Aberto o prazo de inscrición para o Día da Infancia 2023!
Con motivo da conmemoración do Día Universal dos Dereitos da Infancia, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia mediante a Plataforma de Infancia estatal e co apoio da Xunta de Galicia, organiza un proceso participativo para nenos, nenas e adolescentes para a formación, toma de conciencia e divulgación dos seus dereitos recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno.
Este ano, baixo o lema "INFANCIA E POBREZA", intégrase como acción a desenvolver en relación á promoción de iniciativas para a loita contra a pobreza infantil e a exclusión social, co obxectivo de coñecer a visión das mozas e mozos sobre o impacto da pobreza e a desigualdade.
Como noutros anos, plantéxase que as súas opinión e propostas poidan ser tidas en conta no desenvolvemento de políticas públicas.
As actividades divídense por grupos de idade: 6-8, 9-12 e 13-17
No hay comentarios:
Publicar un comentario