Mostrando entradas con la etiqueta SAME 2024. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SAME 2024. Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de abril de 2024

STOP BULLYING

Hoxe, venres 26 de abril de 2024, remata a SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación), unha celebración que se leva a cabo en máis de 124 países á que o noso centro, o CPI Virxe da Cela, leva uníndose dende máis dunha década. O lema da SAME deste ano 2024 é "Transforma-T para (con)vivir", e ten o foco no poder da educación para acabar cos discursos de ocio, aceptar as diferencias e resolver conflitos. 

A SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación) é unha das actividades máis significativas da CME (Campaña Mundial pola Educación), coalición internacional que defende o dereito á educación de todas as persoas. 

Queremos contribuír a alcanzar os Obxectivos do Desenvolvento Sostible (Axenda 2030), traballando en torno ao ODS 4: "Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe para toda a vida para todos e todas", e concretamente na campaña de 2024 enfocados no ODS 16: "Promover sociedades pacíficas e inclusivas, facilitar o acceso á xusticia para toda a poboación e crear institucións eficaces, responsables e inclusivas a todos os niveis". 

O alumnado de 2º da ESO realizou unha curtamentraxe baixo o título "Stop Bullying", examinando os discursos de odio, traballando a aceptación das diferencias e a resolución pacífica de conflitos, e  cuestionando e tratando de mudar as construcións sociais e culturais.

lunes, 22 de abril de 2024

SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN NO CPI VIRXE DA CELA

A SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación) é unha das actividades máis significativas da Campaña Mundial Pola Educación (CME). Desde Monferosolidario queremos convidarvos a facer unha sinxela actividade co voso alumnado na semana do 22 ao 28 de abril de 2024: 

-A cada titoría entregarase un póster de Super-T (o superheroe desta campaña) e un modelo de “bocadillos” para fotocopiar e cubrir polo alumnado. 

-Nos “bocadillos” o alumnado escribirá diferentes mensaxes con ideas para transformar e mellorar o mundo acabando coas inxustizas para que convivamos en paz. 

-O venres 28 de abril de 2024, como acto de clausura desta Semana de Acción Mundial Pola Educación, os titores/as baixarán co seu alumnado ao patio cuberto a pegar nun panel xigante as súas propostas para transformar o mundo.