jueves, 26 de abril de 2012
martes, 24 de abril de 2012
SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,
Xesús Vázquez Abad, inaugurou hoxe os actos da Campaña Mundial pola
Educación (CME).
Durante a súa intervención na inauguración do encontro o conselleiro
recordou a súa propia etapa como estudante e en especial a unha das súas
mestras. Así destacou que “agora teño máis presentes que nunca as súas
ensinanzas. A súa entrega e dedicación a todos e cada un de nós, o seu
xeito de guiarnos, de facernos ver o privilexio que supoñía poder acudir
cada día á clase, poder adquirir novos coñecementos.”
O encontro, celebrado en Santiago a través da coalición galega
integrada por Axuda en Acción, Educación Sen Fronteiras, Entreculturas,
InteRed e o Seminario Galego para a Paz, contou coa presenza de
estudantes dos centros composteláns CEIP López Ferreiro, IES Eduardo
Pondal, IES Arcebispo Xelmirez I, así como do IES Carlos Casares de
Viana do Bolo que deron a coñecer as súas experiencias vitais en torno á
educación tanto en Galicia como nos países de procedencia de algúns dos
participantes no encontro.
Os obxectivos
A CME 2012 ten como lema Con dereitos desde o principio. Por unha educación temperá de calidade, e o seu obxectivo é que os centros educativos galegos traballen na elaboración da Grande Imaxe,
conformada por instantáneas de todos os participantes que reflexionen
sobre as propostas didácticas dos propios estudantes en torno á
importancia da atención e educación da primeira infancia, establecida
entre os 0 e 6 anos. Nesta imaxe final estarán incluídas as sinaturas do
conselleiro Xesús Vázquez Abad como demostración do seu compromiso cos
principios e accións da CME.
Cómpre recordar que a CME ten como obxectivo reflexionar sobre o
cumprimento dos principios acadados no “Cumio de Dakar” en 2000. Un
documento que reflicte o compromiso da comunidade internacional para
garantir o acceso a unha educación de calidade para todas as nenas e
nenos no 2015. Así no 2010 o presidente da Xunta de Galicia recibiu por
primeira vez aos embaixadores da CME, e no seguinte ano realizaron o
acto central da Campaña no Parlamento de Galicia.
Este ano a Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria volve a mostrar o seu apoio a
todas aquelas actividades centradas nunha educación universal e de
calidade que permitan ter cada vez xeracións mellor preparadas.
lunes, 23 de abril de 2012
INAUGURADA A ESCOLA DA INDIA
Como xa todos sabedes, fai unha semana realizamos un ingreso de 1100
euros á conta da Fundación Vicente Ferrer. Esta cantidade foi recadada a
través do Rastro Solidario (realizado o pasado venres 30 de marzo de
2012), e foi destinada para completar un segundo pago no finanzamento
dunha escola na India. Acabamos de recibir o informe final e xa temos á
nosa disposición as fotografías do proceso: mapas de localización,
planos, fases da construción, etc. Fíxonos moitísima ilusión ver o nome
do CPI Virxe da Cela na placa situada na entrada da escola e que
agradece a nosa colaboración.
Etiquetas:
Anantapur,
Fundación Vicente Ferrer,
School to School
viernes, 20 de abril de 2012
A GRAN IMAXE
A gran imaxe é un título moi suxerente e ilustrativo da actividade central que realizaremos no noso centro educativo para celebrar a Semana de Acción Mundial pola Educación. A gran imaxe é un collage de enormes dimensións na que a través das propostas do alumnado e profesorado do CPI Virxe da Cela podamos difundir a nosa propia visión da importancia da educación nas nosas propias vidas.
Pica enriba da imaxe para ver a presentación en grande
Pica enriba da imaxe para ver a presentación en grande
Etiquetas:
educación,
Entreculturas,
escola,
SAME 2012
RECIBIMOS O PAQUETE POSTAL DA ESCOLA KONAMPALLI
O pasado venres 30 de marzo de 2012 recibimos o paquete co material que nos envía a Konampalli School, escola da India coa que estamos a realizar un programa de intercambio cultural a través do proxecto School to School, da Fundación Vicente Ferrer. Aproveitando unha data especial, a realización do Rastro Solidario 2012 (coa finalidade de recadar cartos para a construción dunha escola na India a través da FVF), o alumnado de infantil e primaria participou dunha charla impartida polo alumnado de 4º da ESO na que se explicaba detalladamente o contorno onde traballa a FVF. Por tanto, como punto final da charla e despedida con sorpresa, un par de voluntarios/as entre os máis pequenos foron os encargados de abrir o sobre de correos e extraer o dossier elaborado polos nenos e nenas da escola Konampalli. Contamos coa axuda de Carlos, o mestre de inglés de primaria, que, animado polos seus alumnos/as, realizou unha explicación das fotos e unha tradución dos textos escritos en inglés. Aproveitamos esta ocasión para recordar a todo o alumnado do centro que próximamente será a nosa escola a encargada de enviar un paquete postal con todos os materiais elaborados no noso centro dentro la proposta deste ano, a contorna natural. É esta unha fantástica ocasión para contribuír á conservación e difusión do noso patrimonio natural e cultural.
Open publication - Free publishing
Etiquetas:
Fundación Vicente Ferrer,
School to School
MONFEROSOLIDARIO REÚNESE CON JORDI FOLGADO, DA FVF
Como prometimos fai varias semanas, aquí podedes visionar algunhas das fotografías que documentan o acto de inauguración dunha rúa adicada a Vicente Ferrer. As coordinadoras do proxecto Monferosolidario apoiaron esta iniciativa do Axuntamento da Coruña, asistindo a este acto en recoñecemento á labor desempeñada por Vicente Ferrer na India. Intercambiamos parabéns e felicitacións con Jordi Folgado, sobriño de Vicente Ferrer e presidente da fundación que leva o seu nome aquí en España. Agradecemos a Yolanda Ferrer, representante da FVF na Coruña, o seu interés convidándonos a esta inauguración e facilitándonos as imaxes que publicamos nesta entrada.
SAME 2012
Un ano máis estamos preparados para celebrar en Abril a campaña da SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación). Dende ahi catro anos o noso centro participa activamente nesta campaña a través da ONG Entreculturas. Baixo os lemas tan suxerentes como "A Gran Lectura", "Un Gol pola Educación" ou "A Educación non é un Conto", os rapaces e rapazas do CPI Virxe da Cela levan realizando interesantes reflexións en torno á importancia da educación. Adxuntamos o diploma da nosa participación na pasada campaña, que acabamos de recibir recientemente. Este ano o alumnado e profesorado do noso centro está a elaborar "A Gran Imaxe", a actividade central da nova campaña da SAME 2012 baixo o lema "Con dereitos desde o principio. Por unha educación témpera de calidade".
Etiquetas:
educación,
Entreculturas,
SAME 2012
jueves, 12 de abril de 2012
CARTA DE PAVANI
Regresamos ás aulas de volta das vacacións de Semana Santa cunha grande sorpresa: unha carta de Pavani, a nena india que en decembro de 2011 o alumnado de 4º da ESO do CPI Virxe da Cela apadriñou a través da Fundación Vicente Ferrer. Alba, María, Marta, Iván e Lorena leron con atención as palabras de agradecemento de Pavani e da súa familia, e están traballando nunha carta de resposta na que contarán a súa experiencia como padriños e falarán da súa vida e os seus planes de futuro.
Incluímos o texto de Pavani para que todos coñezamos algo máis sobre ela:
Incluímos o texto de Pavani para que todos coñezamos algo máis sobre ela:
Etiquetas:
apadrina un niño,
Fundación Vicente Ferrer
Suscribirse a:
Entradas (Atom)