Desde
o colectivo Teachers For Future Spain, en colaboración co Ministerio para a
Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, enviaron o diploma para o centro,
que recoñece o traballo realizado durante este curso para lograr reducir
os residuos xerados no centro.
Estamos
ante unha labor na que temos que insistir ano tras ano, pero tamén temos
a certeza que se vai notando de forma favorable nos resultados.
Desde
o colectivo animan a seguir un ano máis participando no programa, así como
tamén a explorar outras liñas de actuación para realizar no centro.
Neste
sentido queremos renaturalizar os espazos, dinamizar o horto escolar, poñer en
marcha unha ecoauditoría e seguir favorecendo a aprendizaxe servizo.
Moitísimas
grazas por facernos parte desta iniciativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario