A gran imaxe é un título moi suxerente e ilustrativo da actividade central que realizaremos no noso centro educativo para celebrar a Semana de Acción Mundial pola Educación. A gran imaxe é un collage de enormes dimensións na que a través das propostas do alumnado e profesorado do CPI Virxe da Cela podamos difundir a nosa propia visión da importancia da educación nas nosas propias vidas.
Pica enriba da imaxe para ver a presentación en grande
Pica enriba da imaxe para ver a presentación en grande
Parece mentira como pasa o tempo. Ás veces é doloroso pensar neso e en tódolos momentos pasados, pero hai que mirar para diante. E é que nas Grandes Imaxes da SAME 2012 tod@s estamos felices, é a importancia da escola que, aínda digamos que non nos gusta temos que ver tódolos bos momentos alí pasados, c@s compañeir@s, amig@s de infancia que non se esquecen. Por iso é necesario pensar no que nós temos... E no que outr@s non teñen. Porque todos nacemos en igualdade de condicións e temso dereitos.
ResponderEliminarHOXE E O DIA DO LIBRO.
ResponderEliminarA min, hai anos non me gustaba ler, simplemente lía os libros obrigatorios, que eran necesarios para aprobar.Pero hai uns meses comecei a ler libros por pracer, e podo dicir que agora cando leo en publico e cando fago algunha exposición oral resúltame moito mais sinxelo.
A lectura e un mundo cheo de temas cheo de intriga e cheo de vida. Coa lectura aprendemos moitas cousas novas e axudaranos a desenvolvernos mellor o dia de mañá.
Un ha vida na que incluímos a lectura e unha vida rica en aprendizaxe e sabedoría.
MARTA VIDAL MARTINEZ 4º E.S.O