa. Esto o digo debido a que si fora un país correctamente desenvolvido, pese a que tivese todas esas catástrofes naturais, terían medios tanto de rescate como de comunicación para lidiar mellor todos os danos tanto materiais como sociais que causan os fenómenos meteorolóxicos extremos. N. G. P. (4º ESO).

miércoles, 8 de abril de 2026

SAME 2026: A EDUCACIÓN DIXITAL EN CONTEXTOS DE EMERXENCIA

 


A Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) é unha iniciativa que busca sensibilizar e mobilizar á comunidade educativa ao redor do dereito a unha educación inclusiva, equitativa e de calidade para todas as persoas. 

Este ano o tema é “Educación dixital en contextos de emerxencia”, e invítanos a reflexionar sobre como garantir que a aprendizaxe continúe activo e accesible durante situacións de emerxencia —xa sexan conflitos, desastres naturais, pandemias ou cortes de conectividade—, utilizando os medios dixitais de forma xusta e sostible. 

A conectividade, o acceso a recursos, e a alfabetización dixital, así como os plans previos para adaptación a emerxencias, deben ser un compromiso dos gobernos e as autoridades locais, para que, en contextos de emerxencias, ninguén quede atrás. 

Nenos, nenas, adolescentes, persoas con dificultades de aprendizaxe, en situación de mobilidade humana, en zonas de conflito ou afectadas por desastres climáticos. Non podemos deixar a ninguén atrás. Por iso, este ano, súmate a #AcciónPorLaEducación!