PODEDES PREMER NAS IMAXES PARA LER AS NOTICIAS
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecta. Mostrar todas las entradas
sábado, 30 de septiembre de 2017
viernes, 29 de septiembre de 2017
O CPI VIRXE DA CELA: 1º PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2017
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu hoxe o acto de entrega dos Premios Proxecta de Innovación educativa correspondentes ao curso 2016/ 17, que teñen como obxectivo consolidar e visibilizar a metodoloxía de traballo por proxectos que poñen en marcha os centros participantes no Plan Proxecta. Durante a súa intervención o conselleiro salientou o poder da educación e da formación para acadar as mellores oportunidades que nos brinda o tempo no que vivimos, “a fin de convertelas en novas posibilidades de crecemento económico e social”. Neste sentido, sinalou os Premios Proxecta como uns galardóns que contribúen a que o ensino se adapte ás expectativas futuras, dado que buscan incentivar o desenvolvemento de técnicas de innovación educativa, motivadoras, dinámicas e á vangarda.
Desta forma, estes galardóns recoñecen a traxectoria colaborativa e multidisciplinar dos centros, buscando integrar dinámicas que incentiven o emprendemento e a creatividade nas aulas, a formación en valores cívicos e sociais, o pensamento crítico, a xestión da diversidade e o traballo en equipo. Así mesmo, contribúen a preparar ao alumnado “para facerse oco nunha sociedade cada vez máis tecnificada”.
O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia agradeceu a todas as persoas que fan posible tanto o Plan Proxecta como os premios o seu esforzo diario e compromiso coa educación como ferramenta para mellorar o futuro. Así mesmo felicitou a docentes e alumnos polo traballo realizado, que serve de exemplo de boa práctica e axuda a avanzar ao conxunto da comunidade educativa.
Na categoría A, dirixida ás Escolas de Educación Infantil (EEI), aos Colexios Rurais Agrupados (CRA), aos Centros de Educación Especial (CEE), aos Centros de Educación Infantil e Primaria (CEIP) e aos Centros de Educación Primaria (CEP); o primeiro premio foi para o CEIP de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa), o segundo para o CEIP de Laredo (Redondela) e os terceiros para o CEIP A Rúa (Cangas) e o CEIP Illas Cíes (Vigo). Nesta mesma categoría obtiveron un accésit pola calidade dos seus traballos os CEIP de Espedregada (Pontevedra), Plurilingüe Riomaior (Vilaboa), Plurilingüe San Marcos (Abegondo), Plurilingüe Curros Enríquez (Celanova), Xesús San Luís Romero (Carballo) e Plurilingüe San Xoán de Filgueira (Ferrol).
Na modalidade B, destinada á participación de Centros Públicos Integrados (CPI), Institutos de Educación Secundaria (IES), Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) e centros públicos de educación e promoción de adultos; o primeiro premio foi para o CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero), o segundo para o IES Carlos Casares (Vigo), e os terceiros para os IES A Pinguela (Monforte de Lemos) e A Cachada (Boiro). Nesta categoría obtiveron accésit os IES Terra de Trasancos (Narón), Fontem Albei (A Fonsagrada) e Brión (Brión), o CIFP Coroso (Ribeira) e os CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro) e Terras de Maside (Maside).
Etiquetas:
Premio innovación educativa,
Proxecta
jueves, 28 de abril de 2016
IV ENCONTRO RCES: CONGRESO GALEGO DE VOLUNTARIADO "CONSTRUIMOS?"
O alumnado de 2º da ESO do CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero) participará no Congreso Galego de Voluntariado “Construímos”, que terá lugar en Ferrol o vindeiro venres 20 de maio de 2016 no CIS (Centro de Investigación e Servizos de Galicia). Este evento constitúe o encontro final da RCES (Rede de Centros Escolares Solidarios) do Plan Proxecta (Xunta de Galicia), unha rede que leva en funcionamento catro anos e da cal somos membros desde os seus inicios. Entre as actividades que se desenvolverán durante a sesión de mañá figura a conferencia de César Rincón de Castro, o visionado da curtametraxe “Vida” de Rubén Ríos, a presentación do Proxecto de Voluntariado Miúdo “Móvete” (no que o noso centro tamén forma parte). Xa en horario de tarde o alumnado asistente participará en diferentes obradoiros e espazos interactivos, como “Teatro Foro”, “Voluntarradio”, “Audiovisuais Solidarios”, e farase unha visita ao espazo de realidade virtual do CIS, mentres que o profesorado reflexionará sobre os su traballo na rede a través dun “Word Café”. O acto finalizará coa presentación dun vídeo de creación compartida entre os diferentes centros da RCES sobre a importancia da práctica do voluntariado.
Congreso cartel from satelite1
Etiquetas:
IV Encontro RCES,
Proxecta,
RCES
viernes, 15 de abril de 2016
PRESENTACIÓN DE ACCIÓNS SOLIDARIAS: PROXECTO "MÓVETE"
E chegou o momento tan esperado. Despois de varias semanas de intenso traballo o alumnado de educación primaria do CPI Virxe da Cela presentou a proposta de acción solidaria desenvolvida no noso centro dentro do Proxecto "Móvete", nunha xuntanza celebrada o día15 de abril de 2016 na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela).
Esta xornada especial estivo inaugurada por Cecilia Vázquez, Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, quen xa visitou o noso centro fai un par de meses, na presentación oficial do Proxecto Móvete. Cecilia agradeceu ao profesorado e alumnado do CPI Virxe da Cela a súa participación, así como aos otros centros participantes, o CEIP A Lomba (Villagarcía de Arousa) e o CEIP das Fontiñas.
Como podemos apreciar si observamos o panel "Soño rural", que xunto con trípticos e pegatinas constitúen os materias impresos que levamos para a presentación do noso proxecto, o CPI Virxe da Cela centrou o seu traballo na revalorización do rural, e o traballo presentado foi unha síntese de todas as aportacións realizadas grazas ao traballo de todo o alumnado e profesorado do centro, incluíndo as etapas de educación infantil e ESO. Os outros centros fixeron os seus esforzos cára a protección de animáis e para axudar a cubrir as necesidades básicas ao seu redor.
Este evento tan importante estivo amenizado pola música de Paco Nogueiras, autor e protagonista do videoclip "Móvete", quen ofreceu un concerto en directo e deixou no aire a súa importante mensaxe "E móvete, non perdas tempo, móvete, que todo conta, e móvete, que a vida movemento é". O teremos en conta!!!
Etiquetas:
"Móvete",
Proxecta,
RCES,
Soño Rural
miércoles, 13 de abril de 2016
VIVE O RURAL: PROXECTO MÓVETE
O rural, 3º eso virxedacela from satelite1
Aquí vos deixamos a colaboración de 3º da ESO para o proxecto "Móvete", que se está levando a cabo no CPI Virxe da Cela coa intención de "revalorar o noso rural". É unha especie de decálogo recollendo certos aspectos que caracterizan tanto ao rural como ás personas que nel habitan. Cremos que valorar o que temos é o primeiro paso para protexelo e garantilo para as futuras xeracións.
Etiquetas:
"Móvete",
Proxecta,
revalorización rural,
Rural,
Soño Rural
miércoles, 4 de junio de 2014
MEMORIA COOG 2013-2014: RELIXIÓN SECUNDARIA
Aquí vos deixamos no seguinte vídeo unha breve memoria das actividades que o departamento de Relixión de Secundaria levou a cabo neste curso para o Plan Proxecta "Cooperación galega: O mundo que queremos". Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio foi o tema principal a través do cal levamos a cabo as diferentes actividades, tanto dende a nosa materia como en colaboración co Proxecto Monferosolidario do noso centro.
Etiquetas:
Memoria COOG 2013-2014,
Proxecta,
Relixión Secundaria.
miércoles, 29 de mayo de 2013
PROXECTO SOLIDARIO NA MATERIA DE FRANCÉS
A canción “Encore
un autre hiver” do grupo Les Enfoirés servíu
aos alumnos e alumnas da materia de
Francés para introducir o tema da
solidariedade. Trala escoita, lectura e a tradución da mesma realizaron un
traballo en grupos para buscar información:
1º grupo: Coluche, humorista
e activista polos dereitos sociais, creador
do organismo caritativo les Restos du coeur.
2º grupo:les Restos du Coeur.
3º grupo : Les Enfoirés,
grupo de artistas e personalidades públicas que traballan en beneficio da
asociación sin ánimo de lucro les restos
du coeur.
Este é o resultado
Este é o resultado
Etiquetas:
Coluche,
Francés,
Proxecta,
solidariedade
Suscribirse a:
Entradas (Atom)