Hoxe, venres 26 de abril de 2024, remata a SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación), unha celebración que se leva a cabo en máis de 124 países á que o noso centro, o CPI Virxe da Cela, leva uníndose dende máis dunha década. O lema da SAME deste ano 2024 é "Transforma-T para (con)vivir", e ten o foco no poder da educación para acabar cos discursos de ocio, aceptar as diferencias e resolver conflitos.
A SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación) é unha das actividades máis significativas da CME (Campaña Mundial pola Educación), coalición internacional que defende o dereito á educación de todas as persoas.
Queremos contribuír a alcanzar os Obxectivos do Desenvolvento Sostible (Axenda 2030), traballando en torno ao ODS 4: "Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe para toda a vida para todos e todas", e concretamente na campaña de 2024 enfocados no ODS 16: "Promover sociedades pacíficas e inclusivas, facilitar o acceso á xusticia para toda a poboación e crear institucións eficaces, responsables e inclusivas a todos os niveis".
O alumnado de 2º da ESO realizou unha curtamentraxe baixo o título "Stop Bullying", examinando os discursos de odio, traballando a aceptación das diferencias e a resolución pacífica de conflitos, e cuestionando e tratando de mudar as construcións sociais e culturais.
¡Pedazo de actores! Y qué guion más bien llevado.
ResponderEliminarXenial
ResponderEliminar