Mostrando entradas con la etiqueta Konampalli School. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Konampalli School. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de junio de 2025

INTERCAMBIO CULTURAL CPI VIRXE DA CELA E KONAMPALLI SCHOOL (A INDIA)

Alumnado de 5º de EP e 1º da ESO reúnense na Biblioteca Castelao para facer un visionado de todos os materiais elaborados polo noso centro e pola Konampalli School (A India), a través do proxecto School to School da Fundación Vicente Ferrer. Todos os rapaces e rapazas, e as profesoras que guiaron ao alumnado durante todo o proceso de traballo, recibiron un colorido diploma acreditativo agradecendo a súa participación. 

Traballar no proxecto de intercambio de tradicións coa escola de Konampalli foi unha experiencia moi enriquecedora. Ter un obxectivo real motivounos a querer compartir as nosas festas e costumes, e tamén a coñecer as súas con curiosidade e respecto. Ao longo deste proceso, traballamos en equipo e empregamos o inglés como lingua de comunicación, o que fixo que aprendésemos non só sobre culturas diferentes, senón tamén sobre a importancia do entendemento mutuo. Unha experiencia que, sen dúbida, deixará pegada. María Domínguez (mestra inglés).







viernes, 28 de febrero de 2025

MATERIAIS PARA A KONAMPALLI SCHOOL (A INDIA)

Un ano máis chegamos a cumprir o noso obxectivo, elaborar materiais para enviar a unha escola da India, a través dun proxecto de intercambio cultural e tradicións promovido pola Fundación Vicente Ferrer. School to School é o nome do proxecto, no cal levamos xa máis dunha década formando parte. Tanto alumnado como profesorado dalgúns cursos de educación primaria e secundaria estiveron traballando durante semanas, recollendo información sobre a nosa cultura e as nosas tradicións, deseñando carteis, debuxando e redactando textos en inglés. Esperemos que todo este esforzo serva non so para amosar aos nenos e nenas da Konampalli School (India) a nosa realidade, senón tamén para valorar todo o que temos, que é dunha grande riqueza, tanto material como inmaterial.  



jueves, 13 de junio de 2024

PRESENTACIÓN DOS MATERIAIS DA KONAMPALLI SCHOOL (A INDIA)

Clausuramos o proxecto School to School deste curso 2024-2023, un intercambio cultural e de tradicións coa Konampalli School (A India) que realizamos grazas á Fundación Vicente Ferrer. O xoves 13 de xuño de 2024 o alumnado de 4º de EP, acompañados pola súa mestra de inglés Cristina Cillero, reuníronse na Aula de Ferraganchos para pode ver os materiales que están pendurados unha plataforma virtual. Antes de nada fixemos un pequeno faladoiro de o que significou este intercambio cos nenos e nenas da India, e comprobamos que a pesares das grandes diferencias, todos/as temos moitas cousas en común: gústanos xogar, ter amigos, unha familia que nos quera e nos coide. Encantounos ler a carta dos rapaces/zas da India, que describen tamén a súa escola que está no rural, e descubrimos que eles/as tamén están moi concienciados co medio ambiente. 









lunes, 18 de marzo de 2024

ESCRIBINDO CARTAS AOS RAPACES E RAPAZAS DA INDIA

Luns 18 de marzo de 2024, ás 12:30 horas, na Biblioteca Escolar. Clase de 4º Educación Primaria, coa súa mestra de inglés Cristina Cillero, preparan unhas cartas para enviar aos rapaces e rapazas da Konampalli School, na India, dentro do proxecto School to School da Fundación Vicente Ferrer.





Letters Sts 24 by veracruces

lunes, 5 de febrero de 2024

POÑENDO EN MARCHA O PROXECTO SHOOL TO SCHOOL DA FUNDACIÓN VICENTE FERRER

Alumnado de 4º de Educación Primaria, xunto coa súa mestra de inglés Cristina Cillero, visitan a Biblioteca Escolar para facer un primeiro achegamento coa Konampalli School (Anantapur, a India) e deste xeito tratar de reactivar o proxecto School to School coa Fundación Vicente Ferrer.

miércoles, 5 de octubre de 2022

"UN MUNDO MELLOR" COA FUNDACIÓN VICENTE FERRER

 "Un mundo mellor" da nome ao proxecto School to School da Fundación Vicente Ferrer, que levaremos a cabo durante o presente curso académico 2022-2023. A través deste intercambio de cultural e de tradicións cunha escola da India (Konampalli School) afondaremos sobre problemáticas do mundo actual e trataremos de buscar solucións. Un ano máis varios ciclos, niveis e departamentos do CPI Plurilingüe Virxe da Cela uniranse para traballar colaborativamente desde e para a educación para o desenvolvemento e a cidadanía global, coa finalidade de construír un mundo mellor. 


Un Mundo Mellor Galego by veracruces on Scribd

Guion Un Mundo Mellor Galego by veracruces on Scribd

Cap 5 Clip 1 El secreto de Vicente Ferrer from Fundación Vicente Ferrer on Vimeo.

Cap 5 Clip 2 Riqueza y pobreza from Fundación Vicente Ferrer on Vimeo.

Cap 5 Clip 3 La importancia de la igualdad from Fundación Vicente Ferrer on Vimeo.

Cap 5 Clip 4 De dónde viene lo que compramos from Fundación Vicente Ferrer on Vimeo.

Cap 5 Clip 5 Comercio justo y consumo responsable from Fundación Vicente Ferrer on Vimeo.

Cap 5 Clip 6 creemos un mundo mejor from Fundación Vicente Ferrer on Vimeo.

miércoles, 15 de junio de 2022

INTERCAMBIO SCHOOL TO SCHOOL: CHEGAN OS MATERIALES DA INDIA

 Mércores 15 de xuño de 2022. Visionado dos materiais elaborados tanto polo CPI Virxe da Cela como a Konampalli School dentro do proxecto School to School, da Fundación Vicente Ferrer.  Como este ano, debido ás condicións sanitarias e protocolo Covid-19 non se enviaron os materiais en formato papel, o alumnado de 5º de primaria, acompañados pola súa mestra de inglés Cristina, tiveron a primicia de visionar todos os materiais que están en formato dixital pendurados na páxina web do proxecto. 









miércoles, 1 de diciembre de 2021

SCHOOL TO SCHOOL: FUNDACIÓN VICENTE FERRER NA BIBLIOTECA ESCOLAR

A partires do mércores 1 de decembro de 2021 tedes á vosa disposición na biblioteca escolar unha fermosa exposición cos materiais elaborados polo alumnado da Konampalli School, centro educativo da India co que levamos anos realizando un intercambio cultural a través do proxecto "School to School" da Fundación Vicente Ferrer. 








lunes, 8 de noviembre de 2021

APERTURA PAQUETE DA ESCOLA DA INDIA

Despois de moitos meses á espera, por fin hoxe fixemos o acto de apertura do paquete que nos envían os nenos e nenas da Konampalli School, escola da India coa que llevamos anos realizando un intercambio cultural e de tradicións a través do proxecto School to School da Fundación Vicente Ferrer. O alumnado de 5º de educación primaria, acompañada pola súa mestra de inglés Cristina Cillero, reuníronse na Biblioteca Castelao para abrir o sobre e ver os fermosos materiais e presentacións que nos envían desde a India, así como facer unha lectura pública da carta que nos envían explicándonos tantas cousas interesantes!! A ver si este ano podemos finalizar os traballos que tiñamos comezado dous cursos atrás, xusto antes de que o coronavirus o paralizase todo!












martes, 4 de mayo de 2021

PROXECTO SCHOOL TO SCHOOL: DOSSIER DA KONAMPALLI SCHOOL (INDIA)

 Un ano máis, e xa vai máis dunha década, seguimos recibindo  o dossier da Konampalli School, escola da India coa que realizamos un intercambio cultural a través do proxecto School to School da Fundación Vicente Ferrer. Este ano, debido ao protocolo Covid-19, o paquete con materiais impresos en papel foi sustituído por documentación dixital, pero igualmente neste formato poderemos ler as cartas dos rapaces e rapazas da India e ver os fantásticos debuxos. 



Letter & Drawings by veracruces on Scribd


Konampalli Dossier 2021 by veracruces on Scribd

miércoles, 18 de diciembre de 2019

CHEGOU O PAQUETE DA INDIA!!!

O alumnado de 3º de primaria, acompañado pola súa mestra de inglés (Cristina Cillero), tivo o privilexio de abrir o paquete chego da India (martes 17 decembro 2019). Os nenos e nenas quedáronse impresionados cos fermosos e diversos contidos elaborados polos nenos e nenas da Konampalli School (Anantapur, India), que ano tras ano envían á noso centro a modo de intercambio epistolar e de tradicións (programa School to School, da Fundación Vicente Ferrer). Agora tócanos a nós, esperamos poder facer materiais que estean á súa altura para enviarllos a final de curso!!












miércoles, 30 de mayo de 2018

DOSSIER KONAMPALLI SCHOOL 2018







   Xa temos na biblioteca escolar, e á disposición de toda a comunidade educativa, o dossier enviado pola Konampalli School, unha escola da India coa que mantemos un intercambio a través da Fundación Vicente Ferrer. Lancy Dodem, primeiro neno apadriñado pola FVF, visitou o noso cole o pasado luns 21 de maio de 2018 e fixo a entrega oficial deste caderno. Varios nenos e nenas que asistían á charla de Lancy ofrecéronse voluntarios para ler a carta que os nosos compañeiros da India nos envían, onde explican con todo detalle a situación que están a vivir na India rural. Falan do éxodo masivo das aldeas ás cidades, da seca, dos problemas nas colleitas e a falta a alimento e auga potable, das carencias na sanidade, das diferencias entre as castas, da desigualdade da muller na súa cultura, etc. Mais explican todos os grandes cambios e avances que a Fundación está a facer na súa comunidade. Animámosvos a que lle botedes unha ollada a este fantástico documento gráfico e descritivo, xa que é unha riqueza aprender das diferentes culturas do mundo para respectalas e valoralas.

 

martes, 22 de mayo de 2018

VISITA DE LANCY DODEM, FUNDACIÓN VICENTE FERRER

Un ano máis o noso colexio recibe a visita de Lancy Dodem, o primeiro neno apadriñado pola Fundación Vicente Ferrer e que grazas ao apoio desta Fundación hoxe en día traballa como embaixador da FVF transmitindo aos rapaces e rapazas dos centros educativos a grande labor que se está facendo na rexión de Anantapur (A India). Acompañado por Yolanda Ferrer, fotógrafa coruñesa que dirixe a delegación da FVF na Coruña, pasearon polas instalacións da nosa escola, acompañáronnos nun xantar moi ameno no comedor escolar e posteriormente, en sesión de tarde, Lancy impartiu unha charla ao alumnado de educación primaria. Foi unha charla breve, seguida da proxección dun fermoso e esperanzador documental que relata a vida dunha nena na India, todo o cal provocou no noso alumnado unha grande curiosidade e abriuse un debate aberto e dinámico no que os nosos pequenos e pequenas levantaban constantemente as mans para lanzar interesantes preguntas. Lancy respondeu a cada unha delas tratando de explicar a cultura e as tradicións do seu país. Cando nos demos de conta... xa estaba a tocar o timbre!! Lancy, ata o vindeiro ano, quedámonos con ganas de seguir aprendendo sobre ese país tan curioso e atractivo!!



















martes, 15 de mayo de 2018

VIRXE DA CELA PARA KONAMPALLI SCHOOL



Os rapaces e rapazas da ESO do CPI Virxe da Cela saludan aos nenos e nenas da Konampalli School (A India). Levamos xa case unha década facendo un intercambio cultural e de tradicións con esta escola da India a través da Fundación Vicente Ferrer.

jueves, 2 de junio de 2016

LIBRIÑO PARA A KONAMPALLI SCHOOL

Remata o curso e xa estamos a compilar materiais realizados polo alumnado do CPI Plurilingüe Virxe da Cela para enviarlle á Konampalli School, escola da india coa que levamos anos realizando un proxecto de colaboración baixo o título "School to School", promovido pola Fundación Vicente Ferrer. Penduramos neste espazo unha interesante presentación do traballo "Jobs around us" que o alumnado de 1º e 2º de educación primaria fixo baixo a dirección da profe de Inglés Lucía. Esperamos que vos guste, e que os nenos e nenas da India podan entender algo máis sobre a nosa cultura e a nosa manera de vivir.



miércoles, 6 de mayo de 2015

DOSSIER KONAMPALLI SCHOOL

      Queremos compartir neste espazo este libriño elaborado polos nenos e nenas da Konampalli School (Anantapur, a India), e que acabamos de recibir grazas á Fundación Vicente Ferrer (Proxecto School to School). Conta cunha carta a modo de introdución, escrita tanto en alfabeto "telegu" como a súa tradución ao castelán (grazas aos voluntarios/as que traballan na FVF), un listado co nome dos alumnos/as que cursan os seus estudos nesa escola. A continuación aparecen unha pila de fotografías co seu correspondente pé de páxina a través das cales podemos facernos unha idea de como son as familias na India ("A Familia" é o tema elixido este curso para desenvolver o proxecto School to School). Finalmente podemos observar os simpáticos debuxos que nos mandan os nosos amiguiños/as da India. 
      En breves teremos que enviarlles nós, desde o CPI Virxe da Cela, o noso libriño, para que eles tamén aprendan sobre a forma de vida e os nosos costumes, a través deste enriquecedor intercambio cultural e de tradicións.


viernes, 10 de abril de 2015

CHEGOU UN PAQUETE DA INDIA...









      Chegou un paquete da India, e adivina adivinanza… de quen? Xa todos/as sabemos que procede da Konampalli School, e que por sexto ano consecutivo recibimos a estas alturas do curso un paquetiño que contén unha carta dos nenos e nenas desta escola situada na India rural (provincia de Anantapur, no sur do país) e un dossier con numerosas imaxes. 

       O paquete levaba varios días no noso centro esperando una ocasión especial para a súa apertura, e decidimos facer este acto simbólico o pasado venres 10 de marzo de 2015. Quixemos introducir aos nenos e nenas de Educación Infantil neste peculiar “ritual” para que deste xeito comecen a familiarizarse coa cultura deste país e tamén co traballo desenvolvido pola Fundación Vicente Ferrer. Os rapaces e rapazas de 2º da ESO, xa todos uns expertos/as no tema, visitaron pois as aulas de infantil co paquete debaixo do brazo e procederon á súa apertura. Acompañando a esta acción impartiron unha interesante charla centrada na temática de “A Familia”, explicando todas as semellanzas e diferenzas que podemos atopar entre unha familia na India e unha familia no noso propio país, España. Incluso tiveron tempo para desenvolver unha divertida dinámica encamiñada a que os máis pequenos/as aprendesen os nomes dos graos de parentesco en “telegu”, dialecto falado na zona de Anantapur. 

      Contamos co apoio dun grupiño de alumnos/as de 3º da ESO que se encargaron de manexar as cámaras de fotos e vídeo para documentar a actividade, acompañados pola súa profesora Teresa, que deixou constancia do seu dominio da xeografía manexando un fermoso globo terráqueo para explicar a nosa situación e a dos nosos amiguiños na India.