viernes, 28 de abril de 2023

XUVENTUDE PARTY: ALZA A VOZ




Con este título tan suxestivo, "Xuventude Party: alza a voz", a asociación Euroeume (asociación sen ánimo de lucro, declarada de interese público, que ten por obxecto o desenvolvemento local) visitou o noso centro educativo o venres 28 de abril de 2023 animando aos rapaces e rapazas da ESO a tomar as riendas e mobilizarse polo cambio social. Nesta primeira charla Euroeume presentou a idea inicial a todo o alumnado nunha sesión colectiva. A partires de agora, xa de maneira individual, o alumnado interesado inscribirase e terá a oportunidade de crear un grupo de incidencia xuvenil formarse a través de dous sesións presenciais que terán lugar na primeira quincena de maio e unha terceira sesión xa fora do horario escolar tirando a finais de curso, titorizados pour un grupo de alumnado de 3º curso do grao de Pedagoxía da USC. 

Grupo Incidencia Xuvenil by veracruces on Scribd

OBRADOIRO ZINKERS

 O alumnado da ESO tivo a oportunidade de reflexionar sobre a produción e o consumo sustentable a través dun obradoiro titulado "Zinkers" o venres 28 abril 2023, dan man da Fundación Repsol e impartido por Jennifer Corredoira. Con esta actividade a nosa mocidade refelxionou sobre a enerxía, o cambio climático, a economía circular, aportando ideas para a mellora da súa contorna con accións que contribúan a preservar o planeta e acadar os obxectivos marcados na Axenda 2030. 




TODAS E TODOS CONTAMOS

O venres 28 de abril de 2023, e baixo o título "Todas e todos contamos", levouse a cabo no CPI Virxe da Cela unha xornada escolar inclusiva pola creatividade e as artes, da man da Fundación Igualarte (Vigo), unha fundación que se dedica a traballar en favor do colectivo de persoas con diversidade funcional e a súa inclusión. Simultáneamente se levaron a cabo diferentes actividades. Mentres na biblioteca escolar se realizaba a sesión de contacontos "A Familia", no patio interior organizouse un divertido circuito circense, no que os nosos nenos e nenas poideron vivenciar valores como a convivencia, a cooperación, o aumento da autoestima persoal e grupal, o coñecemento e control do propio corpo e a superación dos límites.



martes, 25 de abril de 2023

EN PATERA POLO SINAÍ

O alumnado de 3º de Educación Primaria atópase inmerso nun proxecto no que está a investigar, dentro da área de Reli, a diferencia entre ser refuxiado, ser emigrante ou ser turista. O pasado luns, tivemos unha visita moi especial que preparamos xunto co alumnado de Valores. Puidemos facer unha entrevista a un experto: un papá da clase pasou polo proceso e trámites da emigración para formar parte agora da nosa comunidade educativa, este luns contestou a todas as preguntas e inquedanzas dos nosos reporteiros e reporteiras, coma por exemplo: Necesitaches pasaporte ou visado para entrar en España? Que comida botas de menos de Perú? E cal te gusta máis de España? Cantas hora leva a viaxe? ou Cal é a capital de Perú? Graciñas polo teu tempo e paciencia respondendo a todas as nosas dúbidas.







 

CHARLA PARA AS FAMILIAS: EDUCAR EN POSITIVO DESDE AS EMOCIÓNS

O martes 25 de abril de 2023, de 16:00 a 17.30h, levouse a cabo unha charla para as familias  baixo o titulo  “Educar en positivo dende as emocións” da man de Educabonito, creando un espazo onde compartir inquedanzas e aprendizaxes a partir da Disciplina positiva. Esta actividad foi organizada desde la Fundación Ayuda en Acción en colaboración coa ANPA. Durante a actividade contamos cun servizo de ludoteca para as nenas e nenos.









lunes, 24 de abril de 2023

FOTOGRAFÍAS POLA IGUALDADE

Un ano máis a Federación de ANPAS Compostela organiza o CONCURSO FOTOGRAFÍAS POLA IGUALDADE. Este concurso fotográfico está dirixido ao alumnado e as familias dos centros de infantil, primaria, secundaria e bacharelato, conservatorios e escolas de música públicos co obxectivo de que plasmen nunha imaxe como ven a igualdade en calquera ámbito da vida; Con el preténdese fomentar a mirada crítica das e dos participantes sobre a vida cotiá dende a perspectiva da igualdade/desigualdade de xénero. Toda a información sobre as bases do concurso, o formulario de inscrición e os documentos de autorización necesarios están accesibles na web deste concurso:

 http://fotografiaspolaigualdade.fanpacompostela.gal/inscricions/ O prazo estará aberto ata o 16 de maio.



PEGADAS DAS MULLERES NA HISTORIA DA EDUCACIÓN

 



A exposición "Educación en feminino: un paseo pola historia" pódese ver no CPI Virxe da Cela, concretamente na biblioteca escolar. Que mellor momento que na última semana de abril, coincidindo coa SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación), para poder visitar este percorrido pola historia da educación en feminino a través dunha mostra composta por 39 pósteres e paneis, nos que o alumnado da materia Historia e Teoría da Educación Escolar (Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo na USC) recuperan a memoria de episodios singulares no ámbito do ensino e salientan as importantes achegas realizadas por ducias de educadoras e/ou colectivos femininos ao longo dos séculos.


Ao longo da historia miles e miles de educadoras viñeron desempeñando profesionalmente un labor pedagóxico persistente e socialmente imprescindible, aínda que a cotío calado, moitas veces minorizado e en non poucas ocasións directamente ocultado, polo simple feito de que a protagonista non era un docente senón... UNHA docente.

Algunhas desas educadoras, mestras, profesoras, á marxe da súa diversidade de orixes e da pluralidade de respostas pedagóxicas que ofreceron aos desafíos socioeducativos do seu tempo, realizaron un traballo verdadeiramente meritorio e inspirador, pioneiro ou innovador, que transformou vidas de crianzas e adolescentes, que mellorou de xeito significativo as condicións educativas do seu momento, ou que influíu positivamente na escola de épocas posteriores, ata o punto de que a súa obra pedagóxica, teórica e/ou práctica, chega ata os nosos días e explica parcialmente a situación educativa da actualidade.

A presente exposición quere precisamente, en xusta compensación, recoñecer e homenaxear unhas poucas desas mulleres referentes en educación, normalmente descoñecidas para o gran público e mesmo para as e os profesionais do ensino. Sirva pois esta colección, este “paseo pola historia”, para contribuír a poñer en valor e difundir o legado pedagóxico destas mulleres, o da “educación en feminino”.




Exposición Educación en Feminino by veracruces on Scribd

viernes, 21 de abril de 2023

PREPARATIVOS PARA A SAME 2023

O alumnado de 3º da ESO na materia de Relixión está a elaborar un vistoso e interesante mural para sensibilizar á comunidade educativa da grande importancia da educación, actividade englobada dentro da Campaña Mundial da Educación, para celebrar a SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación).

 

viernes, 14 de abril de 2023

MAPA VERDE EDUCATION4THEPLANET

 Despois de tres obradoiros e dunha ruta de sendeirismo, toca agora elaborar un Mapa Verde da comarca do Eume a través do proxecto Education4ThePlanet. O venres 14 de abril de 2023 Cristina Otero visitou de novo o noso centro educativo, e nesta ocasión todo o alumnado da ESO, dividido en grupos de traballo, elaboraron un mapeo da zona onde viven para analizar o impacto negativo das diferentes actividades de carácter económico, social e humano. 

O proxecto Education4ThePlanet, realizado no CPI Virxe da Cela grazas ao apoio da Fundación Ayuda en Acción, pretende a transformación de hábitos da nosa mocidade, xa que nas mans dos xóvenes de hoxe en día está o futuro do noso planeta.