Hoxe participamos nun dos Diálogos sobre Educación Ambiental para la Sostenibilidad promovidos polo Centro Nacional de Educación Ambiental - CENEAM-.
O mesmo estivo organizado polo Movimiento 4.7 do que formamos parte e co que estamos a traballar en diferentes iniciativas de EpCG.
Este diálogo forma parte do proceso de avaliación do Plan de Acción de Educación Ambiental para a Sustentabilidade (PAEAS 2021-2025) e para a preparación dun novo Plan de Acción de Educación Ambiental para a Sustentabilidade (PAEAS) Ministerio para a Transición Ecolóxica escoitando propostas de colectivos, redes e persoas implicadas na transformación educativa.
![]() |
Imaxe autoeditada dun momento da presentación da reunión. |
Nel participan diferentes entidades: ONG, centros educativos, redes de profesorado e plataformas da educación ambiental para xerar propostas resolutivas no ámbito educativo.
De onde vimos?
Foi a primeira parte da reunión. Analizamos a evolución da educación ambiental e chegamos ao presente: que estamos a facer? Desde o presente miramos cara o futuro.
Que emociones nos suscitan el futuro da EAS:
Que se pode lograr? Que se pode perder? Quen corre o risco de quedarse fora?
Apatía, desmotivación non poden formar parte dos valores sociais. Educar en compromiso resulta fundamental. Este valor ten que ser parte da cultura educativa desde o exemplo persoal desde as persoas educadoras.
Esperanza, porque tamén existen unha morea de iniciativas macro e micro que xeran cultura da sustentabilidade. Sobre todo precisamos procesos consistentes que ás veces non so se teñen que valorar polos seus logros senón pola ilusión e a constancia dos mesmos. Os resultados non sempre son inmediatos pero sempre sentan bases para a mellora.
Incertidume ante a polarización. É preciso xerar un cambio social positivo: interdependencia e ecodependencia están relacionados. Precisamos dunha mirada trasformadora da que queremos ser parte!!!
Avanzar
Ás veces temos muros que limitan os avances. Temos que superalos.
- Dar valor ao compromiso desde o local para avanzar cara o global.
- Contar con valores, recursos e medios adecuados.
- Superar as reticencias.
- Xerar activismo político e acción participativa.
- Transversalidade.
- Obxectivos reais e asumibles. Darlle valor ás pequenas cousas. Precisamos cambiar a cotidianidade. Por que non pensar nun decrecemento paulatino?
- Dar voz e responsabilidade ás novas xeracións.
- Axenda da Educación Ecosocial na formación universitaria.
- Comunicación: saber e ser entrelazados.
- Ensinar a coidar e dar coidados.
- Xerar comunidades educadoras.
- Contar cunha vontade política real e efectiva que non se vexa limitada polos tempos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario