miércoles, 15 de abril de 2026

VISITA MOCIDADE DA REPÚBLICA DOMINICANA







O mércores 15 de abril 2026 na primeira sesión de clase (de 9:45 a 10:35), e estaría dirixida ao alumnado de 3º e 4º da ESO.  A Fundación Entreculturas (ONG coa que mantemos colaboración desde hai moitos anos) convidounos a ser anfitrións dun grupo de mozos/as pertencentes á Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas procedentes da República Dominicana. Esta actividade estaría encadrada dentro do marco do proxecto “Mozos de Galicia e Guatemala crean unha campaña de educación e comunicación conxunta para a promoción dunha cidadanía global crítica e activa ante as inxustizas”. 


No día 15 de abril de 2026, os alumnos de 3º e 4º da ESO tivemos a sorte de recibir a visita de 3 adolescentes procedentes de República Dominicana. Estas persosas viñeron principalmente a presentarnos como son as súas vidas no seu país: o día a día, educación, situación económica... Cómpre dicir que a realidade é que nós xa temos este tema bastante imbuído de tanto que o escoitamos. Seguindo coa crónica, hai que agradecer a estes rapaces/zas, pertencentes á Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas, por vir falarnos sobre eles, xa que ben é certo que, se ves a persoas da túa idade falarche en directo sobre cousas tan duras, non é o mesmo que velos nun vídeo de Youtube calquera. Finalmente, tamén nos contaron acerca da Asociación Fé y Alegría, da cal dixeron estar moi contentos de ter, xa que lles presentaba oportunidades que eles non tiñan antes; como por exemplo, ter un lugar onde estar nos días de alerta vermella. En conclusión, moitas grazas a estes rapaces e á Fundación Entreculturas por esta experiencia. A.D.A. (4º ESO).

Na miña opinión este tipo de actividades están moi ben pero aínda que ás veces parece que xa sabemos todo sobre estes temas. Que veñan rapaces/zas doutra parte do mundo como da República Dominicana fai que o vexas doutra maneira máis real, non solo como algo que escoitas na clase ou nun vídeo.
Penso que o máis importante é que non é o mesmo que cho conten persoas da túa idade en directo. Ao final empatizas máis e daste de conta de que a súa situación non é tan afastada como parece. A min paréceme que estas charlas fan que valoremos máis o que temos aquí, sobre todo en temas como a educación ou as oportunidades.
Tamén está ben que expliquen cousas como o que fai a asociación Fé y Alegría porque demostra que hai xente intentando mellorar a situación e non todo é negativo. Iso da un pouco de esperanza.
Iso si, tamén diría que moitas veces estas actividades quedan só nun día e xa está, e igual estaría mellor que se fixeran máis cousas despois, para non esquecelo tan rápido.
En xeral pareceume unha experiencia interesante e diferente, que axuda a abrir un pouco a mente e a conciencia. M. G. T.(4º ESO).

Representantes da asoiciación Fe y Alegría (Fundación Entreculturas) da República Dominicana, viñeron de visita ao noso centro e nos falaron da fundación, os seus obxectivos e solucións aos problemas dese país, tendo en conta como  está a situación económica, a sanidade, e, principalmente a educación. Nos dixeron que estaban moi contentos de estar incluidos dentro dos 64 centros públicos na República Dominicana, e que grazas a eses centros de Fe e Alegría, os nenos e nenas do país poden ir á escola incluso con alerta vermella.
Na miña opinión, paréceme unha grán asociación, que axude aos nenos/as dominicanos/as a ir á escola e ter unha boa educación como nós a temos Aquí en España. Pareceume moi importante tamén que esta fundación estivese dende hai anos en colaboración con nós, o CPI Virxe da Cela. Esta charla foime de gran axuda ao darme de conta de que non todos os nenos/as teñen as mesmas oportunidades en canto á educación e espero que esta asociación creza e se esparza polo mundo.  M. T. E. (3º ESO).

No hay comentarios:

Publicar un comentario