jueves, 25 de marzo de 2021

MOITO POR CAMBIAR

 

Con data 11 de marzo publicáronse as bases completas do Concurso de viñetas "Moito por cambiar" 2021 dirixido á poboación entre os 12 e 18 anos. Esta actividade está organizada pola Deputación Provincial da Coruña e forma parte do programa do 8 de marzo "Día das mulleres".

Concurso Moito Que Cambiar 2021 by veracruces on Scribd

miércoles, 24 de marzo de 2021

REMATADA A FORMACIÓN EN MEDIACIÓN

 Martes 16 marzo. Última sesión de Formación en Mediación. 

     Os primeiros días centrámonos na teoría. Despois facíamos xogos interpretando conflictos , e un de nos era o mediador. Nestes xogos había que axudar a que as persoas que tiveran un conflicto resolveran o problema soas. Ademáis non sempre había unha soa resposta. Durante as últimas clases aprendimos a manexar todos os papeis conforme dúas ou máis persoas piden que lles axude a resolver o seu conflicto un mediador. Por último Andrea, a profe de mediación, deunos uns diplomas conforme remataramos a nosa aprendizaxe sobre a mediación. A min persoalmente pareceume moi divertido e moi efectivo para os conflictos , sobre todo para os da vida cotiá. Eu animaría a xente a que se apuntara a un obradoiro de mediación coma este. Iria Lence Porca (1º ESO)

       O obradoiro consistiu en que nós aprenderamos como solucionar os conflictos que poden xurdir no día a día da nosa vida cotiá. A min o que máis me gustou foi o roleplay que consistía nun conflicto conxunto no que había dous mediadores que tiñan que solucionalo. O obradoito foi moi interesante porque aprendín moitas cousas, como por exemplo, que todos os conflictos teñen unha posible solución sen chegar a facelos moito mais grandes. Eu penso que no futuro sempre se pode aportar algunha cousa das que aprendimos como por exemplo solucionar un conflicto para que non chegue nin a peleas nin a insultos. Lucía Freire Souto (1º ESO)



OLIMPIADA DA SOLIDARIEDADE: ENTRENO CONCIENCIA


 

O alumnado da ESO participará no terceiro trimestre nas Olimpiadas da Solidariedade organizadas pola ONG Taller de Solidariedade. Nas materias de Valores Éticos e Relixión realizaremos as actividades olímpicas "Entreno Conciencia" e iremos acadando as diferentes medallas que nos permitirán subir ao pódium e acreditarnos como Centro Olímpico Entreno Conciencia. Cada unha das actividades levarase a cabo seguindo un calendario con "Días Internacionais", datas destacadas: -6 Abril: Día Internacional do Deporte e a Paz -23 Abril: Día Internacional do Libro -8 Maio: Día Mundial do Comercio Xusto -5 Xuño: Día Mundial do Medio Ambiente -Xuño: Evento Deportivo Solidario.

Cartel Medal La Negra by veracruces on Scribd




jueves, 18 de marzo de 2021

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN 2021



O departamento de Educación Física de Primaria e Secundaria organiza un ano máis a carreira solidaria apoiando a labor de Save the Children co fin de reunir cartos, este ano, polos dereitos dos nenos e das nenas da República Democrática do Congo (Xuntos corremos para loitar contra a neumonía e a desnutrición infantil). A carreira terá lugar o venres 9 de abril de 9:55 a 11:30 no campo de fútbol e, no caso de choiva, cancelaríase e pasaríase a outro día.

Carrera Solidaria 2020-2021 by veracruces on Scribd

martes, 16 de marzo de 2021

ENTREVISTAS SOLIDARIAS: DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA 2021

 O alumnado de 2º e 3º da ESO utilizou o formato radiofónico para investigar  sobre a labor de certos personaxes históricos na sua loita persoal cara á construcción dun mundo pacífico e a erradicación da violencia. Imaxinádesvos que diría Gandhi sobre Hitler, ou en que se inspiro o escritor William Golding para escribir a súa famosa novela "O Señor das Moscas"? Foi unha actividade de reflexión á vez que posibilito ao alumnado a potenciar as súas capacidades creativas e comunicativas, así como á adquisición de novas fermentas dixitais (este caso, a gravadora en liña "Vocaroo"). 

lunes, 15 de marzo de 2021

CPIP VIRXE DA CELA: GAÑADOR DA FASE PROVINCIAL XXXVII CONCURSO ESCOLAR ONCE

 O cartel "Non deixes que che atrape", realizado polo alumnado de 4º da ESO do CPIP Virxe da Cela, gañador na fase provincial no 37 Concurso ONCE. 



Mentres facíamos o noso  MUPI publicitario, pensabamos o que queríamos transmitir, e cal sería a mellor forma de contalo con pouco texto e máis fotografías. O primeiro que vemos no centro do cartel en grande é unha fotografía dun teléfono móbil onde se esta “afundindo” unha persoa. Con iso queremos transmitir que os aparatos tecnolóxicos están moi ben, pero dentro duns límites. Temos que saber reaccionar a tempo e facer outras actividades que non impliquen estar diante dunha pantalla demasiado tempo. Na esquina inferior esquerda puxemos as iconas das redes sociais mais populares para reflexionar sobre a cantidade de aplicacións que inundan as nosas vidas, e que se nos deixamos atrapar por elas podemos caer na adicción ata o punto de ter que chegar a pedir auxilio.  Arriba a esquerda puxemos dúas sinais de precaución e alerta, porque como ven indica o titulo do cartel, isto non é un xogo!  

Carta Felicitando Ganadores Categoría C, A Coruña Marzo 2021 by veracruces on Scribd

viernes, 12 de marzo de 2021

MIL MILLÓNS DE VOCES PARA A EDUCACIÓN

A Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) celébrase anualmente no mes de abril. Este ano, baixo o lema "Mil Millóns de Voces", terá como obxectivo abordar, de maneira urxente, a falta de financiación da educación, agravada pola pandemia da Covid-19, e que está a afectar negativamente ao progreso de toda a axenda do desenvolvemento sostible, e concretamente, ao Obxectivo do Desenvolvemento Sostible (ODS) número 4. 



Un ano máis, estamos inmersos no desenvolvemento da Campaña Mundial pola Educación, unha acción que ten por obxectivo sensibilizar e mobilizar á cidadanía como portavoz e activista do Dereito á Educación e incidir nos representantes políticos para que cumpran os seus compromisos con este Dereito. Unha das accións con máis forza dentro da Campaña Mundial pola Educación é a SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación) que este ano celébrase do 26-30 abril. No mes de maio do pasado ano, o peche de colexios afectou a máis do 90% da poboación estudantil de todo o mundo, o que supuxo que máis de 1.500 millóns de nenos, nenas e mocidade non puidesen acudir aos seus centros educativos. Este ano, queremos poñer voz e rostro a eses millóns de estudantes que se quedaron fora das aulas, mil millóns de voces cunha historia que merece ser escoitada e un dereito á educación que non debe ser ignorado. Baixo o lema #MilMillonesdeVoces e a través dos materiais que axuntamos nesta comunicación así como as actividades de mobilización, sensibilizaremos á poboación entorno á importancia de defender a financiación da Educación como ferramenta fundamental para que ninguén se quede atrás na recuperación fronte á crise social, económica e sanitaria xerada pola COVID-19. #MilMillonesdeVoces xurde do que nenos e nenas contáronos a través da acción da #MejorLección. Escoitar á infancia sobre todo en asuntos que lles concirnen e unha maior inversión en Educación é imprescindible para asegurar que ningún neno o nena se quede atrás. Ademais, queremos denunciar como a pandemia está agravando os retos para acceder a unha educación equitativa, inclusiva e de calidade para todas as persoas poñendo en perigo a financiación do Dereito á Educación. A continuación, podedes encontrar os materiais para poder sumarvos á Campaña Mundial pola Educación 2021. Ademáis, podedes acceder aos materiais online a través do landing: https://milmillonesdevoces.cme-espana.org/gl/ E deixámosvos neste correo ademais os arquivos coas UDs, para que volos poidades descargar e utilizar. Súmate ao lanzamento de #MilMillonesdeVoces! O Equipo da CME Galicia

domingo, 7 de marzo de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2021

Neste Día Internacional da Muller, desde o CPI As Mirandas de Ares e o CPIP Virxe da Cela de Monfero,  vai o noso recoñecemento a todas as mulleres e o noso desexo dun futuro en igualdade en tódolos ámbitos da vida. Grazas a todas por saber  escribir a historia con tinta indeleble e por deixar a vosa pegada  nas nosas vidas.


viernes, 5 de marzo de 2021

PREPARATIVOS PARA O 8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O Departamento de Orientación deseñou unha serie de actividades para realizar colectivamente todas as clases do CPI Virxe da Cela e así conmemorar o 8 de Marzo, "Día Internacional da Muller Traballadora". Para introducir a temática nas aulas, propoñemos a realización dunha actividade para levar a cabo de xeito oral en gran grupo. Reflexionamos sobre as tarefas propias do fogar e quen as realiza. Elaboramos un mural con gomets que representa dun xeito visual este aspecto. (Facer a compra, lavar a roupa, cociñar, coidar das/os fillas/os, poñer a mesa, limpar, pasar o ferro, recoller). No patio cuberto, sobre un papel continuo colocarase de forma plastificada as tarefas a realizar. Así cada docente preguntará orlamente ao grupo quen desenvolve esas tarefas, colocando o gomet dunha cor ou doutra según lenda. 







Actividade para o 8 de marzo: a desigualdade, como os virus, só produce vítimas. Por iso, propoñemos crear a nosa propia VACINA CONTRA A DESIGUALDADE, enmarcando a conmemoración na realidade que estamos a vivir. Cada curso, elaborará a súa propia vacina escribindo/debuxando os ingredientes precisos para asegurar a igualdade entre homes e mulleres. Colaborarán na súa elaboración diferentes mulleres relevantes na historia que podedes consultar e seleccionar na seguinte ligazón: https://11defebrero.org/2019/09/06/materiales-singulares/ 
Cada titor/a escollerá unha muller das presentadas e investigará a súa traxectoria. Deste xeito, ao realizar a vacina, levará como título: Vacina de (curso) en colaboración con (nome da muller relevante sobre a que se investigará na aula).



miércoles, 3 de marzo de 2021