Mostrando entradas con la etiqueta Donas de si. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Donas de si. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de junio de 2025

Fancine Enraizadas, xa o temos aquí!!!

Enraizadas 2025.pdf de Maria del Camino

O traballado nos tres centros educativos en Enraizadas (CEIP de Andrade, o CEIP Mosteiro de Caaveiro e o CPI Plurilingüe Virxe da Cela Virxe da Cela) ten a súa posta en común neste Fancine en prol da igualdade. 

Observa, pregunta e reflexiona e se precisas máis información non dúbides en consultar ao alumnado perticipante. 

No CPI Plurilingüe Virxe da Cela Virxe da Cela temos o alumnado do 5º curso da Ed. Primaria. 


miércoles, 12 de marzo de 2025

Grazas Candela!

 Co gallo do 8 M tivemos unha convidada moi especial. Veu a visitarnos Candela Pérez, que en decembro quedou subcampeona de Europa de surf, na categoría SUB- 10. 

Explicounos moitas cousas sobre este deporte que a apaixoa, trouxo a súa táboa, vimos vídeos de cómo se collían as olas e comentounos sobre as correntes, os distintos campeonatos aos que ía próximamente e sobre o seu club. 





Moita sorte esta finde e foi un auténtico pracer terte con nós. 

Graciñas!



martes, 11 de marzo de 2025

8M: MULLERES DA NOSA VIDA


 Este 8 de marzo os pequenos de infantil de 3 anos quixeron render un emotivo tributo ás mulleres que forman parte das súas vidas. Con motivo do Día Internacional da Muller, crearon un fermoso mural titulado "Mulleres da nosa vida". Cada un deles deseñou e pintou unha representación das mulleres que son fundamentais para eles: as súas nais, e outras figuras femininas que, dalgunha maneira, impactan nas súas vidas de forma positiva como son tamén as avoas.

Cada debuxo converteuse nun fermoso tributo a todas aquelas que co seu amor e forza, coas súas loitas e dedicacións, fan que o mundo sexa mellor para todos nós.

O mural "Mulleres da nosa vida" quedou exposto para que todos os membros da comunidade educativa puideran admiralo e reflexionar sobre a forza e o cariño que, día tras día, nos dan as mulleres que nos rodean.

Ademais, para dar un paso máis na conmemoración deste día tan importante, os pequenos tamén gravaron un vídeo onde compartiron as súas palabras e sentimentos cunha inocencia propia da súa idade, pero cargado dun profundo amor. Unha forma de ensinar aos máis pequenos a importancia de recoñecer o traballo e sacrificio das mulleres, non só o 8M, senón en cada día do ano.







lunes, 10 de febrero de 2025

Movémonos cos maiores

Fai uns días visitáronnos as maiores do centro de día do Xestal para facer con nós unha sesión de ximnasia xerontolóxica. Foi un pracer aprender con vós!








martes, 17 de diciembre de 2024

ASOCIACIÓN DE REDEIRAS O FEITAL. MALPICA

O martes 17 de decembro de 2024 levouse a cabo a última das actividades planificadas para este trimestre dentro do proxecto  Education4ThePlanet: a xuventude galega activada pola Axenda 2030 e a acción polo clima (2024-2025), financiado pola Cooperación Galega (Xunta de Galicia). Esta actividade consistiu na visita a unha explotación do sector primario liderada por mulleres, concretamente a Asociación de Redeiras O Feital de Malpica. Fumos recibidos no CAT (Centro de Artesanía e Tradición) de Buño por Ángeles Mille Rodríguez, e nese mesmo edificio realizamos a primeira parte da actividade, consistente en charla-obradoiro sobre o oficio das redeiras, impartida por Verónica Veres Tasende e Pilar García Ricoy. Aprendimos moitas cousas sobre o oficio, e incluso chegamos a facer prácticas coas agullas de tecer. Visitamos diferentes espazos do CAT, vencellados ao oficio da pesca e das redeiras, e xa como broche final o alumnado do CPI Virxe da Cela realizou diferentes preguntas a Verónica Veres, para afondar no impacto do cambio climático nos oficios de mar e analizar o papel da muller nesea explotación do sector primario. A continuación visitamos o Cabo e a Ermita de Santo Adrián, e xa en Malpica estivemos na zona do porto, onde a asociacion O Fieital ten a súa sede. 

O proxecto "Education4ThePlanet" establece como obxectivo xeral fomentar unha mocidade activa en Galicia, que contribúa na loita contra a emerxencia climática e ao cumprimento dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, desde a transformación de actitudes propias e a promoción da sensibilización da súa contorna.









lunes, 16 de diciembre de 2024

Fanzine: Enraizadas

 Neste último obradoiro reflexionamos sobre os contidos traballados e creamos o noso propio fanzine. 

Os fanzines son revistas de escasa tirada e distribución, feita con poucos medios por persoas aficinonadas a distintos temas.

 A través desta publicación caseira, o alumnado de 5º curso da Ed. Primaria creou de forma colaborativo dos diferentes centros participantes na actividade unha publicación que repartiremos nos diferentes centros da iniciativa. 

Creatividade  a partir dunha idea e a través de debuxos, collage, fotos, textos, comic da que pronto teremos o resultado.

Imaxe de portada do Fanzine elaborado polos tres centros educativos.

lunes, 25 de noviembre de 2024

25N en Ed. Infantil

5º. Educación Infantil

Dende quinto de E. Infantil e coa colaboración dunha pequena representación das etapas de E. Primaria e a ESO (segundo e primeiro) fixemos unha escenagrofía artística conmemorando o 25 de novembro, día internacional da non violencia de xénero. Para isto tivemos de referentes a canción de Fillas de Cassandra “cuando nadie ve” e a artista Ana Marieta coa obra (impresiones de cara sobre vidreos). Ambas tratan un poco a pérdida e deconstrucción da realidade e do eu, chegando a esquecer a súa personalidade. Os paus simbolizan as vítimas e os nenos representar o silencio das mesmas e do seu arredor. Agora toca que o resto do centro interactúe con ela. Agardamos que vos guste tanto como o que eles aprenderon.










6.º Educación Infantil.

Buscamos traballar o coidado ás mulleres. A través dunha instalación na que o alumnado tivo que atravesar lazos que representaban as trabas que a sociedade pon, moitas veces, polo simple feito de ser muller, o alumnado puido vivenciar as dificultades que as mulleres vivimos e a necesidade do coidado e do autocoidado. Ademais, coa luz negra creamos un xardín de flores e co retroproxector repasamos as siluetas das nenas da nosa aula: todas son diferentes, todas somos diferentes, pero, ao mesmo tempo, todas iguais. 












Aulas de 5.º E 6.º de Infantil.

O mesmo día da commemoración, xuntámonos as dúas aulas para facernos entrevistas en lingua galega, para falar das mulleres máis importantes da nosa vida.


Imaxe das actividades deseñadas para a etapa.


DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.

 Un ano máis celebramos o 25N, Día contra a Violencia de Xénero. Entre todo o alumnado do centro creamos un mural co lema  "Abre as túas ás e voa".

viernes, 22 de noviembre de 2024

Conversa Enraizadas

Imaxe autoeditada da xornada.
Segundo obradoiro desta proposta da Asociación EuroEume que en colaboración coa oficina para a igualdade de xénero da UDC contamos coa presenza dunha persoa experta que adica a súa vida profesional a investigar sobre distintas temáticas vencelladas á soberanía alimentaria, a custodia do territorio ou os coidados e comunidade.


lunes, 18 de noviembre de 2024

Enraizadas

Enraizadas nace coa necesidade de visibilizar e poñer en valor as estratexias de sustentabilidade da vida que se leva a cabo no rural e, máis concretamente, o papel das mulleres neste proceso.

Este proxecto educativo de educación social na escola da man da Asociación EuroEume, busca contribuír á visibilización e o recoñecemento das mulleres na sociedade, incidindo nun cambio de mentalidade no que os traballos reproductivos e as persoas que os sustentan se convertan en referentes.

Imaxes das dinámicas da actividade.

Buscando asi mesmo, espallar os valores e reflexións do ecofeminismo, contribuíndo ao desenvolvemento rural, reflexionando sobre a soberanía alimentaria, a custodia do territorio e os coidados e comunidade.

Nesta nova edición de 2024, a temática son os coidados e comunidade, onde de maneira transversal, traballaremos valores como a igualdade, a creatividade e a sustentabilidade.

Nesta primeira sesión o alumnado de 5º curso traballamos  sobre as nosas referentes e outras cunha perspectiva máis global para identificar a conversa que queremos desenvolver nos seguintes obradoiros da actividade.



martes, 22 de octubre de 2024

Todas somos guapas: Donas de si

 Comezamos a traballar o proxecta Donas de Si co conto Guapa. Con el, o alumnado de Infantil descubriu que o importante é quererse a unha mesma e ter unha forte autoestima, non deixarse guiar polos prexuízos dos demais.





Actividades feitas dentro das propostas de aprendizaxe a partir desta referencia bibliográfica
.

jueves, 6 de junio de 2024

EXPOSICIÓN ENRAIZADAS

Grazas a Euroeume poidemos desfrutar desta exposición na que nos amosa o rol da muller no rural, enmarcado dentro do proxecto Enraizadas, que forma parte do programa  “Educación Social na escola” e ten como obxectivo a visibilización das mulleres do sector primario da comarca e difusión dos valores do ecofeminismo.

O programa educativo, iniciado no 2022, centra a posta en valor do papel das mulleres no sector primario e o rural, contribuíndo á visibilidade e recoñecemento e poñendo ás mulleres que o sustentan como referentes. 

No curso 2023 – 2024 a temática principal foi a soberanía alimentaria, e, a través deste proxecto xeráronse espazos de sensibilización, formación e diálogo estimulantes; fomentouse o empoderamento das nenas; reflexionouse sobre as referentes da infancia e achegáronse outras con perspectiva de xénero; púxose en valor o traballo desenvolto historicamente polas mulleres no rural, dende o global ao local; coñecéronse e reivindicáronse mulleres e os seus proxectos no territorio e recoñeceuse a súa realidade; e traballáronse valores transversais como a igualdade, creatividade e sustentabilidade. 

Todos estes contidos quedan perfectamente recollidas nos paneis expositivos que están en frente da biblioteca escolar. As entrevistas en formato Código QR están á vosa disposición físicamente xunto con material informativo e de visibilidade traballado nas sesións acompañado pola Exposición Enraizadas 2024, para incrementar a visibilidade e acceso a toda a comunidade educativa.




Contacontos Donas de Si: Maruja Mallo

 Este curso, o alumnado de Educación Infantil puido desfrutar dun contacontos sobre a vida de Maruja Mallo, grazas á nosa participación no programa Donas de Si. Mentres o narrador contábanos a súa vida e como foi evolucionando na súa obra por mor da Guerra Civil. Faláronnos tamén das súas obras máis famosas.









lunes, 11 de marzo de 2024

DONAS DE SI EN EDUCACIÓN INFANTIL

Dende a etapa de Infantil e dentro do proxecto Donas de sí, as titorías estiveron a traballar o papel importante da familia e o rol das mulleres dentro dela. Este foi o resultado:











lunes, 5 de febrero de 2024

Día da muller (8M)

Para celebrar esta conmemoración, dende o centro propuxemos facer unha exposición fotográfica na que se vira presente consellos sabios para as nenas de hoxe en día. 

Para isto, pedímoslle ao alumnado que escollese un home significativo para eles e elas e lle fixera a seguinte pregunta: que consello lle darías as nenas de hoxe en día?

Con esta proposta poñemos en valor a oponión e a visión de homes de xeracións pasadas respecto a evolución do rol da muller de hoxe en día. Este foi o resultado:







viernes, 24 de noviembre de 2023

25-N

Dende o centro queremos homenaxear este día tendo en conta a óptica do bo trato. Para iso, unha alumna de cada clase foi retratada e o grupo foi o encargado de reflexionar e facer unha posta en común sobre isto.

Por último, o fío negro representa unha unión como comunidade e onde todos e todas seguindo o bo trato acadaremos unha sociedade mellor.



jueves, 15 de junio de 2023

CONTACONTOS DONAS DE SI: ÁNGELES ALVARIÑO

Dende o noso centro estase a dinamizar o Proxecta: Donas de Sí. No aveiro do programa, acudiron hoxe ao noso centro Quique e Tania, escritor e ilustradora de moitos libros ilustrados, para facer un contacontos sobre Ángeles Alvariño destinado ao alumnado de Educación Infantil e de 1º de Educación Primaria.

O contacontos dividiuse en dúas partes: para comezar, Quique dramatizou a vida de Ángeles facendo partícipe de xeito activo a todo o alumnado. Mentras el facía isto, Tania ía debuxando un retrato desta coñecida oceanógrafa. Na segunda parte, a ilustradora foi guiando ao noso alumnado nos pasos básicos da elaboración dun retrato.

Sen dúbida, foi un xeito diferente de aprender sobre a vida dunha gran científica, que amadriña a aula de 1º ESO dende o 8-M.