Mércores 14 de maio 2026. Charla para 3º e 4º ESO. De 11:00 a 12:00
jueves, 14 de mayo de 2026
martes, 12 de mayo de 2026
CPI PLURILINGÜE VIRXE DA CELA: ANOS DE COLABORACIÓN, XERACIÓNS DE IMPACTO
Compartimos este artigo publicado na web da Fundación Vicente Ferrer, no que se agradece a labor prestada durante máis dunha década no noso centro educativo a través do intercambio cultural cunha escola da India (Proxecto School to School).
A lo largo de los años, la colaboración School to School entre el Colegio Virxe da Cela de Monfero (A Coruña) y la escuela hermanada en India, Konampalli School, se ha convertido en mucho más que un proyecto: es un vínculo sólido basado en la confianza, el compromiso y una visión compartida de la educación como herramienta de transformación.
Junto al colegio Virxe da Cela y Konampalli School, hemos construido una relación de aprendizaje mutuo que ha permitido a nuestras comunidades crecer, abrirse al mundo y comprender la riqueza de la diversidad. Generaciones de alumnado, profesorado y familias han formado parte de este camino integrándolo como un valor esencial de nuestra identidad.
Celebramos con la visita de Shoma Subaiya al centro este pasado mes de marzo, no solo los logros alcanzados, sino la fuerza de una alianza que perdura en el tiempo y que seguimos impulsando con la misma ilusión de continuar construyendo juntos un futuro más justo y solidario. La distancia geográfica nunca ha sido un obstáculo, sino una oportunidad para abrir miradas, derribar fronteras y crecer desde la diversidad.
jueves, 30 de abril de 2026
SAME 2026: A EDUCACIÓN NOS MOMENTOS DE CRISE
miércoles, 15 de abril de 2026
VISITA MOCIDADE DA REPÚBLICA DOMINICANA
O mércores 15 de abril 2026 na primeira sesión de clase (de 9:45 a 10:35), e estaría dirixida ao alumnado de 3º e 4º da ESO. A Fundación Entreculturas (ONG coa que mantemos colaboración desde hai moitos anos) convidounos a ser anfitrións dun grupo de mozos/as pertencentes á Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas procedentes da República Dominicana. Esta actividade estaría encadrada dentro do marco do proxecto “Mozos de Galicia e Guatemala crean unha campaña de educación e comunicación conxunta para a promoción dunha cidadanía global crítica e activa ante as inxustizas”.
miércoles, 8 de abril de 2026
SAME 2026: A EDUCACIÓN DIXITAL EN CONTEXTOS DE EMERXENCIA
miércoles, 18 de marzo de 2026
VISITA SHOMA SUBAYA, EMBAIXADORA DA FUNDACIÓN VICENTE FERRER
miércoles, 11 de marzo de 2026
¡SOMOS GAÑADORES! O CPI Virxe da Cela triunfa na 42ª Edición do Concurso Escolar ONCE
Baixo o lema de que a imaxinación é a semente dun futuro inclusivo, os nosos mozos e mozas demostraron que a creatividade é unha linguaxe universal que non entende de barreiras.
Se impulsamos estas ideas, non só poderemos soñar, senón construír un mundo máis xusto, accesible e cheo de posibilidades para todos.
O desafío: Deseñar un futuro sen barreiras
Nesta edición, o concurso convidaba ao alumnado a usar o seu enxeño para crear un invento ou produto que eliminase barreiras reais para persoas con discapacidade. O traballo gañador do noso centro foi o Colar CECO, unha proposta que cautivou ao xurado pola súa combinación de tecnoloxía, seguridade e estilo.
Así é o Colar CECO: Moito máis que un accesorio
O CECO é unha ferramenta revolucionaria deseñada para mellorar a autonomía das persoas invidentes. Estas son as súas características clave:
- Tecnoloxía Intelixente: Incorpora unha micro-cámara que detecta os obstáculos da contorna e un chip de audio que se comunica co usuario, indicándolle o que ve e como actuar. Imaxina poder preguntar pola túa localización ou polos obxectos ao teu redor e recibir unha resposta clara!
- Seguridade SOS: Conta cunha función de emerxencia que, en situacións de perigo, detecta a alerta e avisa automaticamente a un familiar ou persoa de confianza.
- Deseño e Moda: Porque a accesibilidade non está rifada co estilo, o CECO ten chapas intercambiables para combinalo coa roupa e un peche magnético que facilita a súa colocación. É práctico, seguro e, ademais, ¡queda xenial!
Este invento demostra como a tecnoloxía e a creatividade poden unirse para dar un paso adiante na autonomía e seguridade das persoas.
Rumbo á fase nacional
Grazas a este proxecto, o grupo de 1º de ESO
representará á nosa comunidade autónoma na fase nacional. Pero antes, os
gañadores desfrutarán dunha experiencia educativa grupal como premio
acadado na fase autonómica, que levaremos a cabo moi pronto.
O NOSO PROTOTIPO
jueves, 5 de marzo de 2026
8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, no noso cole, decidimos que as palabras non eran abondo e puxémonos mans á obra para visibilizar a aquelas mulleres que, ao longo da historia, axudaron a construír o mundo que hoxe coñecemos.
Baixo o marco do noso PDI "Tirando do fío", o alumnado converteuse en investigador para dar vida a un mural colectivo que enche de cor e sabedoría o noso corredor.
🧵 Un proxecto con fío propio
A actividade consistiu en que cada grupo-clase elixise unha muller ou un colectivo de mulleres cuxo legado fose transformador. Para que o mural tivese unha estética compartida, todos traballamos sobre unha ficha-modelo onde recollemos o máis esencial:
- O Nome: Identificando a protagonistas de tódalas épocas e ámbitos.
- O seu "fío" principal: Ese gran logro ou achega á sociedade que define a súa traxectoria.
- A súa historia: Un breve percorrido pola súa vida, loitas e legado.
- A súa imaxe: Retratos e ilustracións que poñen cara a estas referentes.
📚 Unha biblioteca para seguir descubrindo
Pero a homenaxe non quedou só nas paredes. Para acompañar o mural, organizamos unha exposición de libros vinculados co Día Internacional da Muller. Desde biografías de mulleres pioneiras ata contos que rompen estereotipos, esta selección está á disposición de todo o alumnado para seguir "tirando do fío" da lectura e da igualdade.
"A educación é o camiño para que as nenas de hoxe sexan as mulleres libres de mañá."
Grazas a todos os alumnos e alumnas polo voso esforzo na investigación e por axudarnos a tecer esta rede de referentes femininas!









