A coalición galega de Campaña Mundial pola Educación, convidou ao CPI Virxe da Cela un a no máis a participar nun dos actos da Campaña que se vai a organizar en Santiago de Compostela. En concreto, nunha acción de incidencia, xunto a outros colexios de Galicia, onde o alumnado serán os grandes protagonistas ao poder achegar as súas demandas e preguntas aos gobernantes máis implicados na defensa do dereito á Educación.
Para preparar o discurso que o noso alumnado levará aos oídos dos nosos representantes políticos nese acto de incidencia política que terá lugar o 4 de xuño no Parlamento de Galicia contaremos co apoio e asesoramento de Andrea Iglesias García, Técnica de Educación para la Ciudadanía Global y Movilización Social de EDUCO, que visitará o noso centro en dúas sesións espaciadas no tempo. O pasado mércores 24 abril 2024 Andrea Iglesias García impartiu o a primeira das dúas formacións previstas, na que a través de xogos e dinámicas, o alumnado de 4º da ESO reflexionou sobre o discurso do odio, xa que o lema campaña deste ano 2024 é "Transforma-T para (con)vivir", e ten o foco no poder da educación para acabar cos discursos de ocio, aceptar as diferencias e resolver conflitos.
Na vindeira sesión formativa, programada para o vindeiro mércores 8 de maio 2024, o alumnado de 4º da ESO pasará a elaborar o discurso que se leerá o vindeiro 4 de xuño diante dos nosos representes políticos no Parlamento de Galicia, onde os 2 voceiros do noso centro trasladarán as súas peticións e reflexións para o cumprimento do dereito humano á educación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario