Dende o noso centro estase a dinamizar o Proxecta: Donas de Sí. No aveiro do programa, acudiron hoxe ao noso centro Quique e Tania, escritor e ilustradora de moitos libros ilustrados, para facer un contacontos sobre Ángeles Alvariño destinado ao alumnado de Educación Infantil e de 1º de Educación Primaria.
O contacontos dividiuse en dúas partes: para comezar, Quique dramatizou a vida de Ángeles facendo partícipe de xeito activo a todo o alumnado. Mentras el facía isto, Tania ía debuxando un retrato desta coñecida oceanógrafa. Na segunda parte, a ilustradora foi guiando ao noso alumnado nos pasos básicos da elaboración dun retrato.
Sen dúbida, foi un xeito diferente de aprender sobre a vida dunha gran científica, que amadriña a aula de 1º ESO dende o 8-M.
No hay comentarios:
Publicar un comentario